Bernardo Mato e a pedagoxía do oprimido
XOÁN CARLOS GARRIDO
8 de decembro de 1930. Esmorece o vello réxime corrupto da restauración e despunta o republicanismo rexeneracionista que ofrece cultura e ciencia fronte a superstición e integrismo. A Estrada non queda á marxe deste movemento e celébrase na vila un mitin onde se dan cita intelectuais das distintas correntes que compoñen este movemento de transformación do Estado. Intervén Carnero Valenzuela, Romero Pelaez, Poza Juncal, e nada menos que os galeguistas federais e republicanos da Coruña, Peña Novo e Antón Vilar Ponte. Un estradense será o encargado de facer os honores e representar e condensar todos os anos de combate local contra a incultura e de divulgación da escola como instrumento de emancipación e non como estupefaciente adoutrinador. O seu nome é Bernardo Mato Castro. García Barros comenta: “Hace una hermosa profesión de fe republicana y presenta galanamente a los oradores”.
Ninguén mellor que el para encabezar a lúcida intelectualidade estradense. De profesión, “Maestro nacional, perito contable, teneduría de libros en general, liquidaciones, balances, etc...” como rezaba nun anuncio de 1927 que dá conta da necesaria diversificación laboral na que tiñan que andar os mal considerados e peor pagados mestres dos anos previos á República: “Pasa máis fame que un mestre de escola” dicíase daquela, co cal quedaba en evidencia a valoración que o Estado lle daba aos encargados de formar ás xeracións futuras. Mais tamén é certo que a vocación destes mestres estradenses era con “v” e non con “b”. Para eles o ensino era algo máis que unha profesión, era a oportunidade de construír homes novos, máis autosuficientes economicamente, con máis autoestima desde o punto de vista cultural, e con interese por organizarse e participar na “cousa pública” de xeito responsable e documentado. Isto é, máis que mestres, eles sentíanse “educadores” no sentido en que escribía Bernardo no xornal “El Emigrado”: “Educador es el tribuno que nos habla de ciudadanía, como lo es el escritor que nos deleita con primicias de su ingenio, como es el pedagogo que hace sentir al espíritu los trámites de su formación hacia una amplia visión futura”.
Moitos deles chegaron a adquirir a titulación e a escola cun esforzo sobrehumano desde unha posición moi precaria e grazas ao Seminario nun casos e á emigración que lle deu ocasión de entrar en contacto coa cultura e conseguir un estatus económico que lle permitiu facer estudios.
Este é o caso de Bernardo Mato Castro. Nace o 3 de maio de 1887 no lugar de Godoi, parroquia de Vinseiro. Ingresa no Seminario mais non se ordena sacerdote senón que finalmente fai maxisterio e marcha emigrado para Cuba, alí traballará de mestre e “Tenedor” do Centro Galego da Habana. Casa na Estrada o 10 de xaneiro de 1927 con Avelina Sanmartín Fernández. Logo de dirixir o innovador e avanzado Instituto Cervantes, alcanza praza provisional en Forcarei (Pereira), A Somoza, Becerreá (Guilfrei) e finalmente en 1928 a definitiva en Santa María de Teo.
Os seus avanzados métodos pedagóxicos chamaron a atención do Ministerio de Instrución Pública quen enviou unha comisión a visitalo e felicitalo, comprobando o funcionamento da súa escola e a súa extraordinaria dedicación. Coa creación da escola nocturna para adultos, a introdución de aparellos que facilitan o uso de materiais escolares como foi un sistema para subir e baixar os mapas, e sobre todo, a formación profesional, isto é, a aprendizaxe de oficios que deran independencia económica aos nenos ao mesmo tempo que adquirían coñecementos de lingua, literatura, historia, etc.
Lembremos as recomendacións que daba para a construción das escolas – “templos de minerva” como el lles chamaba – cando lle pediron consello desde a súa parroquia de adopción, Cereixo, aos que lles indicaba: “No debe olvidarse tampoco que es indispensable una guardarropía y una sala-despacho para el profesor, y en cuanto al tamaño de la sala de clases, además de las exigencias usuales en cuanto a capacidad por alumno, es conveniente contar con lo que ocupan las mesas bipersonales, que quede un pasillo de noventa centímetros entre cada dos filas y un espacio libre de unos 5 metros (o algo menos) hacia la mesa del profesor, donde pueda ser instalada la mesa para trabajos manuales y experimentos, a cuyo alrededor habrán de caber treinta alumnos además del espacio preciso para mover las secciones cuando así convenga”.
As páxinas dos xornais recollían a miúdo as súas reflexión sobre o ensino, reflexións documentadas nunha nutrida biblioteca – que aínda hoxe se conserva – na que se ten coñecemento dos mais modernos métodos de ensinanza. Agora ben, Bernardo tiña a peculiaridade de pensar cos pés postos na súa realidade. As ideas importadas traducíaas a situación na que estaba o noso país. De aí traballos seus como “La escuela y la aldea” na que analiza a necesaria compenetración que debe haber entre o ensino e a vida, e rachar coa visión que os paisanos tiñan dos mestres rurais: Un parásito, isto é un “empregado do estado que vive do seu suor”. Tratábase de comezar a ser percibidos como útiles a esta comunidade. Por iso remata cun chamamento militante e clarificador:”El pueblo es materia moldeable. Penetremos en su alma para poder rasgar el velo que cubre su original intelecto”. Isto é, o pobo non é parvo, ten apreixada a súa intelixencia, e só desde dentro é posíbel rachar co este pano de ignorancia que lle impide ver e expresar o que sinte.
Aí está o seu delito, o delito de moitos mestres estradenses que segundo as novas autoridades “envenenaban a los niños con sus doctrinas” cando precisamente por primeira vez os nenos tiñan ocasión de coñecer datos científicos obxectivos e non lendas mistificadores como as que lle contarán nos novos libros de texto onde a “historia sagrada” e o pasado “imperial” terán un lugar privilexiado sobre a ilustración e a intelixencia crítica.

Mallar na cultura
A Bernardo Mato Castro o 18 de xullo colleuno na súa escola de Santa María de Teo na que vivía xunto coa súa muller Avelina, e cos seus fillos José Bernardo, David, Otilia e Petronila. Agardou na casa cos seus fillos que pasaron noites sen durmir debido á resistencia coa que os obreiros se enfrontaron ao golpe militar en Santiago, e máis concretamente en Calo, onde o seu famoso “Tercio” tratou de reconquistar a capital galega. Os milicianos – en dous camións – pasaron pola súa escola, o seu xefe baixou a saudar e falar con Bernardo. Posiblemente se trate de Xoán Xesús González, o avogado de Cuntis que consultaba na Estrada e dirixía o VIR e a Unión Socialista Galega, na que tamén militara Bernardo Mato. Subiron ao seu despacho e alí estiveron 2 horas conversando. Os nenos tiñan curiosidade por saber o que pasaba pero a nai impedíalle “molestar” aos adultos e entrar no despacho no que estaban reunidos. Os dirixentes do Tercio serían fusilados, Xoán Xesús incluído – capturado na feira da Estrada – e a resistencia sería insuficiente pola falla de medios e preparación. Os canóns e as metralladoras soaban toda a noite até que os traballadores desarmados tiveron que desistir da súa acción.
Bernardo, quen non interviñera nesta acción, nin era un destacado militante político aínda que si intelectual, quedou tranquilo na casa de Teo durante algún tempo, mais vendo o cariz que collían as cousas, decide refuxiarse na casa dos seus pais en Godoi. A rota que elixe é a través do río, cara Cora cunha barca, mais é interceptado polos falanxistas.
Bernardo é golpeado até que queda inconsciente, un acompañante trata de levalo até unha casa onde son atendidos e coidados durante uns días até que finalmente o levan moribundo até a casa dos seus pais. É atendido por Manuel Carbón, o médico do Moucho, pero nada puido facer. Co cranio fracturado, ao día seguinte de chegar quedou en coma, e logo dun mes, o 4 de setembro de 1936 ás 11 da mañá morre o intelectual máis lúcido que pariu A Estrada en moitos anos.
Golpeáronlle a cabeza porque non podían bater nas súas ideas, intanxíbeis e irrefutábeis pola razón e a argumentación, e que hoxe seguen vivas en moitos mestres como segue vivo o seu recordo nos seus alumnos.