Frades*
Clara Iglesias Cortizo
- CASALPAIO: trátase dun topónimo formado por dous elementos. En canto ao primeiro, o substantivo casal, pertence ao léxico común e o seu significado adoita ser, ou ben “pequeno grupo de casas nunha aldea”, ou ben “propiedade rústica, conxunto de casa e terras”. Deriva de CASAM, “cabana, choza”, que en época do latín tardío pasou a substituír o significado do clásico DOMUS. En canto ao segundo elemento, parece que nos encontramos co antropónimo Paio, moi corrente na época medieval, derivado do onomástico greco-latino Pelagius. O conxunto do topónimo podería significar “o casal de Paio”, en alusión ao dono da propiedade. De todos xeitos, esta interpretación presenta o problema de que o esperábel sería que o antropónimo aparecese en xenitivo (Pai) e non en nominativo, como é o caso.
- CHAÍN: topónimo de posesor, procedente de VILLAM FLAINI (xenitivo do antropónimo latino FLAINUS).
- FRADES: derivado do latín FRATRES, “irmáns”, seguramente por ter existido alí nalgún momento unha comunidade de monxes.
- REQUIÁN: topónimo de posesor, derivado de VILLAM RECCILANI, xenitivo do antropónimo xermánico Requila, nome frecuente na Alta Idade Media na Galiza.
- SUBIÓN: trátase dun topónimo bastante escuro. É posíbel que a súa orixe estea na palabra céltica bedus, “canal, gabia ou foxo con auga, arroio, lagoa”, da cal poderia perfectamente derivar a forma *Bión. De feito, este lexema está na orixe doutros hidrónimos galegos (como os ríos Beo, en Malpica; ou Beos, en Abadín) e tamén asturianos: ríos (Bédabo, Bedón…) e desfiladeiros (Los Beyos, Canal del Beyu…); incluso, segundo afirma Cabeza Quiles, Bedión sería o nome antigo do actual río Limia e da lagoa de Antela, citados polo xeógrafo grego Estrabon. Este lexema *Bión iría precedido do prefixo su-, derivado da preposición latina SUB, “baixo, debaixo, ao pé de”. En canto á hidrografía do lugar, podemos dicir que no alto da Lagoa, nace unha das poucas correntes de auga que hai na parroquia de Frades: o regueiro chamado regueiro da Lagoa, que, durante o inverno, segue o seu camiño até a aldea de Subión, onde existe unha ponte para cruzalo. Como vemos, as características físicas do lugar resúltanlle acaídas á interpretación do topónimo.
- O VILAR: é unha palabra do léxico común. Procede do latín vulgar VILLARE, “pequeno núcleo poboado”. Continúa a ser este o significado da palabra vilar na actualidade, por iso aparece moitas veces na toponimia.
- VILARIÑO: “vilar pequeno”, diminutivo do anterior.
Os nomes da Estrada; ed. Fervenza, 2018
Frades (Santa María)
Manuel Reimóndez Portela
Con este nome coñécese a freguesía desde tempos ignorados.
A parroquia de Santa María de Frades, sen estar incluída en ningunha zona das do concello, ten características de montaña e outras da zona dos Veas, cara ao norte e leste.
LINDES: polo norte coa parroquia de San Xurxo de Vea, polo sur con Cuntis, polo leste con Santo André de Vea; polo oeste con Valga e coa parroquia de Santa Mariña de Barcala.
Por razón alfabética do seu nome a Frades correspóndelle o número 20.
En canto á súa extensión ou superficie ocupa o número 3 con 1.115 hectáreas entre as do concello. Na actualidade ten 224 habitantes de feito.
Na actualidade a parroquia está formada polos seguintes lugares:

COMUNICACIÓNS: non é doado que Frades teña unhas boas comunicacións pola súa situación orográfica. Só despois de feita a concentración parcelaria os principais camiños se converteron en pistas, por iso cada un dos lugares conta con pista asfaltada para comunicalos.
As pistas que a comunican arrancan da estrada Cuntis a Pontevea desde Souto a Santo André de Vea que van subindo cara a cada un dos lugares de Frades ata achegarse a Vilar, Chaín e rematar en Vilariño, protexido polo Xesteiras.
Outra estrada vén dos Barcalas e únese coa que dixemos onda Casalpaio para seguir, como dixemos, a rematar en Vilariño. Está en proxecto a concentración parcelaria de Matos da estrada que vai de Requián a San Xurxo ao Monte.
Unha pista sen asfaltar baixa desde Requián cara a Valga.
Os demais son camiños de servizo a leiras ou aos moitos montes da parroquia.
Abriron pistas no monte e plantárono hai cinco anos; son propiedades privadas, partido en 1949.
HIDROGRAFÍA: non ten ríos e só algúns regueiros ou máis ben pequenos regatos que a maioría nin sequera desaugan nos seus irmáns maiores.
Cóntanse os seguintes: O regueiro da Fonte da Virxe nace no Navaliño, pasando pola fonte da Virxe e o muíño Vello, pérdese nos prados da Barxe. O regueiro da Lagoa, nace no alto da Lagoa que morre no verán nas tres fontes e de inverno segue máis abaixo, ata Subión.
O regueiro de Paxareiras morre onde o muíño das Eiras. O regueiro da Devesa nace en Mane, chegando ao lugar de Frades, onde morre.
O regueiro do Cachón en Requián nace no Vilar e vai a Valga así como tamén o da Caneira, que vai a Santa Mariña de Barcala, e o do Forcado que vén do monte do mesmo nome e vai tamén a Valga. O regueiro da Fervenza ou das Penizas, un lugar de moito valor turístico pero con difícil acceso.
PONTES: poucas son as pontes da parroquia xa que non ten importantes correntes de auga, trátase máis ben de pontellas, que son a ponte do Porto en Frades. A pontella do Ancil, case desaparecida, pásalle a estrada por riba; nace no lugar do mesmo nome, e a ponte do río en Subión.
FONTES: ten unhas poucas fontes públicas, algunhas delas son: a da Virxe en Frades, a de Subión (fonte e lavadoiro) e a de Chaín.
Frades non ten castros aínda que si importantes outeiros.
PAISAXES: os vales pendentes cara ao río Vea e demais terras de bisbarra con fermosas paisaxes dende cada lugar, prodúcese o cambio do panorama nas terras altas da parroquia por Casalpaio, Vilar, Requián e Vilariño. Aquí a paisaxe de montaña permítenos ollar terras propias e alleas, incluso cara á rías Baixas. O monte de Requián está repoboado.
MÁMOAS: escoitando unha lenda que atinxe á paraxe chamada a Porteliña de Casalpaio (que recollemos cando falemos delas), onde se dicía dun tesouro, fomos a ollala e atopámonos cunha mámoa, a moi poucos metros da estrada que chega a Casalpaio cara a Requián, e xa preto tamén do cruceiro, nunha paraxe cha.
Por suposto, atopábase saqueada e dixéronnos que máis abaixo xa en terreos de Valga, poida que houbese máis.
PEDRAS: son moitas as pedras importantes desta parroquia: a pedra Furada, a pedra Lobeira, as pedras Grandes, a pedra Mona, a pedra da Aixa, a Pena ou a pedra da Bosta, a pedra dos Cabalos, e Pedroso, e outras.
Pedras máis importantes son as dos cruceiros, que son os seguintes:
1 Situación: parroquia de Frades, no cemiterio fronte á entrada principal da igrexa.
Descrición: plataforma: un chanzo. Pedestal: cuadrangular, alto de bordes biselados. Columna: octogonal, comeza cuadrangular. Capitel: tronco de pirámide cuadrangular invertida con volutas. Cruz: latina, cuadrangular de bordes rombos. Anverso: Cristo coa testa lixeiramente inclinada á dereita. Reverso: Inmaculada cun querubín aos pés. Altura: uns 4,5 metros.
Inscricións: é evidente que existiron no pedestal, agora ilexible.
Conservación: boa.
Tradición: lémbrano de sempre á entrada da igrexa parroquial, estivo no lugar do cruceiro.
Propiedade: pública.
Situación: parroquia de Frades. Lugar de Casalpaio.
Descrición: plataforma: tres chanzos cuadrangulares. Pedestal: cuadrangular cunha cabeira en cada esquina. Bordes anterior e posterior, serpes pequenas. Borde dereito tibias en X e esquerdo copón. Columna: octogonal, lisa. Capitel: cuadrangular con volutas, un anxo en cada cara. Cruz: latina, octogonal lisa. Anverso: Cristo crucificado coa testa lixeiramente inclinada á dereita, mans abertas, pé dereito sobre do esquerdo. Reverso: Inmaculada cun querubín aos seus pés.
Inscrición: non se atopa.
Conservación: boa.
Tradición: coidan que estivo sempre neste mesmo sitio.
Propiedade: pública.
2 Situación: parroquia de Frades. Lugar de Requián, no adro da capela dos Milagres.
Descrición: plataforma: de 4 chanzos cuadrangulares. Pedestal: cúbico, liso cun círculo onde vai chantada a columna. Columna: empeza cadrada e segue redonda lisa. Capitel; cuadrangular con volutas e follas de acanto. Cruz: redonda, lisa. Anverso: Cristo crucificado, cabeza inclinada á dereita, mans abertas, pé dereito sobre do esquerdo. Reverso: Inmaculada con peana.
Inscricións: non se atopan.
Conservación: boa.
Tradición: trátase dun cruceiro propio de adros, neste caso da capela.
Propiedade: pública.
LENDAS
Fonte da Virxe: nela apareceuse a Virxe María e ten unha tradición milagreira xa que alí ían beber auga ou a lavarse con ela para sandar de moitos males. E levábana para as casas, para botarlles, ás coles e sacarlles o verme, así como a outras colleitas.
Nas pedras Grandes: había un "cubo" ou sexa un burato por onde saían e entraban os mouros, e ía dar ao río en Barcala (río Ulla).
No monte Pedroso hai unha chaira e alí mollaban os froitos os mouros... tamén lle chaman o castro.
Onde lle chaman o Tembradoiro nas chans de Fiáns trema a terra e por íso llo chaman.
Cando viñeron os franceses pola guerra do 1808 chegaron a Frades e no pondurado os cabalos non lle seguiron andando por máis que o intentaron... din que foi por un milagre da Nosa Señora, alí preto.
Tamén á Nosa Señora a levan en procesión a Santo André de Vea, parroquia lindante cara ao río Vea e cando chegaron ao linde das parroquias pesáballes tanto que tiveron que dar volta con ela.
Un veciño de Santa Mariña de Barcala tiña un libro que dicía que había un tesouro de ouro na Porteliña de Casalpaio e convenceu a un veciño (do mesmo Casalpaio) para que fose cavar; mentres el que cando lle pareceu e o veciño tiña moito cavado díxolle que o deixase, que non había ningún tesouro... e en canto marchou recolleu o ouro onde llo sinalaba o ferro espetado.
Din que foi certo que en Campo Frío de Requián mataron o ministro. O "ministro" era o recadador dos trabucos que coma, sempre lle querian moi mal, e un día chegou alí con moi malas pulgas e matárono... puido ser certo.
No regueiro da fervenza os veciños atoparon un esqueleto.
HISTORIA: segundo Jerónimo del Hoyo en 1607:
"Santa María de Frades, anexo de San George de Vea.
Hay en esta feligresía de Santa María treinta y cuatro feligreses. Los fructos todos al retor que valdrán treinta y cuatro cargas de todo pan. Presentación del monasterio de San Martín: La fábrica tiene de renta seis ferrados y medio de centeno y tres quartos en dos vacas".
Catastro de Ensenada: non aparece esta parroquia no tan importante catastro del Marqués de la Ensenada.
O Pascual Madoz en 1846-50 di:
"Frades (Santa María) feligresía en la provincia de Pontevedra (6 leg.), partido judicial de Tabeirós, diócesis de Santiago, ayuntamiento de La Estrada (1). Situada a la caída oriental del monte Freáns en un plano inclinado sobre el río de Bea con libre ventilación y clima sano pues no se padecen mas enfermedades que algunas fiebres y pulmonías. Comprende los lugares de Casalpayo, Chaín, Frades, Requián, Subión y Vilariño que reúnen 50 casas. La iglesia parroquial (Santa Marfa) es aneja de la de San Jorge de Bea. En el lugar de Requián hay una ermita bastante miserable. Confina el término N. feligresía matriz. La de San Julián de Bea S. la de San Andrés de Bea y O. la de San Miguel de Valga, distando de las primeras un cuarto de
legua y una de la última. Dentro del mismo y en paraje llamado Chyan do Monte de Feáns, nace el indicado río Bea que tambien toma el nombre del monte, este separa el partido de Tabeirós de los de Caldas y Padrón y se estiende cinco leguas de norte a sur desde Couso a Estacas. El terreno es gredoso de primera y segunda calidad. Atraviesa por esta parroquia el camino que desde Padrón (provincia de La Coruña dirige a La Estrada, su estado es malísimo. El correo se recibe de Santiago por balijero. Produce maíz, trigo, centeno, patatas, nabos, lino, castañas, leña y pastos; mantiene ganado vacuno, mular, de cerda y algún lanar; hay caza de conejos, liebres y perdices y pesca de truchas. Industria y Comercio: la agricultura, dos molinos harineros y telares de lienzos ordinarios, consistiendo el comercio en la extracción de maíz por el lado de Padrón.
Población: 50 vecinos, 250 almas."
No censo do ano 1924 tiña 298 habitantes.
Álvarez Limeses (Gerardo) en 1936 recolle:
"Frades (Santa María): Dista 40 kilómetros de Pontevedra y 12 de La Estrada y limita: al norte con Vea (San Jorge) de cuya parroquia es anexo, al S. con Vea (San Andrés) y al E. con Vea (San Julian) y O. con Valga."
Entidades: Casalpaio con 31 habitantes, Chaín 31, Frades 43, Requián 49, Subión 103 y diseminados 41 que suman en conjunto 298 habitantes para los cuales hay una escuela mixta desempeñada por maestra que llaman de Frades-Requián. Ocupa la zona alta y occidental del Valle de Vea en la falda del monte Fiaus (Xesteira) extendiéndose hasta cerca de la parroquia de Valga. En el sitio denominado Chan do Monte de Fiaus tiene su nacimiento el río Vea. El terreno es de buena calidad y se producen en él cereales y patatas."
IGREXA PARROQUIAL DE FRADES: certamente que é unha das mellores mostras que ten o concello da Estrada da arte románica; cinguímonos na súa descrición ao mestre nesta arte, Hipólito de Sá Brabo, quen entre outras cousas di: "Una nave muy amplia dividida en tres tramos por tres pares de columnas que sirven de apoyo a los arcos fajones de directriz apuntada sobre los que descansa la bóveda que la cubre. Bóveda original que fue restaurada siendo de pequeños sillares en el arrastre y en la parte combada y de chapacuña en el cierre. Las columnas están adosadas y descansan sobre un podio corrido que se extiende a lo largo de los muros, abriéndose en cada uno de los tres tramos la correspondiente ventana abocinada interiormente, y con rasgado de saetera al exterior.
Una imposta moldura marca el arranque de la bóveda y une los ábacos de las columnas.
ínteresante el rosetón que se abre en la fachada, con moldura tórica enmarcada por otra de billetes... Dos puertas laterales y la principal, de aquellas está tapiada la del norte, lo mismo que dos de las ventanas del mismo muro.
El ábside es rectangular dividido qn dos tramos por el arco triunfal y otro arco fajón sobre el que descansa la bóveda de medio cañón que cubre la capilla de la cabecera. La directriz de los arcos y de la bóveda es semicircular con un ligero cierre en los arranques como en los arcos de herradura...Curiosa la ornamentación de los capiteles que se reduce a pequeñas rosetas y palmetas enmarcadas por óvalos rehundidos y círculos de bolitas, tan sólo hay uno historiado. Daniel entre los leones. Un retablo barroco cubre el testero del ábside ocultando la ventana románica. Por su parte exterior se notan las modificaciones que sufrió... Una sencilla cruz en el piñón y unos pináculos barrocos en las acróteras, los muros de la nave también fueron restaurados... Cruz de entrelazos calados en el piñón de la cabecera de la nave y un rosetón en el testero... Curioso uno de los capiteles por las figuras que tienen esculpidas y la subida de la escalera exterior que lleva al campanario, obra originalísima por su desarrollo y por las balaustradas... Algunas reformas que sufrió la primitiva iglesia románica ya existen en los primeros años del siglo XII. Indudable la mayor antigüedad de la cabecera dado el primitivismo de los arcos y la ornamentación de los capiteles. Desaparecieron las portadas laterales pero queda la principal con la originalidad de sus capiteles. Santa María de Frades es una rara iglesia románica que en el actual Ayuntamiento de La Estrada une al ábside rectangular los arcos semicirculares... pués en los otros ejemplos de arcos semicirculares existentes en La Estrada los arcos triunfales y los accesorios del presbiterio son ligeramente apuntados".
Foi reformada hai dez anos aproximadamente.
"El 16 de abril de 1115 el Arzobispo Diego Gelmírez hace donación al monasterio de San Martín Pinario "Santus Mariae de Fratribus integra". Hacia 1769 Jacobo Rey, escultor de Santiago hizo un retablo para Santa María de Frades.
Epigrafía: en el tímpano, puerta septentrional en un solo renglón la siguiente inscripción:
E.l. CC Vllll
Su lectura sería: era millésima ducentésima nona.
Iglesia de una nave y ábside rectangular ambos con bóveda de cañón. La iglesia parece ser iniciada poco antes del año 1171.
Bango Torviso, Isidoro Gonzalo "Arquitectura románica en Pontevedra". La Coruña 1979 pp. 177.
Para esta parroquia fixo o ano 1595 no prateiro Alberto Corotino, veciño de Santiago, unha cruz de plata de 8 marcos de peso con Cristo e 4 evanxelistas dunha parte e da outra unha imaxe da Nosa Señora.
E Jacomo de la Flor Vaamonde, escultor tamén de Santiago, fixo ep 1642 un retablo para Santa María de Frades con catro caras, tres abaixo e unha arriba e na do medio a Custodia e na de encima desta unha imaxe da Nosa Señora. As efixies para este retablo eran un San Xoán, e Santiago coma dunha vara de alto e as de Cristo, San Xoán e María de media vara, fíxoas o escultor Mateo de Prado.
Segúndo Pérez Constanti "Diccionario de Artistas", pp. 211212... quen di tamén que o escultor Mateo de Prado fixo así mesmo un calvario para esta igrexa en 1642 con efixies de S. Xoán Bautista e Santiago e o grupo de Cristo e S. Xoan... e do mesmo xeito o escultor compostelán Jacobo Rey fixo un retablo para Santa María de Frades alá polo 1 769 segundo nos di Couselo Bouzas "Galicia Artística" p. 559.
Pedro Gil Falcón, bispo de Trípoli, tivo unha sobriña chamada dona María Falcón, que fo¡ señora do couto e xurisdición de Ximonde e polo tanto desta casa señorial na beira dereita do río Ulla, fronte á parroquia de Couso. Casou con don Andrés de Cisne e achegou ao matrimonio entre outros o "Coto" de Bea, Santa María de Frades e San Miguel de Barcala.
CAPELA DOS MILAGRES (REQUIÁN): ten unha planta de cruz latina. Fachada con porta adintelada recercada de molduras adinteladas, sobre dela fiestra rectangular con derrame exterior.
A orixe desta capela hai que fixala no ano 1744, no que mandou iniciar as obras, ás súas expensas, o párroco Pedro García de Aboy, natural daquel lugar de Requián e á sazón párroco de San Tomé de Xaviña de Bergantiños. A súa intención era a de ofrecer, aos veciños, que tiñan que percorrer unha distancia de cinco quilómetros ata a igrexa parroquial, un pequeno templo no que pudiesen cumprir co precepto dominical e festivo, ao mesmo tempo que facilitarlle aos párrocos de paso ata Padrón, Caldas de Reis ou outros destinos un altar para celebrar a santa misa. Foi bendicida a capela no ano 1748.
A advocación primeira da Virxe á que se dedicou a capela foi a da Piedade. Aínda se conserva e se venera alí unha pequena imaxe, na pedra, de Nosa Señora da Piedade. A devoción dos fregueses e dos romeiros dun amplísimo contorno de Requián e, sen dubida, o recordo e a obrigada gratitude por algúns favores recibidos de María foi o que motivou a todos, nos primeiros anos do século XIX, a converter en titular da capela a Santísima Virxe dos Milagres, pasando a un segundo plano a advocación da Piedade.
A primitiva capela resultaba insuficiente para o crecente número dos devotos que alí acuden cada ano no día da romaría, polo que, no ano de 1950, o entón párroco, Fernando Lobato Couto, procedeu á ampliación do recinto, alcanzando así unhas considerables dimensións con respecto ao que era antes.
Remata en espadana de dobre van, posta de pedra en 1998. Muro lateral norte con pórtico.
Na cabeceira un corpo engadido de dúas plantas. O altar foi restaurado en 2003. Tellado cuberto a dúas e tres augas.
No ano 2005, na véspera da festividade, sufriu un incendio no porche lateral e parte do tellado.
Inscrición das Campás da igrexa: campá grande: AÑO 1919 FABRICADA POR OCAMPO ENIARCOS DE LA CONDESA.
Pequena: MARIA Y JOSE, AÑO 1974. Nun selo pon: HERMANOS O CAMPO METALES FINOS FUNDIDOR DE CAMPANAS. PONTEVEDRA. CALDAS DE REYES, ARCOS DE LA CONDESA.
CAPELA DA MILAGROSA DE REQUIÁN: Grande: J.H.S. MARIA
Y JOSE AÑO DE 1925. FABRICADA POR OCAMPO. EN ARCOS DE LA CONDESA.
Pequena: J.H.S. MARIA Y JOSE AÑO DE 1892.
FESTAS: en Frades: a patroa da parroquia é a Santa María, que se celebra o 15 de agosto e a presentación o día 21 de novembro. En Requián: a Nosa Señora dos Milagres o 28 de agosto e o 29 a Piedade. Milagres de Requián, degran sona, acuden de 4.000 a 5.000 persoas e veñen romeiros de todos os concellos limítrofes e lugares distantes. Dinse misas dende as sete da mañá ata as oito da tarde. Novena á mañá e á noite á cal vén moita xente.
Curiosamente, nos concellos de Valga e Padrón fan festivo local.
A festa facíase por poxa. O que máis ofrecía era o que organizaba a festa e tiña dereito a usar a casa da escola para el e os seus convidados. Nos últimos anos organiza a festa unha comisión.
INDUSTRIA: non ten industrias esta parroquia, só ten algúns muíños: O das Eiras e o do Palomar no regato das Eiras. Tamén existe un almacén de froitos.
En Frades teñen o Muíño de Baixo en activo, o de Riba e o das Tres Fontes; estes dous aínda moen, e o derradeiro moe moi ben.
Teñen ademais un en Vilariño, de propiedade privada e ben conservado, outro no Vilar e outro en Casalpaio.
05 muíños de Requián están no concello de Valga.
Non teñen comercios.
O ENSINO recíbeno os rapaces no CEIP Villar Paramá en Souto.
Teñen unha ASOCIACIÓN CULTURAL (antes Teleclub) que usa para reunións parroquiais, hoxe faríalle falla unha reparación.
DEPORTES: o deporte de caza é doado na parroquia pola grande extensión de monte que teñen; non se prectica pesca aínda que se atopa preto o río Vea, que non pertence a Frades, aínda nacendo nos seus montes (monte de Feáns).
Polo que atinxe á SANIDADE, teñen un médico no Souto de Vea, actualmente un centro de saúde, e mais unha farmacia, ademais dos servizos na vila, no ambulatorio da seguridade social.
En canto á ECONOMÍA e nivel de vida, os veciños viven mellor (da agricultura e gandería), se ben o nivel non sexa dos máis altos do concello; mellorando as vivendas, teñen todos luz eléctrica na casa e para servizos domésticos, ademais da iluminación pública.
CENTROS CULTURAIS: En Frades hai unha asociación de veciños.
PERSOA SOBRANCEIRA: Manuel Villar, xerente da Sociedade de Xestión do Xacobeo, naceu en San Xurxo de Vea e foi soterrado nesta parroquia. Foi benefactor dos templos dos Veas.
OUTROS DATOS: o nome de Frades vén sen dúbida por ser fundada na remota antigüidade por uns frades.
TOPONIMIA MENOR: son moitos os nomes dignos de subliñar: os dos Outeiros, que dixemos dito: o do Chan da Cruz, o da Barriga, o de Feitosa, o Outeiro entre Subión e Frades, Outeiro de Fosadoiros... o Paraíso da Devesa, a Devesa do Rei, as pedras Grandes, a pedra da Bosta, o Pedroso, a pedra Queimada, Pé da Bosta, a pedra dos Cabalos, pedra Raposiños, foxo da Matanza, a Fervenza, fonte Calva, e tantos outros...
PLANTÍOS REAIS: non aparecen no Catastro do Marqués de la Ensenada datos sobre de devesas ou viveiros de S.M., non sabemos se as tiña.
TELEFONÍA: sen cable.

Pedro Varela
Parroquia de 61 cabezas de familia e 287 habitantes, distante da Estrada uns 13 quilómetros por termo medio. Está situada na aba oriental do monte da Bragada, desde onde se enxerga un grande panorama que comprende todo o val de Vea ata os confíns de Santeles, e a nosa vila.
Uns frades instalados antigamente na localidade deron o nome á freguesía, que nada ten de moderna, aínda que, en canto a datas de antigüidade, só podemos dicir, por falta doutros datos, que en 1640 xa figuraba como filial de San Xurxo de Vea.
Lugares: Frades, Requián, Chaín, Casalpaio, Subión de Arriba e Subión de Abaixo, O Vilar e Vilariño.
Pescudando en canto á orixe ou significado do nome destes lugares, diremos que Requián procede do latín e significa “descanso” ou “lugar de descanso”, onde descansaban os frades fundadores da parroquia. Chaín ten raíz celta: chaan, “outeiro”, e efectivamente, a aldea ocupa un outeiro. Casalpaio, “casa de Paio”, fundador do lugar, segundo cartas forais.Subión, “en subida ou costa”, como así se observa; aínda que non falta quen opine que é palabra vasca e que significa “cobra”, é dicir, lugar onde abundan eses réptiles asubiantes.
Lindeiros: norte, San Xurxo de Vea e Santa Mariña de Barcala; sur, monte de Portela (Cuntis); leste, San Andrés de Vea; e Oeste, o Concello de Valga.
Vías de comunicación: consisten en camiños rurais antigos e malos. Un pequeno regato sen nome especial baña esta parroquia.
En sesión do Concello, con data de 22 de xullo de 1847, trátase dos males que os animais salvaxes causan nos montes de Frades.
No eclesiástico: xa sabemos que é filial de San Xurxo. Ten por igrexa unha verdadeira perla, non de moita capacidade, pero de puro estilo gótico-románico, datada no século XII. Está moi ben aseada e conservada e ten dous rosetóns típicos ou propios daquela arquitectura notábel. Interiormente os arcos oxivais dan ao edificio un carácter suntuoso; as columnas iguais, da orde composta, no centro; as de capiteis desiguais, también da orde composta na tribuna e presbiterio, forman co resto da edificación un conxunto admirábel. Á esquerda do altar maior lese: «se hizo este altar por devoción de los feligreses de esta parroquia contribuyendo con una grande parte don Ignacio Rey». Á dereita do mesmo altar tamén se le: «Se pintó este altar por devoción de D. Ignacio Rey y Sra., residentes en Cádiz, San Fernando, siendo cura D. José Calviño, 1895».
Festas: Santa María, o 15 de agosto; a Presentación, o 21 de novembro; os Milagres o 28 de agosto; a Piedade, o 29 seguinte.
Noutros tempos, segundo opinión xeral, Frades foi independente de San Xurxo. No adro, acantoada, hai unha antiquísima pila bautismal, talvez en uso naquela época. No ángulo que forman as paredes de sur e leste, á altura do peito dunha persoa de regular estatura, hai unha pilastra con orificio de entrada e saída, que tiña por obxecto, segundo vulgarmente se di, facilitar o amarre dos ramais das cabalarías das persoas importantes mentres oían misa.
En Requián hai a capela dos Milagres, sen que ofreza más especialidade que a de ser vetusta e antiquísima.
Dominaban nesta parroquia os señoríos de Novoa, antes Condado de Ximonde; e o marqués de Castelar.
O Concello, en sesión de 15 de marzo de 1856, tratou do nomeamento de D. Francisco Antonio Iglesias para mestre de Frades e Barcala.
Os de Frades reciben o correo por Souto de Vea
*Pedro Varela, A Estrada, 1923.