Santeles
Clara Iglesias Cortizo
- ARXÓNS: os dicionarios definen arxón como “estaca que se chanta ao lado dunha planta como a vide ou o chícharo para suxeitala ou endereitala”. Quizais o topónimo se refira a algunha leira destinada ao cultivo de legumes ou plantas rubideiras. Etimoloxicamente, arxón é unha palabra bastante escura, prerromana e precelta; en todo caso, indoeuropea, segundo a información fornecida por Ivan Sestay.
- CARRICOVA: é un topónimo con dobre raíz, formado a partir do latín CARRUM “carro” e mais de COVAM, derivado tardío do clásico CAVUM, “oco, baleiro”. A palabra covo/a en galego antigo era un adxectivo, que posibelmente significaba “profundo, deprimido”. Aparece con este valor adxectival, acompañando e modificando un substantivo, en moitos topónimos galegos, como Valcovo, Soutocovo, Vilacova, Riocovo… No caso de Carricova, o significado seguramente é “camiño fondo de carros, corredoira fonda”.
- CRUXEIRA: trátase dunha variante da forma curuxeira, con desaparición da vogal pretónica. Literalmente curuxeira é "lugar onde abundan as curuxas" e, a partir dese primeiro significado, pode tamén designar, metaforicamente, "lugar en sitio elevado e con moitas penas". Polo tanto, é difícil resolver se o topónimo se refire á fauna ou á orografía. Fórmase co lexema curuxa, ao que se engade o sufixo locativo –eira. En canto á orixe etimolóxica do substantivo curuxa, son varias as interpretacións que teñen dado diversos autores e non podemos asegurar nada con certeza: A) Segundo Ester Corral Díaz, trátase dunha palabra onomatopeica, que arremeda o canto da ave; de feito, segundo esta autora, son moitas as denominacións de diversas aves que imitan o seu son. No caso da curuxa, a secuencia “cu-rú-cu-rú-cu-rú” resulta moi apropiada para ser reproducida nunha palabra; B) Segundo Crespo Pozo, curuxa provén do latín vulgar *CUCULLAM, “capucha dos monxes”, derivado de CUCULLUS, “capuchón”. Este autor centra a súa explicación semántica na semellanza que as orellas levantadas da ave teñen coas capuchas; C) Corominas expón unha curiosa hipótese: baseándose no vocábulo asturiano coruxia, “medo, espanto” (relacionado con acoruxar, “acovardar”), propón como etimoloxía un verbo do latín vulgar, CORRUPTIARE (que deu, por exemplo, en francés courrocer, “irritar”), en relación co temor supersticioso que produce esta ave nocturna. Existe aínda outras interpretacións, que nos parecen demasiado imaxinativas; posibelmente a proposta máis acaída sexa tamén a máis sinxela: a orixe onomatopeica.
- FONDEVILA: topónimo composto de fondo de vila. De FUNDUM, “fondo; a parte baixa dunha vila”. Fondo de Vila está moi estendido como topónimo, tanto coma o seu oposto Cima de Vila. Podería pensarse que procede de fonte de vila, con apócope do–tedefonte, mais hai unha razón que fai pensar na primeira hipótese: a preposición de, pois o lóxico sería fonte da vila e non fonte de vila.
- GODOI: trátase dun topónimo de posesor xermánico, formado a partir do sintagma VILLAM GOTOI. Este antropónimo procede do lexema gut-, “bo, amábel, deus”, que dá nome a un pobo xermánico que ocupou o noso país e deixou importante pegada na toponimia, os godos. En canto ao sufixo –oi, podemos dicir que é característico da antroponimia xermánica galego-portuguesa.
- PATANÍN: trátase dun topónimo moi estraño. O lexema patán- tan só se recolle en cinco casos na toponimia galega: Patanico (1), Patán (2), Patanas (1) e mais o noso Patanín, que é único en toda Galiza. Non sabemos nada certo sobre a súa orixe nin o seu significado. Ivan Sestay explica o topónimo O Patán como alcuño de posesor, “o tosco, o toutou”, aínda que recoñece sentir desconfianza perante tal interpretación; efectivamente, o vocábulo patán non é unha forma patrimonial do galego, senón un castelanismo de recente introdución. Cabería outra interpretación, quizais máis probábel que a anterior, establecendo unha relación entre o topónimo Patanín e o substantivo común patao, que se recolle nun dicionario tamén co significado de “terreo que está de viña, viñedo”. O substantivo patao probabelmente estea desaparecido do léxico común, mais consérvase na toponimia da zona ourensá e, segundo nos informaron, tamén na microtoponimia, designando terreos apropiados para o cultivo do viño ou de certas hortalizas. Sabemos tamén, grazas á información de persoas da parroquia, que Patanín era o lugar de Santeles onde se daban mellor os tomates e pementos temperáns; así mesmo, reférennos que un certo microclima do lugar permitía o cultivo do viño e aseguránnos que efectivamente se cultivaba alí unha modalidade autóctona de uva. Na actualidade Patanín xa non é un núcleo poboado, pois a única casa que existía alí está deshabitada dende hai xa moitos anos. Segundo os datos que achega o libro de Reimóndez Portela, no ano 1981 residían nesa casa cinco persoas, que no 2003 quedaran reducidas a dúas. Outro problema en canto ao topónimo Patanín é a súa terminación, que parece suxerir un sufixo diminutivo, derivado do latín –INUM. A cuestión é que, segundo a distribución xeográfica, o resultado dese sufixo sería –iño e non –ín, propio do galego oriental. Aínda que é posíbel que na toponimia aparezan mostras de evolucións fonéticas ou morfolóxicas diverxentes ás propias da área dialectal, parécenos moi estraño e difícil de explicar a presenza aquí do sufixo –ín. En conclusión, Patanín é un topónimo escuro e difícil do que non podemos afirmar nada con seguridade.
- O PAZO: do latín PALATIUM. É un substantivo que designa as antigas casas señoriais pertencentes aos nobres e fidalgos. Este topónimo está moi estendido ao longo do noso país (tamén coa súa variante Pacios, que aparece na zona oriental das provincias de Lugo e Ourense).
- PEARO: este topónimo é único en toda Galiza; probabelmente sexa unha variante de Pieiro, que ten varias atestacións na toponimia da comarca de Ferrol. Procedería do latín PILAM, “recipiente cóncavo” e podería facer alusión a un lugar onde abundan as cavidades naturais nas rochas ou tamén ao que habitualmente coñecemos como pía, “receptáculo de pedra cheo de auga que se utiliza para lavar ou beber o gando”. Con esta acepción recóllese a voz pieiro en varios dicionarios.
- RENDA: poden ser dous os significados deste topónimo. É posíbel que estea en relación co pago dunha renda ou foro ao que o lugar estaría suxeito; neste caso, a palabra derivaría do latín vulgar *RENDITAM, e esta, do clásico REDDITAM, participio pasado do verbo REDDERE, “devolver, restituír, dar en pago, outorgar…”. Tamén cabe a posibilidade de que proveña do latín tardío *RANETAM, que faría referencia a un lugar onde abundan as ras. Formouse co substantivo latino RANAM + sufixo abundancial -ETAM. Sería o mesmo caso de Rendo, que comentamos na parroquia de Oca.
- A RIBEIRA: do latín RIPARIAM e este, á súa vez de RIPAM, “costa, beira do mar ou dun río”. Efectivamente, este lugar está situado á beira do río Ulla.
- SANTELES DE ABAIXO: o adverbio abaixo sitúa este lugar nas terras baixas da parroquia, na ribeira do Ulla. O topónimo Santeles aparece xa nun documento do ano 1245, conservado na catedral de Ourense, coa mesma forma que ten na actualidade, Sancti Iohannis de Santeles. É caso único, pois non está rexistrado en ningún outro lugar do noso país. Resulta moi difícil a súa interpretación; é posíbel que derive do lexema xermánico sand- ou sant- “verdadeiro”, que daría orixe ao antropónimo Santa ou Sanda (que aparece, por exemplo, en Sandán, lugar da parroquia de Tabeirós). Deste antropónimo puido derivar un hipotético diminutivo *Santellus, que derivaría finalmente en Santele como topónimo de posesor, a partir do sintagma VILLAM SANTELLI. Aínda quedaría por explicar a estraña adealla do morfema plural –s. En todo caso, todo isto non deixa de ser unha especulación; o certo é que non podemos afirmar nada con seguridade sobre este curioso topónimo.
- SAR DE ABAIXO / SAR DE ARRIBA: é un topónimo hidronímico, é dicir, relacionado coa auga. En xeral, todos os lugares galegos chamados Sar, ou ben designan ríos e corrente de auga, ou ben lugares que están próximos dun río, fonte ou manancial; neste caso, o nome procede, sen dúbida, dun regato chamado Sar, que pasa por Sar de Arriba e por Patanín e verte as súas augas no Pozo do Pego do río Ulla. Este hidrónimo ten orixe prerromana, seguramente precéltica, en concreto, provén do lexema *s´r, “fluír, manar”.
- TRASPEDRA: o topónimo está constituído pola preposición tras, “detrás” e pedra, derivado do latín PETRAM.
- VIASQUE: trátase dun topónimo de etimoloxía incerta, aínda que todos os especialistas coinciden na súa orixe prerromana. En xeral, considérase que as formas –asc-, –usc-, -osc, e -isc son de procedencia ligur. En canto a este pobo, non é moito o que se sabe con seguridade. Habitaban o sueste francés e o noroeste italiano nos milenio VI e V antes da nosa era; a súa lingua é escasamente coñecida e non está claro se era ou non indoeuropea. Sobre a súa presenza na Península Ibérica hai disparidade de opinións; os que afirman que chegaron ao norte da Península baséanse precisamente nun argumento lingüístico: a existencia de topónimos coas formas –asc, -usc-… , antes mencionadas, como é o caso do noso Viasque (así como Viascón), coa perda do –n- intervocálico propia do galego e que se correspondería con Venasque noutras zonas do Estado Español (Murcia, Huesca); é un topónimo que, coas variantes propias de cada lugar aparece tamén en Francia, Italia, Bohemia, até o oriente de Europa. Outros estudosos opinan que os ligures non chegaron nunca á Península Ibérica e que estas formas lingüísticas aparecen aquí porque se incorporaron a palabras célticas, cando os ligures foron “celtificados”. Volvendo ao nome Viasque, o lingüísta Cossue ofrece unha interesante e sinxela interpretación na súa páxina web: trataríase dun topónimo de posesor, derivado do sintagma VILLAM VELASCI, xenitivo do antropónimo vasco Velascus (do éuscaro bela, “corvo”). Os nomes de persoa de orixe vasca, popularizados a partir do século IX, non son moi numerosos na antroponimia altomedieval galega; mais algúns deles tiveron éxito e fixéronse moi populares, deixando unha pegada notábel na nosa toponimia. Tense afirmado moitas veces que o vasco ten orixe ligur; aínda que sobre esta cuestión tampouco existe unha opinión unánime. Outros autores explican o topónimo a partir dun lexema céltico, que podería ser: ben-, “cima, lugar alto”; vindos, “branco”; ou benna, “burato, cavidade, cova”.
- VILANOVA: é un nome de lugar de significado transparente. Posibelmente este topónimo se formase xa en época galega. En todo caso, a súa etimoloxía é o latín VILLAM NOVAM. O substantivo VILLAM, en latín, designaba “propiedade rural, quinta, casa de campo”; en galego estendeu o seu significado ao actual “entidade de poboación.
Santeles (San Xoán)
Manuel Reimóndez Portela
Este é o nome da parroquia que se lembra desde os tempos antigos. A parroquia de Santeles corresponde á zona da Vea Alta coas demais chamadas Aguións, Toedo e Matalobos.
LINDES: linda polo norte co río Ulla que, a separa da provincia da Coruña, polo sur con Toedo e Aguións, polo leste coa parroquia de Paradela e unha moi pequena parte de Barbude, e o río Liñares, e polo oeste con Cora, Santa Cristina de Vea.Por razón do seu nome correspóndelle o número 42, alfabeticamente falando.
E tendo en conta a súa superficie, 785 hectáreas ten o número 6 das do concello.
A parroquia conta cos seguintes lugares:

Na actualidade a poboación desta parroquia é de 444 habitantes.
COMUNICACIÓNS: aínda que esta parroquia non está achegada de por si a unha vía que a poña fora da bisbarra, atópase moi ben comunicada dende que acadou os beneficios da concentración parcelaria (1970-90).
Así e polo norte, pegado ao río Ulla ten unha pista pola que pode saírse á ponte Sarandón por Paradela, e cara o oeste por Cora aos Veas e coller en Barazás ou Panadería a estrada que vai desde a Vila a Santiago, ou senón en Souto coller cara a Cuntis por Santo André, tendo xa saída a Pontevedra, etc...
Ademais cada lugar ten comunicación por pistas cos outros da parroquia e así mesmo coa vila, sobresaen a pista que desde Sar de Abaixo sobe cara a Pazo, Godoi, Renda, Traspedra e desde alí divísase para saír a Toedo (estrada PO-841 a Santiago) ou cara Aguións saíndo a provincial 2130, da Estrada a Ponte Ulla, deixando a esquerda, a ponte Sarandón. Outra pista importante sae do lugar de Ribeira e vai subindo cara a Renda ou Vilanova, por Cruxeira.
O camiño real entraba na parroquia pola ponte vella, (ponte románica da que falaremos cando tratemos de Paradela) que atravesa o río Liñares xa moi preto do seu desaugue no Ulla e desde alí ía por Fondevila, para seguir ao lugar de Renda, e á Devesa do Rei, seguida de Eicián, saíndo da parroquia ata chegar á vila, onde se unía co importante camiño de Terra de Montes a Santiago.
HIDROGRAFÍA: ríos, claramente o río Ulla, o río grande, é o máis importante que lle fai de linde a Santeles polo leste onde se atopa Paradela.
Os demais son regueiros; o regueiro de Lagares, que nace en Carballiños de Pearo, pasa por ponte Lagares e desemboca fronte ao muíño de Pereiras de Paradela.
O regato de Sar de Arriba na veiga da Igrexa pasa polo pazo de Xuntín, Sar de Arriba, e Cacheiro onde existen tres muíños a Patanín, e verte augas no pozo do Pego do río Ulla.
PONTES: ten tres pontes sobre do río Liñares, unha na Estrada, Santeles-Paradela feito por IRYDA (Instituto de Reforma y Desarrollo Agrario, antigo organismo de Concentración Parcelaria).
A ponte Nova feita polos veciños de Paradela, no Liñares, preto xa do Ulla que comunica Paradela (Aldea Grande) con Santeles (Ribeira) e a importante ponte románica chamada ponte Vella un pouco arriba da anterior; trátase da ponte románica mellor conservada neste concello; en mellores condicións que a súa compañeira tamén no Liñares entre Moreira e Lagartóns á que tamén lle chaman ponte Vella. A paisaxe, a carón da ponte é para gozaa un día de verán.
FONTES: ten a parroquia as seguintes fontes públicas: a de Ribeira, a Touza, Carricova, Renda, que foi restaurada en 2003 e conta con tellado e pilóns e á que se acede por unha pista de cemento, Vilanova, Pearo e Sar de Abaixo e Sar de Arriba, levan todas elas os nomes dos lugares onde se atopan. Outra fonte é ade Fondevila.
OROGRAFÍA: orograficamente o terreo arranca de altitudes moi baixas na Ribeira do Ulla, poida que menos dos 50 metros, para ir subindo decote ata o lugar da Igrexa onde chega ós 200 metros en Renda, xa alí Santeles, ten un terreo practicamente chan e á mesma altitude.
CASTROS: ten esta parroquia dous castros, un en Pearo e outro en Renda.
Castro de Pearo: atópase o castro preto do lugar de Pearo e non lonxe do de Arxóns.
Segundo Arca Caldas ten unha altura polo norte e leste duns seis metros e polo sur e oeste está a dous metros das leiras. E o perímetro do pé terá ao redor dos cincocentos metros. Tamén nos di que dende o castro vixiaban o río Ulla, no curuto estaba a chamada eira dos mouros... e que aparecían bichos raros... como unha clase de crocodilos pequenos...
Castro de Renda: atópase preto do lugar de Renda ou entre este lugar e o de Vilanova, onde lle chaman A Torre... polo norte e leste ten unha forte pendente que será duns 40 metros, e polo oeste ten moito menos. As defensas inferiores teñen uns tres metros de altura. Ten feitura circular cuns 100 metros de diámetro, e o diámetro do curuto interior é duns 60 metros... nel atopou uns achados de cerámica lisa (Arca Caldas).
Tamén din que neste castro viviron os mouros moitos anos. Tiñan as súas tombas, que eran unhas pedras chantadas de pé e outras deitadas enriba...Estes mouros eran moi valentes e loitaban contra outros mouros.
Dinos Pedro Varela: "En el lugar de la Torre hay un castro antiquísimo, propiedad de Don Gerardo Rodríguez del Corral. Entre Arjones y Pearo existe otro castro más pequeño que parece tuvo por objeto la defensa del paso de río Ulla. En el primero se refugiaron los vecinos cuando la invasión francesa, haciéndose fuertes allí, pero no fueron atacados".
PAISAXES: as paisaxes son de dúas clases, a propia das terras baixas de ribeira do Ulla co seu arboredo, os prados e o río baixando rumoroso, alí manso por ter pouca pendente, e augas limpas e claras.
A outra paisaxe é a que nos ofrece a parroquia dende lugares do sur no plano alto duns 200 metros, desde alí pode ollarse a fertilidade destas terras, o Pico Sacro, as terras da beira dereita do Ulla, e as parroquias veciñas.
PEDRAS: é importante a chamada muíño da Laxe, por estar construído enriba dunha gran laxe, alí ivimos unhas grandes laxes achegadas ao muíño, entre o regueiro e o monte, non atopamos inscricións ni sinais.
Mais a parroquia ten a sorte de ter en pé aínda cinco cruceiros, deles catro moi fermosos.
Son os seguintes:
1 Situación: parroquia de Santeles, diante da igrexa, á beira dunha pista e cruce de camiños, cabo do lugar de Godoi.
Descricións: plataforma: catro chanzos. Pedestal: cúbico, bordos superiores biselados. Columna: redonda, a metade inferior de menor diámetro, cáliz na cara anterior. Capitel: redondo, remata cadrada con volutas e un querubín en cada cara. Cruz: latina, sección cadrada con bordos rombos. Anverso, Cristo crucificado (fáltalle a cabeza); reverso, Inmaculada cun querubín aos pés e un anxo a cada banda na parte superior.
Inscricións: no pedestal, anverso; INCOSE/CURA-RE-O-DORANC REIMO/ NDES AÑ 1 738.
Conservación: regular, recentemente restaurado, con fondos recadados dun campamento de franceses no campo de fútbol.
Tradición: cruceiro propio de cruzamento de camiños en dirección á igrexa.
Propiedade: pública
2 situación: parroquia de Santeles, lugar de Pazo, antigo cruce de camiños, agora unha pista. Actualmente está situado dentro dunha propiedade privada, por desfacerse o muro onde estaba, aínda que o cruceiro segue no mesmo lugar.
Descrición: plataforma: entrevese redonda, pois incomprensiblemente este cruceiro está encravado nun valo de pedra que serve de peche a unha propiedade particular. Pedestal: tamén chantado no muro, parece redondo. Columna redonda con debuxos, comeza e remata cadrada, aínda que abaixo segue estando chantada nas pedras do valo. Arriba no anverso, táboas da lei. Capitel: tronco de pirámide cadrada, invertida, con volutas en follas de acanto. Cruz: latina, redonda, algo espiñenta. Anverso, Cristo crucificado, cabeza lixeiramente inclinada cara adiante. Reverso: Inmaculada. Altura: uns catro metros e medio.
Inscricións: non se observa na parte visible.
Conservación: boa, lamentablemente chantada entre as pedras do valo devandito. Tradición: a propia de cruceiros nos cruzamentos de camiños.
Propiedade: pública
3 situación: parroquia de Santeles, lugar de Renda, na paraxe nomeada de Condumiña.
Descrición: plataforma: catro chanzos cadrados. Pedestal: cúbico, arestas superiores biseladas con figuras. Lagartos no anverso e reverso, caveiras nos laterais e esquinas. Columna: redonda, "acanalada" comeza cadrada, cunha imaxe no lateral esquerdo. Capitel pequeno, cadrado con volutas. Cruz: latina, redonda, espiñenta. Anverso, Cristo crucificado, cabeza lixeiramente inclinada á dereita reverso; imaxe das Angustias. Altura: uns cinco metros.
Inscricións: ilexible na cara lateral esquerda do pedestal.
Conservación: mala. Na actualidade o seu estado de conservación é regular.
Tradición: é de tradición que houbo unha capela de fronte (hoxe casa) baixo a advocación de Santo Antón e algo máis arriba unha casa habitada por frades.
Propiedade: pública
4 situación: parroquia de Santeles, lugar de Renda, á beira da pista que cruza cara a igrexa, antigo cruzamento de camiños.
Descrición: plataforma: non se ve, aínda que segundo os veciños está soterrada. Pedestal: tamén soterrado, segundo parece.
Columna: octogonal: Capitel: tronco de pirámide cuadrangular invertida, en varios planos. Cruz: latina, sección cadrada, lisa, bordes rombos, sen figuras. Altura: uns dous metros.
Inscricións: din que a ten no pedestal, que se atopa soterrado.
Conservación: mala. Foi derrubado.
Tradición: lémbrano de sempre na actual situación, din que ao seu pé, no cruce de camiños, paraban cos cadáveres e pregaban por eles.
Propiedade: pública
5 situación: parroquia de Santeles, no adro da igrexa parroquial.
Descrición: plataforma: non ten. Pedestal: pequeno, redondo.
Columna, octogonal, comeza cadrada. Capitel: pirámide cuadrangular invertida en varios planos. Cruz: pequena: latina: redonda, lisa, sen imaxes. Altura: uns tres metros.
Conservación: boa
Propiedade: pública
LENDAS: as lendas desta parroquia son só as que dixeron correspondentes aos dous castros (Pearo e Renda). Os veciños non lembraban outras.
HISTORIA: dinos Jerónimo del Hoyo no ano 1607:
"San Juan de Santeles: Tiene esta feligresía de San Juan noventa feligreses. Los frutos son todos del retor que valdrán cien cargas de todo pan. Presentación de Álvaro Suárez, regidor que fue de Pontevedra. La fábrica tiene de renta veinte ferrados de centeno y seis de mijo y trece cabezas de vaca".
Catastro de Ensenada: este importante catastro do 1 747-50 dános datos moi interesantes da parroquia, que poden verse onde se fala del e, máis concretamente, na parte correspondente á xurisdición de Vea á que pertencía a freguesía.
Pascual Madoz: escribe no seu gran dicionario (1846-50)
"Santeles (San Juan). Feligresía de la parroquia de Pontevedra (6 leg.) partido judicial de Tabeirós, ayuntamiento de La Estrada diócesis de Santiago (3). Situada a la izquierda del río Liñares y cerca de su confluencia con el Ulla, reinan todos los vientos, el clima es sano. Tiene 400 casas en las aldeas de Beasque, Carricoba, Crujiera, Godoy, Touza, Patanín, Pearo, Renda, Ribeira, Santeles, Sas de abajo, Sas de arriba, Vilanova u Fondevila. La iglesia parroquial (San Juan) se halla servida por un cura de primer ascenso patronato laical. Confina con la parroquia de Cora al O. Y la de Santa Sristina de Bea al SO.
El terreno es de buena calidad. Produce: trigo, maiz, centeno, patatas, legumbres, hortaliza, vino, lino y frutas; hay ganado vacuno,mular, caballar y lanar y pesca de anguilas,truchas y otros peces. Industria: la agrícola molinos harineros y telares de lienzos caseros. En la aldea de renda se celebra el 15 de cada mes feria de ganado vacuno y frutos del pais y el 21 un mercado cuyo principal tráfico consiste en lino.
Población: 100 vecinos y 545 almas".
Nomenclator Arz. Santiago (1883): "Santeles (San Juan): Vea Pontevedra-Estrada-Marqués de Aranda 197 vecinos, 565 almas Estrada.
Personal: Louzao Álvarez D. José María Parr. 36 años, teol. 6 años. Fares Otero D. Pedro Pbro. 34 años. Teol. 7 años y Canon".
No censo do ano 1924 tiña 743 habitantes.
Álvarez Limeses recolle en 1936:
"Santeles (San Juan). Dista 48 kilómetros de Pontevedra y 8 de La Estrada y limita al N. con el río Ulla, al S. con Toedo, al E. con Paradela y Barbud y al O. con Cora y Vea (Santa Cristina).
Entidades: Arjones con 27 habitantes, Caricoa 65, Fondevila 57, Godoy 35, Pazo 10, Pearo 78, Penda 120, Ribeira 30, Santeles 44, Sar de Arriba 27, Traspedra 24, Vilanova 52 y diseminados 114 que hacen en conjunto 743 habitantes con sus dos escuelas unitarias.
Está situada a la parte alta del valle de Vea a la izquierda del Liñares y cerca de su confluencia con el Ulla. La bañan también los arroyos de Pina y Lagares y sus montes más importantes son el Traspedra y el Pedro, existe un castro en el lugar de la Torre.
No tiene carretera alguna y en ella hay 8 molinos harineros. El terreno es de buena calidad y produce cereales, legumbres, hortalizas, patatas y algún vino.
La iglesia es del siglo XIII con reformas posteriores y sus principales fiestas son las del Corpus, San Juan y Santa Bárbara".
IGREXA: a igrexa de San Xoán de Santeles é un bo exemplar de monumento románico da segunda metade do século XII a xulgar pola portada circular moi fermosa de arquivoltas semicirculares sobre columnas acodilladas nas xambas, estas son opinións de Ángel Castillo no seu "Inventario de la Riqueza Monumental y Artística de Galicia".
Ten planta basilical con bóveda de medio canón sobre imposta. Arco triunfal de medio punto e cuberta plana.
Nave con cuberta plana, consérvanse dúas saeteiras, unha en cada muro con derrame interior e baixo arco de medio punto.
Exterior: portada románica con dúas arquivoltas sobre dous pares de columnas acodilladas, chambrana decorada. Tímpano tamén decorado e con inscrición, mochetas liberadas. Sobre elas ventás rectangulares e espadana central de dobre van. Arco oxival tapado no lado norte. Fóra, laterais lisos con porta recercada de molduras planas acodadas. Sacristía acaroada ao muro norte.
"Donación del año 1114 en el que Gumersindo Cidiz dio a la catedral de Santiago "in Tabeirolos, quartam partem Eclesial S. Joannis de Santeles cum adjuntionionibus". Del periodo románico solo se conserva la fachada occidental." Bango Torviso p. 33, 42 e 45. Bango.
"La iglesia debe ser un buen ejemplar de monumento románico de la segunda mitad del siglo XII". Castillo.
En data non coñecida fíxose a cruz procesional que agacharon mentres durou a "francesada".
Fixo un copón para ela en 1813 Jacob Pecoul Montenegro Crespo. (Couselo Bouzas. Gal. Art.505).
No ano do Hortensia (1989) caeu a espadana encima do tellado, xunto coa estrutura de madeira. O teito e a tríbuna foron arranxados mediante a construción dunha placa.
O párroco actual é José Antonio Ortigueira Barros.
Inscricións campás: unha di: fue HECHA EL AÑO 1808 SIENDO CURA PÁRROCO D. JOSÉ BENITO CASAL.
Nos anos 90, construiuse un novo cemiterio entre o campo da festa e a igrexa. É un amplo cemiterio civilñ, froito do esforzo de todos/as os veciños/as e supuxo unha gran mellora para a parroquia.
Interesantes son os datos que nos refire Pedro Varela:
Dinos que no lugar de Renda (Torre Renda), "viene de que allí había una torre o fortaleza antigua, donde el señor feudal o sus apoderados cobraban la Renta (renda) foral... El río Ulla forma una notable profundidad, profundidad conocida por Pozo del Pego".
"En lo eclesiástico: Santeles es curato de entrada... antes presentaba D. Antonio Mosquera de Pontevedra, le siguió en la presentación D. Melchor Mosquera Pimentel quien cedió sus derechos al Colegio de los Jesuitas de la ciudad con todos los frutos; los jesuitas tenían vicarios al frente de la parroquia. Después de la desamortización y exclaustración el derecho de presentar pasó al Marques de Aranda.
La iglesia data de los siglos XII o XIII; en ella se han introducido reformas que la hicieron desmerecer el mérito que tuvo primitivamente, pues respondía a aquella arquitectura típica, románica, es el templo que nos ocupa parecido al de Frades... el antiguo presbiterio fue mandado reconstruir en la visita de 1636 siendo Cardenal D. Agustín Espinola; el mandato dice: Por cuanto se ha visto en la capilla mayor está en peligro de caerse debe repararla D. Antonio Mosquera Pimentel dentro de seis meses, pena de excomunión.
Y no haciéndolo mandó el rector Alonso de Leirado no acuda con las dos cargas de pan que paga de patronato al dicho D. Antonio y las tenga secuestradas en su poder con apercibimiento de que lo pagará de sus bienes". En la pared de este se ve un capitel introducido que procede del antiguo presbiterio y afecta la figura de un monstruo devorando al hombre; y en ese mismo capitel la divisa jesuítica (I.H.S.). El monstruo en su faena devoradora significa la muerte del pecado en la carne o el exterminio del pecado que radicaba en la materialidad de la carne redimida por la muerte de Cristo.
Sobre la puerta principal de la misma iglesia que da idea de la antigüedad hay una inscripción que dice "CULTO DIVINO, ESTA ES LA CASA DE DIOS Y PUERTA DEL CIELO, ge. cap 28. ENTRARE. ADORARE Y ALABARE SU SANTO NOMBRE P. Sal. 137". Sobre la puerta lateral del Norte se lee "SILENCIO-AÑO MDCCLXXIII".
Pertenece a la dicha iglesia una naveta de plata adquirida en 1698; un incensario y una cruz sistema barroco que ya existía en 1648 y tiene un grabado que dice "Angel Piedra", nombre del orfebre. Esta cruz para librarla de la rapiña durante la invasión francesa fue escondida al pie de un castaño corpulento que arraigaba en la finca "Val de Adruña", inmediata al iglesario. Este árbol hace unos 9 años que pereció de viejo". (Esto escríbeo Pedro Varela no ano 1923).
"Al introducir en la iglesia la capilla del Rosario apareció una lápida con las armas del célebre Suárez de Castro y era del sepulcro del cura D. Juan Suarez.
En Renda hubo una capilla hecha de limosnas, advocación de San Antonio: se cerró en 1884.
El retablo fue vendido para la iglesia de Lagartones por 125 pesetas, por el cura D. José María Louzao, la piedra fue empleada parte en la reforma de la iglesia y parte en la reforma del molino de Lagares. En un cobertizo que había al lado de la capilla que nos ocupa, se organizaban las milicias y fue modificado en 1857 por el bachiller D. Gregorio Codesido.
Desde dicha capilla a Eincián había dos hileras de robles seculares que formaban la famosa "carrera de Eicián"... los árboles fueron talados por José Barreiro Calvelo.
El cura de Santeles Bachiller D. Juan Suarez de Castro y Ulloa fundó en 1639 una misa cantada con dos vigilias y dos misas rezadas dotándolas con 7 ferrados de centeno cada año, que fueron redimidos en 1914".
PERSOAS SOBRANCEIRAS
Jesús Martínez Tarrío: heroe da Guerra de África, protagonizou varias heroicidades que lle valeron un multitudinario recibimento na Estrada no ano 1923. Ten publicado O Arca Caldas "Un estradense valente" (Tab. Terra nº VIII).
Manuel Penas Meilán (1904-1985), mestre desta parroquia durante 40 anos, é lembrado por catro xeracións de alumnos ("Mestres Estradenses que fixeron historia". Arca Caldas, O).
Francisco Rodríguez Rodríguez, clarinetista, músico de recoñecido prestixio e compositor, foi director da Banda de Música Municipal de Celanova, subdirector da Banda de Música Municipal de Santiago e ocupou cargos destacados na orquestra de cámara da catedral compostelá.
Olimpio Carríl Rodríguez, clarinetista e sobriño do anterior, foi director do Conservatorio de Música Profesional de Santiago, subdirector da Banda de Música Municipal de Santiago e membro desta formación profesional de música ata a súa xubilación a partir da que fixou a súa residencia nesta parroquia.
OUTROS DATOS: tamén nos di Pedro Varela: "En el campo de la feria que se celebraba en Renda hay un crucero con esta incripción: Esta obra la mandó hacer )uan Touceda y su mujer el año 1658". Otro crucero que hay cerca de la iglesia es de 1736. El crucero calvario de Santeles es de 1789 y fue hecho por Marcos de Andrade. En Eián tenían los Jesuitas una casa con oratorio que pasó cuando la exclaustración a poder del escribano D. José Fermín Campaña. Sobre las ruinas hizo otra casa D. Agustín Bueso de Pineda que hoy es de José Manuela Martínez.
En Pearo, sobre el muro en una finca que linda con el camino público hay una lápida curvada con el centro labrado en realce; se supone que fue de la sepultura de algún magnate y no falta quien diga que en la finca contigua estaba antiguamente el cementerio".
No lugar de Pearo está a casa dos Miranda cun fermoso escudo á esquerda da entrada a carón da fiestra; foi unha importante familia da que segundo Pedro Varela aínda quedan descendentes en San André de Vea emparentados "con el finado Luces Miranda de La Estrada", o escudo ten armas da inquisición e na actualidade é propiedade de Carme González Neira.
FESTAS: San Xoán (patrono) o día 24 de xuño, e o Santísimo o día seguinte. A Candelaria o día 2 de febreiro. Santa Bárbara o 29 de agosto, na actualidade celébrase o último venres e sábado do dito mes, e o Carme o 20 de agosto, actualmente celébrase o último venres dese mes.
FEIRAS: dinos Pedro Varela "En Renda se celebraba un mercado, especialmente para lino, los días 21 de cada mes y una feria los días quince. El Ayuntamiento el día 22 de setiembre de 1855 acordó suprimir tal feria fundándose en que era incómoda debido a estar entre los ríos Ulla y Viso (Liñares). El 26 de noviembre de 1879 se acordó que la feria se celebrase el 21 de cada mes, debido a esos acuerdos que tendían a la supresión para favorecer otra feria creada en La Estrada en 1877, fue perdiendo mucho la de Renda, hasta que murió".
Outros datos que nos dá Pedro Varela: "Se dice que en el monte de la Devesa, próximo a Renda se hicieron unas escavaciones ha cerca de 80 años y se encontraron sepulcros de piedra labrada atribuídos a los romanos llevándolos después Benito Baltar para Cruxeiras.
Los de Santeles, por tradición, salían en gran número la mañana de San Juan a "buscar sol", al punto de Monte da Cova, donde se reunían con los de Trove y San Pedro de Sarandón en broma y alegría.
D. Fermín Campaña, escribano de número, vecino de Eicián, sostuvo un pleito ruidoso con los vecinos de Vea, sobre reclamación de varios objetos entre ellos algunos cañones quedados de la guerra con los franceses; la reclamación no prosperó.
También fue de Santeles el escribano D. Lázaro de Noya; escribano por la jurisdicción de Vea y cuéntase que en alguna ocasión pasó por allí el capitán D. Nazario Castro de Egía, quien sintiéndose molesto porque no salieron a recibirle las autoridades locales, llamó al alcalde, Alonso Baloira de Santa Cristina el cual compareció con su traje de "leiras" y sin saber que exponer. Ante la rudeza de aquel paisano el General declinó sus iras y supiéndolo culpable de la desatención referida al cacique local o persona que
por sus títulos o cultura no tenían disculpa mandó comparecer al D. Lázaro Noya, presentándose este último luciendo unas hermosas y rubias patillas en las que se vengó el capitán general ordenando a un barbero la rasura en seco; mandó exhibir al rasurado por la vía pública con un pregonero y después de obligarle a pagar una onza de oro al rasurador lo dejó en libertad".
Lugar de Renda; tamén chamado Torre Renda a torre desapareceu.
INDUSTRIA: os muíños, a maioría xa desfeitos, están eles no Liñares, sendo os seguintes empezando na súa desemboadura do Ulla:
O muíño de Louzao, que aínda funciona. Muíño de Pereiras, muíño da Veiga (xa onda a ponte vella), muíño de Veiga de Baixo, muíño da Veiga de Riba, muíño da Laxe e muíño do Inferniño.
En canto ás empresas, dedícanse a: fabricación de estruturas, recollida de leite e reparto depensos. Tamén hai un garaxe de camións e un serradoiro.
COMERCIO: existe unha taberna.
ENSINO: os escolares van ao CEIP de Figueroa.
CENTRO SOCIAL: hai unha escola ampla, a carón do campo da festa pero ten problemas de abastecemento de auga.
DEPORTES: pódese practicar a caza menor nos montes da parroquia, mais un deporte importante nela é o da pesca nos ríos Liñares e Ulla, troitas, escalos, anguías e no Ulla a pesca do príncipe do río -o salmón-, son moitos os salmóns que saen dos coutos salmoneiros do Ulla e tamén onde non son coutos de pesca, como é Santeles. Un home sobranceiro deste deporte que coñece o río mellor ca ninguén é Xesús Carbia (Louzao) do lugar de Ribeira. Teñen un campo de fútbol, a carón do campo da festa.
SANIDADE, ECONOMÍA, VIVENDA, etc.: neste senso os de Santeles melloraron moito e teñen un teito económico bo, parecido ao das parroquias ribeireñas do Ulla, a sanidade téñena preto, na vila polo médico da zona e mais o Ambulatorio, teñen en xeral servizos como auga e luz eléctrica así como iluminación pública.
Construíronse moitas casas novas, algunhas das cales son propiedade de residentes na Estrada, debido á proximidade das dúas poboacións.
Fíxose un bo cemiterio civil, dos poucos que ten A Estrada, hai 20 anos, e atópase en moi bo estado, con boas instalacións e planificación.
O campo da festa, situado na aldea de Sar de Abaixo, foi asfaltado e nel hai bancos e árbores, ademais dun bo palco. O palco histórico data de 1932 e foi sufragado pola xuventude da parroquia en Bos Aires.
OUTROS DATOS: segundo Sanmartín Sobrino Santeles chamouse antes San Tellez.
TOPONIMIA MENOR: recollemos algúns topónimos que sobresaen: O muíño da Laxe, polas grandes laxes que alí se ven, O Pozo do Pego no río Ulla onde leva moito fondo e se pescan moitos, o monte dos Castros, A Cruz, e outros importantes como é a devesa do Rei, que sen dúbida foi unha plantación real aínda que non se encontran marcos con R.
PLANTÍOS REAIS: en Santeles aparece: "Dehesa Real una llamada de Catadoiro e da Cruz da Renda, lugar de Renda y Thorre (sic) cabida quarenta y seis ferrados.
Outra nombrada Dehesa de S.M. en la aldea de Pearo y cavida doce ferrados.
Vivero, uno nombrado do Catadoiro cabida quatro ferrados en términos de la aldea de Renda y Torre".
RURALCENTRO: o proxecto "aestradadixital" instalou un ruralcentro en Godoi (escolas), onde se dá acceso libre e gratuíto a Internet.
* A Estrada rural.1990 Ed.. 2007.

Santeles*
Pedro Varela
Sobre Vea, polo leste, está a parroquia de Santeles, que consta de 135 cabezas de familia e 794 habitantes; dista da Estrada uns sete quilómetros por termo medio.
A freguesía é unha das más antigas do país. «Quen pola aba do Xesteiras baixe ao val de Vea, divisará esta parroquia no confín do río Ulla como unha mancha indecisa, no extremo norte do mesmo val». De aí se supón que vén o nome de Santeles, palabra composta de San e Teles, grego, que significa “lonxe”. Dáse ademais a circunstancia de que, desde Santeles se ven, en varias direccións, unha grande extensión de terreo e distintos lugares; e, por conseguinte, tamén desde moitos puntos afastados se divisa Santeles, como sucede con Santiago, Luou, Monte Pedroso, Monte Bacelo, o da Madanela en Carbia e Arzúa.
Compoñen a parroquia os lugares de Vilanova, Traspedra, Torre de Renda, Renda, Carricova, Sinde, Cruxeira, Fondevila, Viasque, Touza, Godoi, Ribeira dos Tatos, Santeles de Abaixo, Sar de Abaixo, Sar de Arriba, O Pazo, Arxóns, Pearo e Eicián.
Torre de Renda vén de que alí había unha torre ou fortaleza antiga, onde o señor feudal ou os seus apoderados cobraban a renda foral. Renda, “sitio ou terreo de renda, aforado antigamente”. Carricova: case-cova; pois está nun punto de depresión, laberíntico, vello, de mala figura. Cruxeira, de curuxa, ave nocturna que debeu abundar por alí na antigüidade.Fondevila, fondo da vila. Touza é chousa, é dicir, “monte pechado con matogueira”. De Godoi só sabemos, polo Padre Gándara, que é un apelido ilustre de Galiza. Sar din que vén do celta saa, “vello” ou tamén que pode significar “correr, xeralmente a auga”. O grande filólogo Sr. Amor Ruibal xulga que os nomes de aldeas Sa e Saa, poden moi facilmente seren expresión do culto céltico. Pazos,”casas suntuosas, de nobres”. Arxóns, aumentativo de argas, grego, que significa, “húmido”. Eician, latín, que significa “heime aquí”.
Lindeiros: norte, río Ulla, separando da provincia da Coruña; sur, Toedo e Baloira; leste, Paradela, Aguións e arroio de Pina; oeste, Santa Cristina de Vea e Cora.
Vías de comunicación: camiños de carreteiros, antigos e malos. Foi aprobado polo Estado o proxecto dun camiño que, partindo da vía da Estrada a Santiago, en Toedo, termina fronte á igrexa parroquial. Hai tamén a ponte de Lagares entre Touza e a Igrexa, e unha barca sobre o Ulla, propiedade de D. Evaristo Martelo, marqués de Armeira. Houbo un camiño real antigo desde a ponte de Sarandón por Godoi, Carricova, Renda, cara Baloira.
O río Ulla, segundo xa se sinalou, pasa polo límite norte desta parroquia; por ela corre tamén o Liñares, e neste desemboca o arroio de Pina, que nace en Matalobos e tamén baña a freguesía. O río Ulla, acada, fronte á parroquia que nos ocupa, unha notábel profundidade, coñecida por Pozo do Pego.
O 14 de xuño de 1856 fundouse a escola de Santeles; hoxe é mixta, atendida por unha mestra. O Ministerio de Instrución aprobou o expediente para crear outra escola de nenos.
Teñen aqueles labradores unha Sociedade agrícola con seguro de gandos; que funciona en local propio, construído a expensas dos veciños.
No eclesiástico: Santeles é curato de entrada. Ten un cura e por patrón San Xoán. Antes presentaba D. Antonio Mosquera de Pontevedra; seguiuno na presentación D. Melchor Mosquera Pimentel, quen cedeu o seu dereito, con todos os froitos, ao colexio de xesuítas da devandita cidade: os xesuítas tiñan vicarios á fronte da parroquia. Despois da desamortización e exclaustración o dereito de presentar pasou ao marqués de Aranda. A igrexa data dos séculos XII ou XIII; nela introducíronse reformas que a fixeron desmerecer na valía que tivo primitivamente, pois respondía a aquela arquitectura típica de cando a arte románica, nacida da influencia bizantina sobre o latino occidental iniciado na nosa rexión pola décima centuria, chega ao seu esplendor, co arco de canón seguido e a bóveda esférica con que se cobren espazos cadrados, chamada de cruceiro. É o templo que nos ocupa parecido ao de Frades, típico, dos máis antigos de Galiza, dunha soa nave e un só altar; ten dúas fiestras angostas para axexar, vixiar e servir de seteiras. Recibiuse orde de reconstruír o antigo presbiterio en visita de 1636, sendo cardeal D. Agustín Espinola. O mandamento di: «Por canto se viu que a capela maior está en perigo de caer, debe reparala D. Antonio Mosquera Pimentel dentro de seis meses, pena de excomuñón. E se non o fixer, mando ao reitor Alonso de Leirado que non acuda coas dúas cargas de pan que paga de padroado ao devandito D. Antonio e que as teña retidas no seu poder coa advertencia de que o pagará dos seus bens». Na parede do leste vese un capitel que procede do antigo presbiterio e que semella a figura dun monstro devorando un home; nese mesmo capitel aparece a divisa xesuítica «j h s» — jesus homine salvatum —. O monstro, na súa angueira devoradora, significa «a morte do pecado na carne ou o exterminio do pecado que radicaba na materialidade da carne, redimida pola morte de Cristo» (“San Paulo aos romanos”, capítulo 6.° da Sagrada Escritura) Hai outra pasaxe, versículo 3.° cap.° 8.° «Matou Deus o pecado na carne ao enviar o seu fillo feito carne».
Sobre a porta principal da mesma igrexa, o que dá idea da súa antigüidade, hai unha inscrición que di: «Culto divino: esta es la Casa de Dios y puerta del Cielo —Gén. cap. 2. Entraré. Confesaré. Adoraré y encomiaré tu Santo Nome. P. Sal. 137». Sobre a porta lateral do norte, lese: «Silencio—Año DCCLXXI1I». Pertencen a esta igrexa unha notábel naveta de prata adquirida en 1698; un incensario e unha cruz de estilo barroco que xa existía en 1648 e que ten un gravado que di: «Ángel Piedra», nome do orfebre. Para librar da rapina esta cruz, durante a invasión francesa, foi agachada ao pé dun castiñeiro corpulento que existía na quinta Val da Anduriña, inmediata á reitoral. Hai uns nove anos que esa árbore pereceu de vella.
Ao introducir na igrexa a capela do Rosario, apareceu unha lápida coas armas do célebre Suárez de Castro, e era do sepulcro do cura D. Juan Suárez.
En Renda houbo unha capela feita de esmola, advocación de San Antonio. Pechouse en 1884. O retablo foi vendido para a igrexa de Lagartóns, en 125 pesetas, polo cura D. José María Louzao; a pedra empregouse, parte na reforma da igrexa e parte na presa do muíño de Lagares. Nun cuberto que había á beira da capela, organizábanse as milicias. Foi modificado en 1857 polo bacharel D. Gregorio Codesido. Desde esta capela a Eicián había dúas fileiras de carballos seculares, que formaban a famosa «Carreira de Eicián», cuxa denominación aínda existe alí. Esas árbores cortounas José Barreiro Calvelo.
O cura de Santeles, bacharel D. Juan Suárez de Castro y Ulloa, fundou en 1639 unha misa cantada con dúas vixilias e dúas misas rezadas, dotándoas con sete ferrados de centeo cada ano, que foron redimidos en 1914.
No campo da feira que se celebraba en Renda, hai un cruceiro de pedra con esta inscrición: «Esta obra la mandó hacer Juan Touceda y su mujer el año 1658». Outro cruceiro que hai preto da igrexa é do 1736. O cruceiro Calvario de Santeles é de 1789 e foi feito por Marcos de Andrade.
Festas anuais: San Xoán, o 24 de xuño; Corpus, o día seguinte; o domingo seguinte, Santa Bárbara; San Sebastián, o 20 de xaneiro; a Candelaria, o dous de febreiro; e o Carme, o 16 de xullo.
Outras particularidades: Santeles é abundante en arboredo, especialmente para leña, e poderíano exportar en grande cantidade aqueles labregos se tivesen boas vías de comunicación.
En Eicián tiñan os xesuítas unha casa con oratorio, que pasou a poder do escribán D. José Fermín Campaña, cando foi a exclaustración. Sobre as ruínas fixo outra casa D. Agustín Bueso de Pineda, que hoxe é de José e Manuela Martínez.
En Pearo, sobre o muro dunha leira que linda co camiño público, hai unha lápida curvada cun cetro labrado en realce. Suponse que foi da sepultura dalgunha persoa importante, e non falta quen diga que na finca contigua estaba antigamente o cemiterio.
No mesmo lugar, na casa que hoxe é de José González, aínda está o escudo dos Miranda, familia distinguida do país, da que existen descendentes en Santo André de Vea, emparentados co finado Luces Miranda da Estrada.
En Renda celebrábase un mercado, especialmente para liño, os días 21 de cada mes e unha feira o 15. O Concello, en sesión de 22 de setembro de 1855, acordou suprimir a feira fundándose en que era incómoda debido a estar entre os ríos Ulla e Viso. Malia ese acordo, a feira continuou. O 26 de novembro de 1879 acordouse que se celebrase o 21 de cada mes. Debido a eses cambios, que realmente pretendían a supresión da feira para favorecer outra creada na Estrada en 1877, foi perdendo moito a de Renda, até que morreu.
No lugar da Torre hai un castro antiquísimo, propiedade de D. Gerardo Rodríguez del Corral. Entre Arxóns e Pearo existe outro castro más pequeno que parece que tivo por obxecto a defensa do paso do río Ulla. No primeiro deles refuxiáronse os veciños canda a invasión francesa, facéndose fortes alí, aínda que finalmente non foron atacados. Tamén en tempos da guerra da Independencia, mandou a autoridade destruír os poios da barca de Ribeira e mais as propias barcas, para que os soldados de Napoleón carecesen de medios con que cruzar o río; un deses artefactos pertencía a Antonio Carbia Lorenzo.
Dise que no monte da Devesa, próximo a Renda, se fixeron unhas escavacións hai cousa de 80 anos e que se atoparon sepulcros de pedra labrada atribuídos aos romanos. Despois levounos Benito Baltar para Cruxeiras.
Os de Santeles, por tradición, saían en grande número a mañá de San Xoán para buscar o sol ao lugar de Monte da Cova, onde se reunían cos de Trobe e San Pedro de Sarandón nun ambiente de broma e alegría. Ese costume decreceu moito.
D. Fermín Campaña, escribán de número, veciño de Eicián, sostivo un preito ruidoso co clero de Vea, sobre reclamación de varios efectos, entre eles algúns canóns que quedaran da guerra cos franceses; a reclamación non prosperou.
Tamén foi de Santeles D. Lázaro de Noya, escribán pola xurisdición de Vea. Cóntase que nunha ocasión pasou por alí o capitán xeneral D. Nazario Casa de Egia, que se sentiu molesto porque non saíron a recibirlo as autoridades locais; entón chamou ao alcalde, Alonso Baloira, de Santa Cristina, que compareceu coa roupa de andar nas veigas e sen saber que dicir. Perante a rudeza daquel paisano, o xeneral declinou a súa ira e, supoñendo culpábel da desatención ao cacique local, como persoa que polos seus títulos e cultura non tiña desculpa, mandou comparecer a D. Lázaro de Noya. Presentouse este lucindo unhas fermosas e louras patillas, nas que se vingou o capitán xeneral ordenando a un barbeiro que as afeitase en seco. Mandou exhibir o rasurado pola vía pública cun pregoeiro e, despois de obrigalo a pagar unha onza de ouro ao barbeiro, deixouno en liberdade.
* A Estrada, 1923. Ed. 2017