A derradeira lección do mestre: Documental sobre a represión na Estrada
Proxección de "A derradeira lección do mestre" e homenaxe aos mestres vítimas da represión franquista na Estrada
Sábado 24 de marzo de 2007, na Estrada, ás 20 h. no Teatro Principal, homenaxeou aos mestres represaliados e proxección de"A Derradeira lección do mestre". É a historia dunha neutralidade imposible, da tensión provocada por querer encarcerar o ensino dentro das aulas, de costas á vida.
A través da escola dunha parroquia, dos seus mestres, dos amigos e dos inimigos destes mestres, é posible reconstruír o movemento circular do mundo enteiro. Rubín é Asturias, Guernica, Estalingrado, Moscova, París... e non deixa de ser Rubín.
Manuel García Barros en 1939 chega a conclusión de que o mundo vai ser fascista e trata de conservar a Kant e aos libre pensadores enciclopedistas franceses para que se libren da fogueira da inquisición. En 1942, xa se decata de que están a salvo e que a súa responsabilidade co mundo enteiro pasa por non esquecerse daquelo que ten diante súa, a cultura e o idioma galego, que un réxime etnocida pretende exterminar. A resistencia cultural é resistencia política.
Fermín Bouza Brey tratará de poñer xustiza nun universo rexido pola lei do mais forte. Mais tamén era poeta e sabía que a palabra/lei/razón é a única táboa de salvación que teñen os náufragos da travesía democrática do 31. Nicolás Mato Varela, crego, estaba en posición de salvar almas... mais tamén a historia colocouno de tal xeito que na súa man estaba salvar corpos. Aqueles que mataban en nome de Deus atoparían con el. Sorprendidos que un crego se puxera do lado dos axentes moscovitas, Nicolás respondía, onde vai situarse un crego senón a favor dos seus fregueses?
Ao fin, todos parten da súa situación para obrar, e quen asume isto é responsable dos seus actos e actúa en consecuencia. E quen se deslocaliza e descorporiza para eludir a culpabilidade dos seus crimes, enfundados en camisas azuis, trasladan aos seus traxes a autoría e déixanse levar pola engrenaxe dunha máquina de matar que tanto os coloca enriba do aparato de poder como os esmaga na marcha mecánica e irrefreable das rodas metálicas dos seus instintos.

php.Element.Def.Pdf_Fallback
A derradeira lección do mestre | |
File Size: | 12218 kb |
File Type: |