Liripio*
Clara Iglesias Cortizo
- LIRIPIO: parece un topónimo prerromano. Na documentación medieval aparece como Leripio. Este lexema seguramente ten relación co de Lérez e Lerce; a raíz *ler é un hidrónimo prerromano. Aínda nas nosas cantigas medievais o substantivo ler ou lez significa “grande extensión de auga, mar”. Pola parroquia de Liripio discorre o río Umia, que lle fai de linde polo norte coa súa veciña de Ribela. A terminación -ipio é infrecuente e de difícil interpretación.
- CABANELAS: diminutivo de cabana, formado co sufixo –ela. A palabra cabana procede do latín vulgar CAPPANAM; e seguramente esta palabra chegou ao latín tardío dende o celta, segundo se pode deducir das súas correspondencias nas linguas actuais da familia celta, como a voz galesa cab e a irlandesa cábán, ambas as dúas co significado de “cabana”. En canto ao significado do topónimo, parece seguro que máis que a un lugar para habitaren as persoas, Cabanelas fai alusión a unha pequena construción para gardar útiles de labranza.
- A CANDA: trátase dun topónimo prerromano, probabelmente de procedencia celta con referencia á cor branca dalgún accidente natural do lugar, que pode ser unha rocha ou a coloración do chan. Así, dunha base *cand/*cant, que primeiro significaría “rocha, pedra”, despois “rocha branca” e por último “cor branca”, saíu o topónimo A Canda. Este lexema prerromano *cand/*cant pasaría á voz latina CANDERE, “branquexar, dar luz, brillar”, de onde virían vocábulos como os de candil, candea , trigo candeal (trigo que dá unha fariña moi branca)
- CARBALLO: é un nome de orixe prerromana, estendido polo noroeste peninsular (en asturiano e leonés sería carvayo ou carbajo). A palabra latina correspondente para designar esta árbore, ROBUREM, aínda que chegou a deixar restos na toponimia, como Reboredo ou Reboreda, sucumbiu fronte á vitalidade do nome autóctono. O lexema kar- (que aparece en bastantes topónimos, como é o caso de Carnota) tiña o significado de “pedra”. De aí deriva a denominación desta árbore que se caracteriza pola dureza e pola consistencia.
- A IGREXA: o topónimo é ben claro ao respecto do seu significado. Procede do latín ECCLESIAM, “asamblea”; e este, do grego ekklesia.
- QUINTEIRO DE ARCA: trátase dun topónimo formado por dous elementos. En canto ao segundo deles, Arca, xa foi comentado no capítulo dedicado á parroquia que ten ese mesmo nome; unicamente queremos lembrar que, cando a palabra Arca aparece na toponimia, hai que supoñer que nalgún tempo existiu alí (ou aínda existe) algún resto megalítico, como un dolmen ou unha mámoa. En canto ao vocábulo Quinteiro, é derivado de quinta, palabra que aparece como topónimo en varias ocasións no concello da Estrada e que procede do latín QUINTANAM, derivado á súa vez do numeral QUINTUS –A –UM. Este étimo latino xerou na toponimia galega un grande número de resultados: Quintas, Quinteiro, Quintana, Quintá, Quintás, Quintán, Quintáns, Quinto, Quintela, Quintín, Quinteira, Quintiáns, Quintario, Quintairos, Quintiá… en varios centos de ocorrencias na toponimia maior e na microtoponimia. O seu significado tanto pode ser “propiedade rústica con casa e terreos de cultivo”, como “conxunto de varias casas que forman un grupo separado dentro dunha aldea”. En todo caso, orixinalmente tiña que ver coa idea de 1/5, é dicir, a quinta parte dun terreo agrícola ou da colleita que os arrendatarios pagaban ao propietario dunha superficie.
- XESTÁS: é o plural de xestal, tal e como corresponde coa forma tradicional da maior parte do territorio galego (xestal>xestás, animal>animás). Este tipo de plural practicamente desapareceu da fala viva, substituído polo castelanismo en –ales (xestal>xestales, animal>animales). A norma actual escolleu a forma en –is (xestais, animais), inicialmente orixinaria dunha área moi restrinxida, na parte máis oriental do dominio lingüístico galego; pero plenamente aceptada sen discusión na lingua estándar. A palabra xestal deriva de xesta (do latín vulgar GENESTAM) coa adición do sufixo locativo e abundancial –al, é dicir, “lugar abundante en xestas”.
Os nomes da Estrada; ed. Fervenza, 2018
Liripio (San Xoán)
Manuel Reimóndez Portela
É parroquia coñecida con este nome desde que ten recordo dela na historia.
Pertence á zona chamada da Montaña, que ocupa coas súas compañeiras Codeseda Ribela, Arca, Souto e Sabucedo.
LINDES: linda polo norte coa parroquia de Ribela, na parte do nacente separada polo río Umia, polo sur con Tomonde de Cerdedo, polo leste coa parroquia de Quintillán de Forcarei e polo oeste coa de Codeseda e Sabucedo.
Por razón alfabética do seu nome correspóndelle o número 17 con 560 hectáreas de superficie. Ten 173 habitantes de feito. Na actualidade a cifra de habitantes é de 98, e ademais componse dos seguintes lugares:

O lugar de Cabanelas ten unha capela (a de Santa Lucía) dotada dun cemiterio propio. Tamén teñen o seu propio alcalde pedáneo.
COMUNICACIÓNS: esta parroquia situada no linde sueste do concello nunha zona verdadeiramente montañosa estivo sempre moi mal comunicada, chegábase a ela só por malos camiños desde Codeseda, Ribela ou Quintillán de Forcarei.
Hoxe a Liripio chega unha pista en estado regular, todo iso debido a que aínda non fixeron a concentración parcelaria, que achega a gran vantaxe das comunicacións, entre outras. Na actualidade a concentración parcelaña está pendente de ser rematada.
Son moitas aínda as corredoiras e os camiños polos que teñen que comunicarse os veciños da parroquia coa ampla cantidade de monte que teñen, se exceptuamos Cabanelas, alá no sueste da parroquia, situada moi distante dos outros lugares que quedan ao norte; entre estes e aquel é todo terreo a monte.
Atópase comunicada, fundamentalmente, por dúas estradas:
Estrada PO-841 Santiago-Vilapouca; ao pasar por Portela percorre tres quilómetros ata chegar a Liripio. Está en bo estado de uso.
Importante é tamén a pista que pasa por Ribela, por Pumares e chega a Liripio. Tamén está en bo uso e ben asfaltada.
Aparte tamén se abriu unha pista de gran servizo para a parroquia, a que vai de Xestas á Graña de Cabanelas (Forcarei), aínda pendente de asfaltar.
Camiño Real: sen que houbese un chamado camiño real, si existía e aínda o hai, un camiño principal que viña desde Quintillán (Forcarei) ata Liripio e desde aquí collía cara a Codeseda pola Grela. Este foi camiño principal na parroquia. De Quintillán a Liripio aínda está aberto, e fixéronse cortalumes polo seu trazado.
HIDROGRAFÍA: o principal río é o Umia, que lle fai de linde polo norte coa súa veciña de Ribela, os demais son regueiros ou pequenos regatos, o principal é o chamado río de Esqueiro, que nace ao leste de Xestas e vai verter as súas augas ao Umia na paraxe do Inferniño e o pozo do Urzal. Algún regato coma o de Arbita son máis ben pequenas presas de auga. Hai elaborado un interesante proxecto para levar a auga potable dende a Graña de Cabanelas á estrada, abastecendo as moitas parroquias polas que pasa.
OROGRAFÍA: dende os lindeiros co río Umia o terreo sobe a chupe ata os lugares de Liripio facéndose alí máis chan aínda que sempre vai subindo cara ao sur da parroquia e máis ao leste, sendo os principais cumes o da Cima da Rega con 662 metros de altitude, séguenlle o da Baiuca con 755 metros e o chamado Outeiro Grande con 777 metros de altitude, preto de Cabanelas.
PONTES: a ponte do río Esqueiro, no lugar de Igrexa, ponte de Xestas, que atravesa tamén o río Esqueiro. E a ponte de Ribela, sobre o río Umia, que une Ribela e Liripio.
FONTES PÚBLICAS: teñen a Fonte na pontella do río, a fonte de Penelas (con fama de ser a de mellor auga) a fonte do Inferniño (nome da paraxe onde se atopa), onde a auga deixa as pedras brancas, coidando que puidesen ser augas minerais, a fonte da Igrexa e a fonte dos Castiñeiros.
Aínda que a fonte de maior renome é a chamada fonte de San Xoán, tamén preto da igrexa onde se colle a auga para lavarlle os pés ao San Xoán e mais para sandar certas doenzas como diremos nas lendas.
PAISAXES: son paisaxes de montaña. Desde a cima dos seus montes esténdese o verdor cara aos vales de Codeseda ou Ribela, cara a terras de Entrecastrelos ou da mesma vila da Estrada estes cumes favorécenlle á parroquia para ofrecernos toda a beleza da nosa terra chea de recantos e espazos ben fermosos. Moi fermosas son tamén dúas fervenzas no regueiro de Esqueiro, xa moi preto do Umia cunha paisaxe de montes e salvaxe.
PEDRAS: sen dúbida as máis rechamantes pedras desta parroquia son as que se atopan no río Umia na paraxe chamada pozo do Urzal, onde desemboca o regueiro do Esqueiro, xa que se lle atribúe unha fermosa lenda que lles daremos a coñecer axiña.
Outra pedra con rechamante nome é A Laxe, tamén preto do Umia, trátase dunha gran laxe que sempre nos lembra situacións ou lendas, e a pedra Madanela ou as Pedriñas, moi coñecidas polos veciños.
Entre as pedras, por mala sorte desaparecidas nesta parroquia, están os cruceiros. Houbo na parroquia cinco cruces e cruceiros, un xunto da igrexa, outro no lugar de Canda, outro no Quinteiro de Arca, outro na paraxe chamada Das Fontes, cara a Cabanelas e unha cruz de pedra na cerrada da Graña.
LENDAS: é rechamante a chamada fonte do San Xoán, preto da igrexa. Alí ían coller auga (e aínda van ás veces) algúns veciños da parroquia ou de máis lonxe para levala á casa e quitarlle o asombramento aos nenos.
Teñen por tanto a sona de seren augas do santo, milagreiras, por algo os veciños cren que nacen debaixo da igrexa e polo tanto do santo.
Aínda é costume, que vén desde hai moitos anos, o lavarlle os pés a San Xoán cando se quere que chova, mais esta operación ten que facela unha man inocente, para iso escollen un neno pequeno que é quen recolle a auga e mais quen lle lava os pés ao santo. Aínda este mesmo verán pasado fixeron isto (unha nena de alí veciña)... e sempre remata chovendo. Entón, como pode verse trátase dunha realidade e en parte dunha verdadeira lenda.
Mais a verdadeira e fermosa lenda é a que nos fala da orixe das campás de Liripio, quizais as máis famosas campás de todo o concello.
No río Umia, onde desauga o río, (en realidade regueiro) do Esgueiro, onde lle chaman o Inferniño, e, máis concretamente no chamado pozo de Uzal, existen unhas pedras (sobre todo tres) cunhas formas entrantes na pedra e enrugadas ou con pequenos regos tendo a forma da metade dunha campá cada unha delas. Pois de aí precisamente a forma da metade dunha campá de cada unha delas.
Esas pedras escavadas son por elo da maior importancia neste asunto, xa que por tradición se cre que estas campás teñen a virtude de desfavorecer as tronadas ou, cando menos, arredalas das terras desta parroquia, de aquí o dito popular, sabido en toda a redonda.
Campaniñas de Liripio Cando empezas a tocar Nin que foras un feitizo Vai a tronada pro mar.
Tívose, e aínda se ten en ocasións, o costume de ir tocar as campás fortemente en canto aparece a tronada e son moitos os veciños que se aseguran que se vai...¿quen o pode discutir?
Estas campás reseñounas Castelao na súa "Carta aos estradenses", escrita en Bos Aires, e onde desexa que toquen as campás de Liripio para a unión de todos os estradenses e galegos (en "Manuel García Barros. Loitando sempre", X. C. Garrido).
Outra lenda nesta parroquia é a que lle asignan a onde lle chaman a "Eira dos mouros"... é ben sabido que o topónimo Eira dos Mouros significa que non medra a herba xa que alí houbo unha batalla... non sabe quen combateu mais, coidan que foi dos veciños contra os mouros, e foi tanto o sangue que se verteu que por iso non medra xamais a herba. Parecida lenda tena o monte Molide, linde entre Berres e San Pedro de Ancorados.
Un topónimo digno de sinalar é onde lle chaman "A porta do Crego" ou "O portelo do Crelo"... pois ben, alí segundo se recolle dos vellos da parroquia, había un portelo que daba a un agro e viña sendo camiño obrigado para pasar cos cadáveres cara ao camposanto. Non era paso cotián, ninguén pasaba por alí, ían dar a volta, e os veciños sementaban os seus froitos, millo, trigo, o que fose.
Se neste medio tempo morría alguén daquel lugar levábano por este portelo, que tiña un cancelo e atravesaban as leiras, estivesen como estivesen os froitos, que quedaban tripados, ninguén se opoñía e era o cura da parroquia o que tiña o privilexio de abrir o portelo, que se volvía a pechar en canto pasaba a xente co cadáver.
E seguen as lendas:
Tamén na eira dos mouros, igual que en tantos outros castros, lembran os veciños da lenda da trabe de ouro e a de alcatrán, coma sempre alí está soterrado o tesouro, trátase dunha gran trabe de ouro e a de alcatrán, os veciños non se atreven a cavar en busca do tesouro polo medo a atoparse coa de alcatrán e morreren queimados.
Outra: na Rega da serra apareceu unha tenda arraiada cunha fermosa moza e tiña moitísimas cousiñas de ouro, e de tendeira unha fermosísima moza. outra moza da aldea atopouna e cando a tendeira lle preguntou que cousa daquelas quería díxolle que unhas tesouriñas de ouro... pois tómaas para cortarche a lingua. Foi porque non lle dixo unhas palabras para desencantala.
Na fonte pequena: o día de San Xoán á saída do sol aparecía unha galiña con pitos de ouro.
HISTORIA: recolle Jerónimo del Hoyo no ano 1607:
"San Juan de Liripio (cabeza):
En esta feligresía de San Juan hoy treinta feligreses. Los frutos son todos del rector, que valdrán con los del anexo de San Lorengo de Sabucedo, quarenta cargas de todo pan. Presentación del cabildo de Santiago y de su tenenciero de Codeseda. La fábrica tiene de renta un celemin de pan".
Catastro de Ensenada: polo interrogatorio do Catastro do Marqués de la Ensenada atópanse moitos datos de interese desta parroquia recollidos entre os anos 1 747-1 750. Remitíndoo para a súa lectura ao capítulo xeral dedicado a el onde fala das parroquias do couto de Codeseda (ou sexa Codeseda, Liripio e Sabucedo).
Nós atopamos datos da parroquia no "Diccionario Geográfico. Estadístico, histórico de España y sus posesiones de Ultramar del año 1850" de Madoz. É a única parroquia do concello que nós atopamos.
Nomenclátor del arzobispado de Santiago: (1883) por ser filial de Ribela atópanse os datos cos desta parroquia.
No censo do ano 1924 tiña 383 habitantes.
Álvarez Limeses no ano, 1936 dinos:
"Liripio (San Juan). Dista 52 kilómetros de Pontevedra y 12 de la Estrada y limita: N. con Rivela, S. con Sabucedo de la que es anexo,
E. con Quintillán en Forcarei, y al O. con Codeseda.
Entidades: Cabanelas con 143 habitantes, Canda 57, Carballo 39, Gestas 29, Iglesia 46, y Quinteiro de arca 88. En suma 393 habitantes sin ninguna escuela para ellos. El terreno es de mala calidad."
IGREXA: "Non ten gran renome esta igrexa que máis ben é pequena e de construción moderna pois data do século XVII, e o seu estado de conservación é nada máis que regular. Fixo o coro e a sacristía en 1660 Domingo de Fondos.
Ten tres retablos, non de moito valor, modernos tamén.
Non ten esta parroquia casa rectoral".
Segundo X Sanmartín, Domingo de Fondós era mestre de canteiros de Castro de Cercedo. Esta parroquia é anexo de Ribela.
Inscricións das campás da igrexa:
Campá grande de bronce: ME HIZO JOSÉ LISTE. AÑO 1890.0"92m.diámetro.
Campá pequena: de bronce, ME HIZO JOSÉ LISTE AÑO 1841.0^60 m.diámetro.
Nos últimos anos procedeuse á reforma do altar da capela lateral. Tamén lle puxeron plaqueta no piso e reconstruíuse o tellado. Anováronlle a madeira das campás e finalmente asfaltaron o campo da festa, iluminando tamén os arredores do cemiterio.
Capela: só ten esta parroquia a capela de Santa Lucía, no lugar de Cabanelas, moi pequena, aínda que ben conservada. Está dedicada a Santa Lucía e a Santo Domingo, con festa o luns de Pascua e o 4 de agosto.
Inscricións das campás: campá única, moi pequena, vella e sen inscricións.
FESTAS PARROQUIAIS: a máis importante é a festa do patrono, San Xoán, que se celebra o 24 de xuño, e a do Carme o día seguinte 25.
Son tamén importantes as festas de San Brais o día tres de febreiro e a de Santo Antón; ao día seguinte do mesmo mes facíase a poxa da carne, ou sexa que á saída da misa no adro poxaban sobre todo cacheiras e bicos de porco xentes que llas ofreceron ao santo.
Outro é a festa de San Domingo o 4 de agosto, tamén en Cabanelas, e a Santa Lucía o luns de Pascua.
Para rematar tamén fan a festa das Dores o 25 de decembro.
INDUSTRIA: non ten industrias esta parroquia aínda que si tivo moitos muíños de regueiro ou de río, e aínda ten algúns.
No mesmo río grande (o Umia) ten o de Abelao e o das Laxes, nome que reciben da paraxe onde se atopan.
E os demais estaban, ou aínda están, no regueiro chamado do Esqueiro, que vai como dixemos ao Umia, e son:
Dando comezo polo Umia, o primeiro é o de Inferniño, e veñen despois, en orde ascendente, o de Silvares, o de Arca, o de Riba, o da Carballeira, o de Patricio, o Novo, o do Esqueiro e o de Xestas, que aínda funciona.
Tamén teñen os de Riba e o de Baixo no regueiro das Santas e o da Veiga de Baixo no da Devesa. Todos en Cabanelas.
ENSINO: en canto os ensino aos nenos en idade escolar recólleos o transporte para levalos ao CEIP de Codeseda onde reciben o ensino primario.
CENTROS CULTURAIS: non hai asociacións culturais, pero si que hai constituída unha asociación veciñal co fm de xestionar unha traída de augas (que vai crear a concentración parcelaria).
A casa da Escola, recentemente arranxada, está en perfectas condicións. Isto permítelles aos veciños reunirse no local; os sábados, domingos e festivos funciona como local social.
En canto a DEPORTES, pódese pescar e cazar mellor ca noutras parroquias do concello por existiren tantos montes, alí teñen caza menor, coellos e perdices e boas troitas no río Umia para divertimento dos da cana.
O aspecto SANITARIO nas vivendas vai mellorando, aínda que con retraso comparados coas parroquias da ribeira do Ulla, teñen luz eléctrica e iluminación pública e a hixiene mellorou moito. Polo que atinxe á asistencia médica tamén teñen os seus inconvenientes xa que o médico de cabeceira desta parroquia ten a súa consulta na mesma vila da Estrada, onde tamén asisten os casos de urxencias e algunhas especialidades. O médico desta zona préstalle unhas horas de consulta algúns días á semana na parroquia de Codeseda.
Hoxe en día teñen asistencia médica no centro da Estrada.
INDUSTRIA: hai unha empresa de construción.
COMERCIO: había unha taberna-estanco, xa desaparecida.
PERSOA SOBRANCEIRA
Alfredo García Caramés (1915) naceu no lugar de Cabanelas e moi novo marchou traballar para Madrid, onde a Guerra Civil e a militancia na CNT o enrolaron no bando republicano, onde desenvolveu unha activa loita á beira do xeneral Lister. Exiliado en México, constitúe unha importante testemuña da contenda dende ese bando, así como da vida dos exiliados naquel país americano. Publicou Valentín García nas Actas do L Congreso do Exilio (Consello da Cultura) e David Otrero "Alfredo García, o de Cabanelas", (Tab. Terra nº VIII) é o libro "Un soldado da historia. Alfredo García Caramés (1936-1939)", Ed. do Castro.
PERSONAXE FOLCLÓRICO: falando destas personaxes, esta parroquia conta cun home exemplar neste senso, coñecido en toda a comarca e moito máis alá.
¿Quen non oíu falar unha ou moitas veces de Ramón de Liripio?
Ramón de Liripio é Ramón Garrido, home pobre onde os haxa, que algúns tiñan por tolo e non chegaba a tanto, non roía a hora de xantar ou da cea, achegábase á casa que afumeaba...era moi amigo do cura que lle daba traballo e supoñemos que admiraría a súa listeza.
Sempre dicía que tiña moitas ganas de traballar...pero que as aguantaba.
Son moitas as cousas que se contan de Ramón de Liripio, certas, aínda que en ocasións deformadas polo paso do tempo.
¿Quen non lembra aquela en que Ramón subindo ao valo do adro á saída misa dixo berrando ben: ¡Oístes, este ano que ninguén semente máis millo có que poida sachar...senón despois, Ramonciño para aquí, Ramonciño para alí eu non dou feito!..." canta filosofía encerra esta saída de Ramón.
Quen non lembra cando o mordeu o can do cura, que eran "amigos"... el calou, curou a ferida na perna como puido (poida que con graxa sen sal) e deixou pasar o tempo, ata que un bo día pasou onda o can que durmía fondamente... Ramón colleu un callau e zumboullo no peito decindolle: "Sabes... o que ten inimigos non dorme".
Cando os curas á saída da misa maior, nunha festa lle preguntaron a quen lle quería máis...el calou. Porfiáronlle para que dixese a quen, el calaba. O cura da parroquia díxolle. "Quéresme máis a min que somos amigos e douche traballo..." o cura de Arca dicíalle. "Quéresme máis a min que cando vés por alá douche cartos..." Ramonciño, calaba. Ata que tanto o apretaron que lles espetou: "En gando ruín hai pouco que escoller".
Cando Ramón ía detrás dunha mociña dicía: ¡Ai virxe da Grela eiche dar unha vela se lle escapo e catro se a atrapo!"
Un home cun grandísimo enxeño, que fai lembrar á xente da súa parroquia, Liripio.
Viviu nos derradeiros anos do século pasado e máis algúns deste. Din os veciños que debeu de morrer polo ano 1907. Un home que fai xogo con Pereiriñas de Berres ou Castriño do Seixo na parroquia de San Miguel de Castro. Ten publicou David Otero a súa biografía (Fundación Cultural da Estrada, 2006).
TOPONIMIA MENOR: entre os nomes máis sobresaíntes da toponimia menor recollida nesta parroquia de Liripio están os seguintes:
A Eira dos Mouros, alá preto dos lindes con Tomonde, de Cercedo. A "Porta do Crego" preto de Carballo, do que temos falado nas lendas da parroquia.
A fonte San Xoán... que case se ten por santo. O Esqueiro, que se refire ao chupe do terreo e onde remata este regueiro chámanlle "O Inferniño", que ten lóxica e enténdese por estar soterrado alá no fondo dunha paisaxe moi difícil.
Aquí tamén están o chamado Urzal (supoñemos que de Urces) e no "Pozo do Urzal" atópanse as célebres pedras que teñen os sitios afundidos coma se fose da metade dunha campá, saíndo de aquí as tan soadas campás de Liripio. w
O pozo da Fábrica, alí preto onde estivo a fábrica da luz eléctrica para Ribela. A Laxe, o Batán facéndonos supoñer que alí estaría un batán, a pena da Lebre, Sete Fontes, Outeiro, Patelo, a Burata dos Teixos e outros.
Mais non podemos esquecer os topónimos recollidos en Cabanelas... con tantos outeiros: Outeiro Grande, Outeiro Branco, Outeiro da Gata e Outeiro do Can (curioso), Outeiro Mosqueiro e Outeiro Blanco (composto por seixos no cume). No Outeiro Grande puxeron un "hito" cunha ¡inscrición.
PLANTÍOS REAIS: a devesa e viveiro desta parroquia eran compartidos coa de Sabucedo e faise referencia a eles na parroquia de Codeseda.
TELEFONÍA: tecnoloxía TRAC.
RURALCENTRO: situado na antiga escola unitaria de Cabanelas, dálles acceso a intemet aos veciños/as, mediante o proxecto "aestradadixital".
* A Estrada rural.1990 Ed.. 2007.

Pedro Varela
Na vertente occidental do monte das Mámoas, no confín sueste do concello, está a parroquia de Liripio, que dista da Estrada uns 13 quilómetros e componse de 63 cabezas de familia e 485 habitantes.
Un historiador rexional asegura que o nome de Liripio procede do grego e que significa “rio”; por Liripio corre o Umia: deberase a iso a denominación?.... Pode ser que si.
Lugares: Xestás, Quinteiro de Arca, Carballo, A Canda, A Igrexa, Portela e Cabanelas.
Xesta xa sabemos que é unha planta moi común no noso país, sobre todo na parte montañosa, como a parroquia que nos ocupa. Quinteiro é o mesmo que curral, “espazo ao descuberto con muro que o circunda”. Carballo, árbore abundante na localidade. Canda, ganda, gándara: “chaira”. Portela, derivado de porta, “pasadizo dun punto para outro por unha depresión do terreo”. Cabanelas, diminutivo de cabanas, chozas que alí houbo para recoller o gando polas noites.
O Concello, en acta da sesión de 14 de xuño de 1856, acordou a creación dunha escola de ensino primario en Liripio; hoxe os pais de familia teñen, para a educación dos seus fillos, unha escola macional servida por mestra.
Lindeiros: norte, Castrelo; sur, Ribela; leste, Quintillán e oeste, Sabucedo e Codeseda.
No eclesiástico: Liripio depende ou é filial de Ribela, presentación alterna ao cabido e á coroa; e ten por patrón a San Xoán. A igrexa é regular e antiga. En Cabanelas hai unha capela a Santa Luísa.
Festas anuais: San Xoán, o 24 de xuño; San Brais, o 3 de febreiro, Santa Lucía, o luns de Pascua.
Outras particularidades: a parroquia é das máis afastadas da vila e non moi coñecida, debido, sen dúbida, ás malas comunicacións. Está situada ao pé dunha serra e do monte más elevado da comarca, onde no inverno se ve a neve con frecuencia. Abunda moito a caza, especialmente de pelo (coellos e lebres).
As campás de Liripio teñen, di o vulgo, unha virtude especial para disolver as tronadas. En canto ameazan os tronos, comeza o repique e, a través dos anos, vaise conservando esta copla:
Campaniñas de Liripio
Cando empezás a tocar,
Nin que forás un feitizo;
Vais´a tronada pr’o mar.
Os de Liripio reciben o correo por Ribela.
*Pedro Varela, A Estrada, 1923