Xa pobos de lingua céltica
habitaban na Gallaecia
da Ibérica península,
cando chegaron romanos.
Resistiron máis dun século
aqueles pobos galaicos
a dominación de Roma
cos seus fortes e altos castros.
Os romanos dominaron
e impuxeron a súa lingua
que os galaicos transformaron
en bela lingua galaica!
Lingua do latín vulgar
coma a lingua castelá,
lingua que non é dialecto
senón fermoso falar!
A lingua que foi falada
nesa provincia romana
por galegos, portugueses,
astures e leoneses.
“Foro do burgo do Castro
Caldelas” foi documento
que outorgou o rei Alfonso,
primeiro escrito en galego!
O Rei castelán Alfonso
as máis fermosas Cantigas
el escribiu para a Virxe,
a Santa Virxe María!
E todas foron escritas
na nosa lingua galaica,
lingua de reis e poetas,
e de doces trobadores!
E foi no século Doce
que o Condado portugués
fíxose xa independente
daquel Reino de Galiza.
Os galaicos portugueses
levaron este falar
por Iberia, alén do mar
e máis outros continentes.
Os galaicos de Galiza
derrotada a súa nobreza
polos nobres casteláns
perderon a preemiencia.
Impúxose o castelán
coma a lingua dos galegos,
e o galego foi a lingua
de aldeáns e de labregos!
Para Galiza chegaron
os séculos máis escuros
sen escolas e sen libros,
a súa lingua amordazaron!
Mais a lingua non morreu
e veu o Rexurdimento
en Curros e Rosalía
e nos pinos de Pondal!
Fontenla Leal e Curros
na nosa terra habaneira
galega academia crearon
e unha galaica bandeira!
O réxime do franquismo
en longa noite de pedras
de novo esmagou a lingua
baixo o terror e a vileza!:
Mais es ti como a ave Fénix
que podes xurdir das cinzas
e endexamáis morrerás,
porque ti tes moitas vidas!
Lingua da nosa Galiza
de escritores e poetas,
sempre! sempre has de estar viva
nas nosas Letras Galegas!
Manuel Álvarez Fuentes
5 de maio 2014
habitaban na Gallaecia
da Ibérica península,
cando chegaron romanos.
Resistiron máis dun século
aqueles pobos galaicos
a dominación de Roma
cos seus fortes e altos castros.
Os romanos dominaron
e impuxeron a súa lingua
que os galaicos transformaron
en bela lingua galaica!
Lingua do latín vulgar
coma a lingua castelá,
lingua que non é dialecto
senón fermoso falar!
A lingua que foi falada
nesa provincia romana
por galegos, portugueses,
astures e leoneses.
“Foro do burgo do Castro
Caldelas” foi documento
que outorgou o rei Alfonso,
primeiro escrito en galego!
O Rei castelán Alfonso
as máis fermosas Cantigas
el escribiu para a Virxe,
a Santa Virxe María!
E todas foron escritas
na nosa lingua galaica,
lingua de reis e poetas,
e de doces trobadores!
E foi no século Doce
que o Condado portugués
fíxose xa independente
daquel Reino de Galiza.
Os galaicos portugueses
levaron este falar
por Iberia, alén do mar
e máis outros continentes.
Os galaicos de Galiza
derrotada a súa nobreza
polos nobres casteláns
perderon a preemiencia.
Impúxose o castelán
coma a lingua dos galegos,
e o galego foi a lingua
de aldeáns e de labregos!
Para Galiza chegaron
os séculos máis escuros
sen escolas e sen libros,
a súa lingua amordazaron!
Mais a lingua non morreu
e veu o Rexurdimento
en Curros e Rosalía
e nos pinos de Pondal!
Fontenla Leal e Curros
na nosa terra habaneira
galega academia crearon
e unha galaica bandeira!
O réxime do franquismo
en longa noite de pedras
de novo esmagou a lingua
baixo o terror e a vileza!:
Mais es ti como a ave Fénix
que podes xurdir das cinzas
e endexamáis morrerás,
porque ti tes moitas vidas!
Lingua da nosa Galiza
de escritores e poetas,
sempre! sempre has de estar viva
nas nosas Letras Galegas!
Manuel Álvarez Fuentes
5 de maio 2014