como unha incesante Nada.
Unha vasta extensión vacía e intransitable
que o devora todo
que me devora a min
e ás árbores
enchendo o aire dunha pesada
derrota.
Camiñar o verso
sabendo que non perdurará
-nin el nin ningún de nós, téno
por seguro-
ningunha pegada no caderno
ermo,
cicatriz afogando na pupila.
Explotar(se) o verso
nun punto entre a boca e o baixo ventre
atascado
maltratado e ferido
ser vez e consecuencia
da dor e da orixe
mentres se vai o día
en sombras na porcelana
escorregando pola pel azulada
cada noite
despois do ritual consentido e resurrector do baño.