Lectura pública da carta ao pobo da Estrada dos condenados á morte por defender a democracia
Esta lectura farase na praza do Concello da Estrada, diante da Casa Consistorial, ás 20:30 h. E convocamos a todos os grupos políticos e sociais para participar nesta conmemoración na lembranza de quen dou a vida pola liberdade e o benestar da súa veciñanza.
O 5 de xuño de 1937 confluía a sorte de seis estradenses diante dun pelotón de fusilamento na estrada que vai de Pontevedra a Monteporreiro, a beira do Lérez, na Xunqueira. Levaban tempo despedíndose dos seus amigos e parentes, mais esta última noite que pasaron en vela foi especialmente produtiva. Algún mesmo aproveitaba as notas de pago da súa última cena para escribir as que serían as últimas palabras. O alcalde Jesús Ignacio Puente Fontanes, os Tenentes de Alcalde, Ramón Fernández Rico e José Rodríguez Sangiao; e os veciños José María Pena López, Manuel Nogueira González e Cándido Tafalla Froiz. Ningún deles cometera delito algún, senón, pola contra, eran condenados por defender a legalidade vixente.