Progresivamente seguimos a recuperar a historia silenciada acumulando información sobre o noso pasado oculto. Rescatando a aquelas persoas auténticamente exemplares e as súas historias persoais que explican a nosa historia colectiva.
Dionisio Pereira achega 10 fotos máis de persoas acosadas polo franquismo que finalmente tiveron que optar por fuxir ao estranxeiro, concretamente a Brasil.
Progresivamente seguimos a recuperar a historia silenciada acumulando información sobre o noso pasado oculto. Rescatando a aquelas persoas auténticamente exemplares e as súas historias persoais que explican a nosa historia colectiva.
0 Comentários
A Asociación Cultural “Vagalumes” apoia o día das mulleres, o 8 de marzo, e a manifestación unitaria que terá lugar en Compostela o vindeiro domingo ás 12 na Estación de Autobuses. A involución na situación das mulleres agravada pola crise económica e pola ofensiva retrógrada que están a sufrir nos seus dereitos e nas súas liberdades, alonxándoas do obxectivo de igualdade real que todos e todas deberíamos ter. PORQUE CUQUI NON QUERE IR Á LAVADORA é a doce e divertida historia sobre un oso de peluxe editada por Apiario.María Lado, autora do conto, dará voz a este conto para *s máis pequen*s. Será no Teatro Principal da Estrada o sábado 7 de marzo ás 12:30. Ao remate, teremos unha pequena actividade de debuxo ao redor do protagonista da historia.A entrada é de balde ata completar aforo. María Lado é titulada en Produción Audiovisual, e cursou estudos de Filoloxía Galega. María Lado comezou a escribir no núcleo do Batallón Literario da Costa da Morte, onde publicou os seus primeiros textos en tres libros colectivos: Nós, Mar por medio e Rumbo ás illas. Ten participado en máis volumes colectivos e antoloxías poéticas, e colaborado tamén en prensa co xornal dixital Vieiros, coa revista Dorna e coa revista portuguesa Comentário, entre outras; así coma en diversas publicacións galegas e peninsulares. Traduciu ó galego varios libros de literatura infantil publicados por Edicións do Cumio, editorial na que traballou durante cinco anos. Ademais de poeta, María Lado é narradora. Varios dos seus relatos pódense atopar en revistas e colaboracións. Colabora no disco Finais dos 70s, comezos dos 80s, de Fanny + Alexander, recitando o poema Berlín, da súa creación. Tamén se dedica ao teatro e realiza traballos profesionais como actriz. No 2012 participou na obra Oeste solitario de Martin McDonagh. Poema compartido con RosalíaDavid Otero Rosalía doce dama,
luminosa señora de Galicia, soberana guía que nos defines e determinas. Verde luz da aflorecida esperanza deste pobo, poema noso de obrigada lectura e de escritura Amiga nosa, marabilla inmedible de identidade, teimosa caminante a noso ser. e tan cantora. Mirada verdadeira a comunal futuro que cumprir, palabra matricial feita poema e harmonía. E así soñamos… cantando na túa memoria, cando a túa mirada permanente nos recita tantos versos E neste día que nos sinala…acariñando é o amor quen se fai recordo e nos abraza, nas luzadas cheas de estrelas a bicarnos, nomeándote Que sexa así o romper dos días que desexamos, os que nos permitan as portas liberadas, para nós abrilas…para nós pechalas… se queremos. E na dozura mellor do que sentimos andemos paso a paso os nosos tempos e así teñamos a mellor viaxe, Rosalía, para pensarte. Nesa humildade do noso orgullo dicímoste señora, esperanza, marabilla, futuro, amor… ROSALÍA. d.o.feb.MMXV. |
Un proxecto de:Colaboracións
Tudo
Estamos en:Histórico
Dezembro 2024
Tabeiros Montes (Portal cultural de Tabeirós-Terra de Montes) de Asociación Cultural "Vagalumes" e Asociación Cultural e Ecoloxista "Verbo Xido" ten unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial 4.0 Internacional. Con base nunha obra dispoñíbel en http://www.tabeirosmontes.com/. Os permisos alén do foco desta licenza pódense atopar en http://www.tabeirosmontes.com/colabora.html. |