Este acto terá lugar na escola de Santo André de Vea o vindeiro sábado 5 de maio ás 20:30 h. E xunto coa autora, Clara Iglesias, e o escritor David Otero en representación da A. C. Vagalumes, tamén intervirán activistas culturais desta área como son Teresa Villar, Amalia Fernández e Manolo Rodríguez.
Continúa a xeira de presentacións polo rural estradense do libro “Os nomes da Estrada, orixe dos topónimos das parroquias e lugares do Concello da Estrada”. Desta volta será nas Veas onde se fará unha análise máis detallada da toponimia desta zona que abrangue tamén ás Barcalas, Couso e Baloira.
Este acto terá lugar na escola de Santo André de Vea o vindeiro sábado 5 de maio ás 20:30 h. E xunto coa autora, Clara Iglesias, e o escritor David Otero en representación da A. C. Vagalumes, tamén intervirán activistas culturais desta área como son Teresa Villar, Amalia Fernández e Manolo Rodríguez.
0 Comentários
Reportaxe fotográfica da representación e coloquioA compañía Avelaíña Teatro estivo na Estrada da man da Asociación Cultural Vagalumes. Logo de representar a súa obra no IES Losada Diéguez, actuaron no Teatro Principal.
A Asociación Cultural "·Vagalumes" é membro da Iniciativa Galega pola Memoria e da Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura. no seo das cales realiza as actividades de recuperación da memoria histórica en colaboración co resto das entidades galegas que compartimos a teima pola verdade, xustiza e reparación. Convocatoria do Colectivo Feminista Deza-Tabeirós contra a sentencia aos violadores de "La Manada"A Coordenadora Nacional da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza quere mostrar a súa repulsa á sentencia remitida hoxe a La Manada pola violación dos San Fermíns de 2016.
Nun contexto político no que a xustiza española a cada paso que dá demostra máis a súa incapacidade atopámonos coa sentencia que foi remitida pola Audiencia Provincial de Navarra para dar “luz” ao caso de La Manada. Esta sentencia é só unha mostra máis da incapacidade xudicial de amparar ás mulleres que sofren violencias machistas, esta incapacidade aumenta o risco para as mulleres de que calquera violencia cometida contra nós quede impune ou mal calificado. Desta volta tocoulle á moza que foi violada na festa dos San Fermíns; moza, que por unha banda foi criticada e perseguida pola mass media ante a suposta pouca veracidade da súa declaración, que viu a súa historia converterse nun relato mediático no que ela era a culpábel e a cuestionada, por outra banda, o acto de valentía que representa pór unha denuncia converteuse nunha exposición absoluta da súa vida privada e íntima que tamén foi violada. Neste caso foron moitas as probas aportadas das actitudes violentas e repulsivas dos membros de La Manada, até se aportou un vídeo que resultou insuficiente xunto co atestado policial e médico para calificar correctamente o delito que houbo. Dous anos despois do sucedido a sentencia que se sacou pide 9 anos de cadea para os membros da manada por “abuso sexual” xa que os xuíces non acharon que fose unha violación por entender que este “abuso” non fora violento. Condeamos esta sentencia e o sistema que a ampara, condemos que denunciar calquera tipo de violencia fique impune ante terminoloxías absurdas que cambian os feitos, porque a violencia machista é violencia exercida sobre as mulleres por selo. As feministas galegas, nun acto de sororidade e repulsa a calquera tipo de violencia, saímos hoxe ás rúas para mostrar a nosa repulsa a esta sentencia infame que non fai máis que darnos, máis unha vez, a razón en que o sistema xudicial, o estado e o sistema económico son quen alimentan e protexen baixo a impunidade práctica calquera tipo de violencia sobre nós. Saímos ás rúas contra a Manada, contra un sistema que nos mata e exerce violencia contra nós, contra unha xustiza machista, saímos ás rúas polas voces das que xa non están, porque imos seguir en marcha até que todas sexamos libres. A Asociación Cultural “Vagalumes”, a través do PONTEGAL da Deputación de Pontevedra, trae á Estrada a obra de Avelalíña Teatro “A Lola”. Representarase o vindeiro venres 27 de abril no teatro principal ás 20:30 h. A entrada será libre e gratuíta. Esta obra da autoría de Manuel Ayán -que vén de publicarse en edicións Laiovento o seu texto- está a percorrer os escenarios deste país con grande éxito por como trata un asunto fundante do noso presente: a represión franquista. A Lola son todas as mulleres que sobreviviron aos seus maridos, arrebatados polo terror franquista. O relato xoga co presente (mediados dos anos sesenta) e o pasado (os anos da Segunda República e os inmediatamente posteriores ao golpe militar de xullo de 1936). A súa trama está determinada polo que se denomina o “pasado non ausente”, ou sexa, polo feito de que o sucedido nos anos da represión posterior ao golpe segue a determinar as vidas e as condutas de varias xeracións, porque o silencio sobre aqueles feitos impide a superación do trauma. David e Teresa, mozos abertos aos novos aires que comezan a infiltrarse na sociedade española, deciden casar e visitan a casa nativa para comunicarllo aos seus pais. Pero os traumas do pasado seguen presentes: a historia dos pais de Teresa, familia comprometida dende o primeiro momento co novo réxime e a dos pais de David, identificados cos ideais republicanos, frustran os desexos dos mozos. Na obra recréase o ambiente, ideais e confrontacións entre as dúas formas de entender a sociedade: os valores da tradición patriarcal e escolástica dos golpistas fronte as ideas constitucionais de progreso e liberdade. A Asociación Cultural "·Vagalumes" é membro da Iniciativa Galega pola Memoria e da Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura. no seo das cales realiza as actividades de recuperación da memoria histórica en colaboración co resto das entidades galegas que compartimos a teima pola verdade, xustiza e reparación.
Comeza a xeira de actos polo rural estradense presentando “Os nomes da Estrada”. Codeseda e a súa bisbarra son tratados en profundidade neste primeiro encontro coa veciñanza desta zona. No acto interviron dous estudosos desta parroquia, Xesús Ameixeiras e Luís Ferro, xunto coa autora Clara Iglesias, e presentado o acto por David Otero. |
Un proxecto de:Colaboracións
Tudo
Estamos en:Histórico
Dezembro 2024
Tabeiros Montes (Portal cultural de Tabeirós-Terra de Montes) de Asociación Cultural "Vagalumes" e Asociación Cultural e Ecoloxista "Verbo Xido" ten unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial 4.0 Internacional. Con base nunha obra dispoñíbel en http://www.tabeirosmontes.com/. Os permisos alén do foco desta licenza pódense atopar en http://www.tabeirosmontes.com/colabora.html. |