O vindeiro luns, 1º de XULLO, ás 20:00 horas na capela de San Sebastián no propio cumio do Pico Sacro (Lestedo-Boqueixón) farase a presentación da obra "Pico Sacro, ferido polo lóstrego e a lenda"
0 Comentários
Máis de duascentas persoas asistiron o pasado 24 de xuño á 13 edición da Xuntanza de irmandade e confraternidade estradense con motivo das Festas de San Paio, Patrón da Estrada. O evento que estivo dedicado este ano ao centenario de Jesús Barros López, foi auspiciado pola sociedade Fillos do Concello da Estrada, e celebrouse no salón de actos do antigo Palacio do Centro Galego da Habana.
A presidenta Gódula Rodríguez deu a benvida aos participantes, e dedicou sentidas palabras de recordación ao homenaxeado deste ano, Jesús Barros, unha das personalidades máis importantes da colectividade estradense en Cuba, figura imprescindible para coñecer a historia das sociedades españolas en Cuba, en particular do Centro Galego da Habana e primeiro Delegado Informativo de España Exterior en Cuba. Noutra parte do seu discurso destacou a recente celebración do Día das Letras Estradenses no marco da Xornada das Letras Galegas, e informou sobre as próximas actividades previstas a realizar pola sociedade no segundo semestre do ano. O luns 26 de xuño ás 6 da tarde preséntase no MOME a reedición deste libro clásico sobre o concello estradense de quen fóra o seu alcalde no 1917Vai reeditarse un libro que condensou o esforzo de este político e escritor por elaborar unha historia e un inventario dos bens do Concello da Estrada que hoxe ten ademais o valor de achegar a visión privilexiada dun persoeiro coma este de cales era as potencialidades desta comarca e de cal é a realidade actual dos sonos que albergaba a súa xeración a respecto do progreso e benestar deste pobo. Pedro Varela é un membro dunha desas familias da zona de Arzúa que migrou a esta vila florecente e prometedora que no 1900 era o Concello con máis habitantes da provincia de Pontevedra. Participou activamente no movemento agrarista dirixindo unha das súas cabeceiras emblemáticas “Eco de La Estrada” e mesmo asumindo a tenencia de alcaldía na corporación agraria que tomo o concello froito da revolta labrega de 1915. Non aguantou a presión caciquil do Marqués de Riestra sobre o poder municipal e foi dos que rematou rendéndose e pactando con el unha paz precaria que sería denunciada polas Irmandades da Fala de Losada Diéguez cando el xa, froito do devandito pacto, ocupaba a alcaldía en substitución do primeiro rexedor agrario Ramiro Ulloa que se incorporaba á Deputación. Tres anos estivo na alcaldía asumindo a difícil tarefa de contentar aos agrarios que lle serviran de soporte para tomar o goberno local e a quen ostentaba realmente o poder provincial e fronte ao cal se ergueran os devanditos agrarios. Foi unha época de enfrontamentos políticos a cara de can moi intensos, sobre todo coas eleccións do ano 18 e 19 nas que el tivo que cumprir os seus compromisos co Marqués e apoiar ao seu fillo fronte ao candidato nacionalista, Antón Losada, que realmente respondía as demandas das sociedades agrarias. No 1920 abandona a alcaldía que non a política, a que só deixaría co trunfo do franquismo aínda que neste caso teríamos que dicir que foi a políticas quen o abandonou a el. Pois na república tentou tamén labrarse unha carreira na cousa pública e probou nas filas do Centro de Portela Valladares máis non logrou máis que cando comezou a represión franquista que lle levaran ao tribunal de Responsabilidades Políticas para procesalo polas súas actividades democráticas. Mais Pedro Varela quedará fixado na conciencia colectiva deste pobo por ter feito o primeiro libro dedicado a coñecer o pasado e presente do municipio estradense. Tema por tema (sociedades agrarias, festas, patrimonio, tradicións, etc...), parroquia por parroquia, foi Pedro Varela recorrendo física e intelectualmente todos e cada un destes asuntos para dar conta na súa obra do seu amor ao Concello que o acolleu e polo que loitou. Dinos no prólogo: “Revolvendo cartapacios para satisfacer esixencias profesionais saltaron á miña vista documentos e datos de tal modo relacionados co pasado e co presente da bisbarra da Estrada que me fixeron concibir a idea de escribir esta obriña. Non hai territorio, grande ou pequeno, ilustre ou ignorado, que non ofreza inesgotábel campo de investigacións e curiosidades dignas de publicar; e, a pesar de que unha publicación desta índole acometida por min é empresa temeraria, atrévome a ela contando coa benevolencia dos lectores e reforzado por aquel refrán que di: «fai máis quen quere que quen pode». E quen quixo puido e hoxe podemos gozar deste libro indispensábel para os que naceron aquí e para os que aquí viñeron de fóra, para os que veñen de visita e os que se quedan para sempre, para os que queiran ver con ollos sabios o entorno tan rico que nos rodea. Así é “A Estrada” de Pedro Varela. * Faro de Vigo, 25-06-2017 Calros Solla Bravío clan do Areal, feroces tribos da Ulla, intrépidos kallaikoi, vindos dos catro horizontes da Galiza.
Na efémera marca do solsticio, un cabalo escuro e candente galopa a fondeira bretemosa da nosa consciencia. O seu rincho e sopro son acenos de liberdade, actitude do ser que non tolera doma. O seu couce desatado é o celme de quen se rebela contra a dominación. Delónganse os malos tempos, semella eternizarse esta nosa decadencia; mais non desmaiemos, non desfalezamos, pois cómpre facerlles ver que imos vender cara a nosa derrota. Amañecerá, irmáns; axiña amañecerá. E na alba do día, a terra tremerá ao compás dos corazóns desbocados. Ceibaranse as nosas gorxas en mandas de lobos e o seu inxel alfabeto fenderá a noite, escudindo as constelacións. Aquí e agora. Astros en ebulición arremuíñan o inconsciente colectivo arredor do lume orixinal. O lume que nos xerou, a lapa danzante que nos aleitou a mornura no sangue, a caldia que nos forxou, peitos aceirados, contra a desventura, contra o imposíbel, contra a loita en desvantaxe, contra o combate perdido de antemán. Invocámoste, lumeira; labarada nova, remol da idade de ouro, magma aconchegado na pedra entrega da lareira. Co ceo e a terra xunguidos pola raíz do sentimento, achegámonos de vagar ao intre máxico do augurio. Os barbados numes da foresta, as albariñas deidades acuáticas, os espíritos dos devanceiros téñennos de vela e teceron coa debandoira do seu alento unha rexa coiraza que nos protexe e protexerá de todo mal, de toda envexa, de todo espolio e devastación; protexeranos da velenosa picada dos mercenarios da extinción, dos liquidadores. Esta noite, no Areal de Berres, proferirase un berro de redención, o urro da vitoria, o gozoso estrondo da turma apaixonada. Celebramos que, unha vez máis, a humilde tirafonda do Davide foi quen de fender a testa do foncho Goliat. En Berres berramos que non hai inimigo que poña en xaque un pobo unido, un pobo armado dun ideal de xustiza e fincado nunha arela de dignidade. Neste chan sagrado do Areal, nemorosa ribeira que o pobo alerta lle devolveu ao pobo todo, congregámonos exultantes imbuídos da meiguice en cacharela. Arda o lume e consúmanse nel as profecías catastrofistas, o desánimo, o conformismo. Somos a heroica infantaría da Galiza. No noso ADN labrouse fondo o cromosoma da endémica resistencia. Antes ou despois axotaremos as rémoras do noso destino, e a vampírica cacicaxe será varrida pola airexa limpa da mañá. A inmundicia sublimarase en charamelas, faíscas e fumeira espallada. Honrado coa quenda da palabra nesta noite de emoción incandescente, encrespo o espiñazo, encho o peito e tempero a voz, para recibir no escenario os abandeirados da plataforma Salvemos Catasós, afoutos gardiáns da nosa herdanza, lexítimos representantes do pobo alerta, sentinelas insomnes nas almenaras da primeira liña. A sinerxía de Catasós lidou e venceu, empeño e habelencia, as malas artes do dragón eléctrico. A terra é nosa e non de Fenosa!!! Areal de Berres, 23 de xuño de 2017* O libro “A Estrada” de Pedro Varela que foi esgotado moi axiña e que ultimamente circulaba en fotocopias polo noso Concello é unha obra fundamental para coñecer a nosa historia, mais, sobre todo, tamén para comprobar como nos viamos a nós mesmos hai 100 anos.
Independentemente das imprecisións que puidera haber nesta obra, o autor, Pedro Varela Castro, fai no seu momento un esforzo de recompilación e de recolleita de información inmenso. Recorre as parroquias e os arquivos na busca do noso patrimonio, de coñecer a nosa realidade máis preta en todas as súas dimensións e con grande profundidade. Desde a Asociación Cultural “Vagalumes” fixemos un esforzo de actualización desta obra respectando o seu contido e simplemente adaptándoa a nosa lingua, tratando de conservar a visión do mundo que daquela se tiña e que mesmo nas ilustracións abondosas que recollemos quixemos preservar para tentar ofrecer ao lector de hoxe un traballo que tenta ser fiel ao espírito da época na que foi realizado. Pedro Varela hai 100 anos que foi alcalde da Estrada e, independentemente da simpatía que se puidera ter pola súa filiación política, compre lembrar o recoñecemento xeneralizado que tivo como un grande namorado do noso Concello. Foi director de Eco de La Estrada, presidente honorario da Federación Agraria de Estrada, Silleda, Forcarei e Cerdedo, impulsor de asociacións de emigrantes na Habana, Bos Aires e Montevideo. Foi un dos agraristas que accederon ao goberno municipal da Estrada en xaneiro de 1916, tras da revolta de 1915 da cal foi un dos seus axitadores principais. O vindeiro luns, 26 de xuño, día principal das festas de San Paio, ás 7 da tarde, no Museo da Madeira e Móbel (Mome), imos realizar a presentación desta obra. Intervirá Clara Iglesias, presidenta da Asociación Cultural “Vagalumes” e quen realizou a edición e tradución deste libro; Alfonso Varela, presidente da Asociación de Fillos e Amigos da Estrada e coñecedor da historia local e dos tempos do autor desta obra; e Xosé Leal, Deputado delegado de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación de Pontevedra, institución que levou a cabo a impresión desta obra. |
Un proxecto de:Colaboracións
Tudo
Estamos en:Histórico
Dezembro 2024
Tabeiros Montes (Portal cultural de Tabeirós-Terra de Montes) de Asociación Cultural "Vagalumes" e Asociación Cultural e Ecoloxista "Verbo Xido" ten unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial 4.0 Internacional. Con base nunha obra dispoñíbel en http://www.tabeirosmontes.com/. Os permisos alén do foco desta licenza pódense atopar en http://www.tabeirosmontes.com/colabora.html. |