A presidenta Gódula Rodríguez deu a benvida aos participantes, e dedicou sentidas palabras de recordación ao homenaxeado deste ano, Jesús Barros, unha das personalidades máis importantes da colectividade estradense en Cuba, figura imprescindible para coñecer a historia das sociedades españolas en Cuba, en particular do Centro Galego da Habana e primeiro Delegado Informativo de España Exterior en Cuba. Noutra parte do seu discurso destacou a recente celebración do Día das Letras Estradenses no marco da Xornada das Letras Galegas, e informou sobre as próximas actividades previstas a realizar pola sociedade no segundo semestre do ano.