O desleixo do Concello a hora de executar os seus propios acordos ten que ser substituído pola iniciativa cidadán que asume a ausencia das institucións que lle corresponden exercer estas funcións a hora de cumprir a lexislación vixente nesta materia (lei 52/2007, no seu artigo 15.1).
No lugar deste nome que exalta a un criminal franquista que tiña como único mérito relacionado co noso Concello o ter ordenado que se incendiara senón se rendía, temos a intención de cumprir a vontade dos últimos representantes democráticos do noso pobo cando pediron nunha carta expresa que se lle puxera unha rúa co nome "Mártires da Estrada".
A rectificación do nome deste criminal que ten coma único mérito levarase a cabo mañá domingo ás 12:00 h.