Luns 23 de decembro
Por todo isto, o luns 23 de decembro, data do aniversario da súa defunción, temos previsto facer unha homenaxe diante da súa tumba no cemiterio da Estrada ás 17:00 h. e, posteriormente, ás 20:30 h., na sala de exposicións do MOME, un acto de lembranza para dar a coñecer a vida e pensamento desta muller. O acto consistirá nunha intervención escénica baseada nunha entrevista a Virxinia que rescatamos do xornal El Progreso de Lugo do ano 1968. Tamén intervirá no acto a profesora da Universidade de Vigo Ana Acuña, que vén de publicar un traballo de análise da correspondencia de Virxinia; e Xoán Carlos Garrido, quen falará sobre a relación de Virxinia co noso Concello.
A Asociación Cultural "Vagalumes", é membro da Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura, no seo do que organiza este acto en colaboración co resto de entidades do país na honra de Virxinia Pereira.