Se ben é falso que o goberno español lexisle a favor da normalización da nosa lingua o que si é un feito é a actual lexislación do goberno galego prohibindo o seu emprego nas materias científico-técnicas no ensino. Como é as consecuencias na redución de falantes e no aumento do descoñecemento da nosa lingua entre a mocidade. Os datos están aí e son froito da política lingüicida do Sr. Feixoo.
Desde o asociacionismo cultural galego consideramos que un país teña como presidente a un inimigo do seu idioma é mostra de que é un país con ben pouca autoestima e indica o moito traballo que nos queda por facer a todas e todos os que lle queremos para que se queira a si mesmo e se libre de darlle poder a persoas que o odian e o desprezan.