David Otero
Hoxe as nosas palabras
van nos alentos amorosos da Chaira
tal como aturuxos druídicos
desta nosa tribu irmandada.
Hoxe as nosas palabras na túa memoria
acenden as luces dos nosos pensamentos
e motívanse nas aventuras de creación
para se afirmaren na dignidade das nosas vidas.
Fáisenos na urxencia
un cambio arriquecedor das nosas convivencias
para acadar a liberación dos nosos servidumes
postos arestora nunha resignación que tanto nos empobrece.
Xa que velaí ben ves e así nós sufrimos derredor
a proclamación… tal insultante afirmación
da patriótica españolidade chea de falsidades
que sen mostrar pensamento…ameaza.
Polo mesmo nós non queremos camiñar
polas rúas das voces ermas de corazóns pechados,
co ir dos nosos soños ás cegas,
e sen siquer un verso de esperanza.
Hoxe é contigo, na túa memoria presente,
queremos que aquí se afirme o abrazo colectivo irmandado,
coa palabra de amor medrado,
sen que o laio resignado sexa…
o noso rendido e triste berro matrio.
david otero, oito de setembro de MMXIX.