Pico Sacro. 20 de xullo ás 12:00 h.
En 2019, e como sempre o sábado antes do Día da Patria Galega, subiremos ao Pico Sacro o 20 de xullo, ás 12h, para ler no seu cumio o discurso Alba de Gloria.
PROGRAMA
- 12.00h. Concentración onde estaba a fonte do Pico Sacro. Recitado de poemas por parte do taller de declamación da AVC. Agra do Orzán da Coruña.
- 12:20h. A escritora Marta Dacosta daranos a benvida. De seguido, subida do último treito do cumio do Pico Sacro.
- 13:00h. Izado da bandeira e lectura de Alba de Gloria a cargo de membros das asociacións culturais. Baixada con parada nas covas da raíña Lupa, para visitalas baixo a guía da poeta Iolanda Aldrei
- 14:15 h: Xantar no restaurante “O Peixeiro”, situado en San Miguel de Castro. Na sobremesa actuará o grupo Maraxe.
- 16:30h. Saída do restaurante e comezo do roteiro
- 17:00 h: Visita guiada por Iolanda Aldrei ao pequeno mosteiro medieval de Camanzo, que, ademais, conserva no seu interior algunhas pinturas do s. XVI.
- 18:15h: Visita guiada ao poboado mineiro de Fontao. As explicacións correrán a cargo do director do museo da minería do wolframio alí instalado, museo que tamén veremos ao igual que o cine e a igrexa do poboado.