21 / 07 / 2018, ás 12:00h
12.00h. Chegada ao Pico e concentración na fonte roubada do Pico Sacro. Recitado dun poema adicado a este monte a cargo do taller de poesía da AVC. Agra do Orzán da Coruña, asociación invitada este ano a partillar a lectura do discurso Alba de Gloria.
12:15 h. A escritora Mercedes Queixas daranos a benvida. De seguido, subida do último treito do cumio do Pico Sacro.
12:45 h. Izado da bandeira e lectura de Alba Gloria. Intervirá pola AC. O Galo de Santiago, Elvira Cienfuegos, ecoloxista; pola AVC Agra do Orzán da Coruña, Belén Núñez Romero e pola AC. Vagalumes da Estrada David Otero, escritor. Canto do himno galego e baixada con visita ás covas da raíña Lupa, e intervención da escritora Iolanda Aldrei sobre as lendas e historia deste espazo.
14:00 h.: Actuación do grupo Bico de Mar no adro da capela do Pico Sacro.
Xantar e roteiro literario pola Ulla
(Organizado por A. C. O Galo, A. C. Vagalumes)
15:00: Xantar no restaurante Aldea Grande, en Stª Cruz de Rivadulla (a 300 m do pazo de Ortigueira), telef. 669-523488 e 609-906623; na sobremesa volta a actuar o grupo Bico de Mar.
17:30h. Saída do restaurante. Ofrenda literaria no adro da igrexa de Berres nos enterramentos de Avelina e Marcial Valladares.
Visita guiada ao pazo de Vilancosta de Avelina e Marcial Valladares
Recital poético no Areal de Berres á beira do Ulla.
* Xantar:
Para participar no xantar debe aboarse por transferencia antes do día 18 de xullo ás 14:00 h. na conta que se indica no seguinte formulario no que anotarse e escoller o menú.
https://goo.gl/forms/ntxJ96aaaSYQtrQO2