Castelao acudiu en peregrinación até este lugar no 1924, cando unha ditadura impedía celebrar como se debera a festa nacional, e volveu imaxinariamente sobre el, desde o exilio, ao construír unha das súas pezas ensaísticas e literarias máis profunda, o “Alba de gloria”, discurso de celebración do día da patria galega. Para el era un lugar no que a resistencia do terreo a ser estepa, inspiraba a quen acreditaba en que o noso ser diferencial non ía ser borrado pola enxurrada reaccionario de entón. Por iso queremos render homenaxe a Castelao as asociacións culturais galegas porque queremos volver sobre os seus pasos físicos e intelectuais e homenaxear a este creador comprometido co seu pobo. Lembrar e retomar unha tradición que apesares das circunstancias conxunturais adversas porfía en alumear un futuro mellor, unha alba de gloria para Galiza e a súa cultura.
O acto consistirá na subida ao Pico Sacro ás 12:00 desde a capela de San Sebastián na que se fará unha recepción dos asistentes cunha intervención de benvida No cumio do Pico izarase a bandeira galega e farase lectura ao Alba de Gloria. Farase unha visita guiada ao redor do Pico comentando a súa historia, valor natural e paisaxístico. E as 13:30 terá lugar un xantar de confraternidade no pé do Pico, no Restaurante "Vía da Prata".
Para inscribirse ao xantar compre facelo na páxina web www.gzcultura.org até o xoves 18 de xullo.
Durante os estas actividades haberá actuacións poético-musicais coa colaboración especial de Mini e Mero.