O maior descenso de falantes do galego coincide co lustro máis agresivo e lesivo para a normalización da nosa lingua e cunha situación na que o galego, non só non conta cunha oficialidade real, senón que é a propia Xunta quen ataca a oficialidade formal que acadou.
A lingua precisa xa de compromisos reais materializados en accións concretas . Esta non é a hora de enunciar falsos desexos, supostas declaracións de intencións, nin dubidosas manifestacións de amor, nas que se baseou até agora a política lingüística. É urxente actuar tomar medidas normalizadoras e pór todos os medios e remedios para para pararmos esta desfeita . Por iso, desde Queremos Galego convocamos esta asemblea aberta e libre para recoller a opinión de todas as persoas preocupadas pola situación da lingua e debater accións a levar a cabo. A xuntanza celebrarase na sala de exposicións de Abanca na Estrada o vindeiro sábado 24 de xaneiro, ás 20: 30 h.