Calros Solla
CARTA ARQUEOLÓXICA DA PARROQUIA DE CASTRELO
(FORCAREI)
Colectivo Capitán Gosende
Traballo de campo realizado entre febreiro e marzo de 2020
MEGÁLITOS
Necrópole do Campo das Antas:
Mámoa do Campo das Antas 1
Código: GA36018040
Lugar: A Mámoa.
Coordenadas:
X: 550.613
Y: 4.715.240
Altitude: 699 m
Época: Neolítico.
Dimensións: diminuídas por obra pública/privada.
Observacións: Referencia catastral: polígono 63, parcela 132 (propiedade privada). O túmulo máis meridional dos localizados na necrópole. Atópase a uns 240 m en liña recta, cara ao noroeste, da aldea da Mámoa; á dereita da estrada (dirección Tomonde). Gabia de espoliación. A apertura do vial destruíu a metade sur do depósito arqueolóxico. Elemento gravemente alterado.
Mámoa do Campo das Antas 2
Código: GA36018080
Lugar: A Mámoa.
Coordenadas:
X: 550.546
Y: 4.715.364
Altitude: 697 m
Época: Neolítico.
Dimensións: diámetro: 26 m aprox. (acceso dificultoso).
Observacións: Referencia catastral: polígono 63, parcela 287 (monte comunal). Localizada a uns 330 m en liña recta, cara ao noroeste, da aldea da Mámoa; á esquerda da estrada (dirección Cabanelas). Identifícase pola presenza de cachotes de seixo branco, vestixios da coiraza, e pola apertura dunha gabia de espoliación.
Mámoa do Campo das Antas 3
Código: GA36018081
Lugar: A Mámoa.
Coordenadas:
X: 550.534
Y: 4.715.389
Altitude: 697 m
Época: Neolítico.
Dimensións: diámetro: 23 m aprox. (acceso dificultoso).
Observacións: Referencia catastral: polígono 63, parcela 287 (monte comunal). Localizado a escasos 10 m, cara ao norte, do túmulo 2; á esquerda da estrada (dirección Cabanelas). Foca de espoliación.
Mámoa do Campo das Antas 4
Código: GA36018082
Lugar: A Mámoa.
Coordenadas:
X: 550.527
Y: 4.715.439
Altitude: 697 m
Época: Neolítico.
Dimensións: diámetro: 23 m aprox. (acceso dificultoso).
Observacións: Referencia catastral: polígono 63, parcela 287 (monte comunal). Localizado a uns 25 m, cara ao norte, do túmulo 3; á esquerda da estrada xeral (dirección Cabanelas). Foca de espoliación.
Mámoa do Campo das Antas 5
Código: GA36018083
Lugar: A Mámoa.
Coordenadas:
X: 550.514
Y: 4.715.516
Altitude: 698 m
Época: Neolítico.
Dimensións: diminuídas por obra pública.
Observacións: Referencia catastral: polígono 63, parcela 287 (monte comunal). Localizada a uns 440 m en liña recta, cara ao noroeste, da aldea da Mámoa; á esquerda da estrada (dirección Cabanelas). A apertura (ou ancheamento) do vial levou por diante parte do depósito arqueolóxico.
Mámoa do Campo das Antas 6
Código: GA36018084
Lugar: A Mámoa.
Coordenadas:
X: 550.477
Y: 4.715.576
Altitude: 698 m
Época: Neolítico.
Dimensións: [Inaccesíbel]
Observacións: Referencia catastral: polígono 63, parcela 287 (monte comunal). Localizada a uns 510 m en liña recta, cara ao noroeste, da aldea da Mámoa; á esquerda da estrada (dirección Cabanelas).
Mámoa do Campo das Antas 7
Código: GA36018085
Lugar: A Mámoa.
Coordenadas:
X: 550.505
Y: 4.715.715
Altitude: 704 m
Época: Neolítico.
Dimensións: [Inaccesíbel]
Observacións: Referencia catastral: polígono 63, parcela 15 (monte comunal). Localizada a uns 600 m en liña recta, cara ao noroeste, da aldea da Mámoa; á dereita da estrada (dirección Cabanelas). É o túmulo máis setentrional dos localizados a día de hoxe na necrópole.
Mámoa do Campo das Antas 8
Código: Non catalogada (referencia oral).
Lugar: A Mámoa.
Coordenadas: Non localizada.
X: ¿?
Y: ¿?
Altitude: ¿?
Época: Neolítico.
Dimensións: ¿?
Observacións: Referencia catastral: polígono 63, parcela 15 (monte comunal). Ao norte da Mámoa 7, á dereita da estrada, dirección Cabanelas.
Mámoa do Campo das Antas 9
Código: Non catalogada (referencia oral).
Lugar: A Mámoa.
Coordenadas: Non localizada.
X: ¿?
Y: ¿?
Altitude: ¿?
Época: Neolítico.
Dimensións: ¿?
Observacións: Referencia catastral: polígono 63, parcela 15 (monte comunal). Ao norte da Mámoa 7, á dereita da estrada, dirección Cabanelas.
Mámoa do Campo das Antas 10
Código: Non catalogada (referencia oral).
Lugar: A Mámoa.
Coordenadas: Non localizada.
X: ¿?
Y: ¿?
Altitude: ¿?
Época: Neolítico.
Dimensións: ¿?
Observacións: Referencia catastral: polígono 63, parcela 287 (monte comunal). Dubidoso. Localízase, presuntamente, a uns 840 m en liña recta, cara ao noroeste, da aldea da Mámoa; á esquerda da estrada (dirección Cabanelas). De aínda existir, sería o túmulo máis setentrional do conxunto.
Foxa do Campo das Antas
Código: Non catalogada (referencia oral).
Lugar: A Mámoa.
Coordenadas:
X: 550.571
Y: 4.715.810
Altitude: 704 m
Dimensións: [Inaccesíbel]
Observacións: Referencia catastral: polígono 63, parcela 15 (monte comunal). Localízase a uns 700 m en liña recta, cara ao noroeste, da aldea da Mámoa; á dereita da estrada (dirección Cabanelas). Pode non ser un depósito arqueolóxico.
Outros megálitos:
Mámoa do Alto da Chá dos Augadeiros
Outro nome: Mámoa de Castrelo (Patrim.).
Código: GA36018012
Lugar: A Mámoa-Liñares.
Coordenadas:
X: 550.565
Y: 4.715.017
Altitude: 711 m
Época: Neolítico.
Dimensións: diámetro: 24 m; foca de espoliación: 4 m.
Observacións: Referencia catastral: polígono 68, parcela 493 (monte comunal). Localízase a uns 300 m en liña recta, cara so sudoeste, da aldea da Mámoa, á esquerda da estrada (dirección Tomonde).
Mámoa da Chá dos Augadeiros
Código: Sen catalogar (non se consigna no mapa de aproveitamentos forestais da Xunta).
Lugar: monte comunal de Liñares/Valadelo. O túmulo é fito de deslinde das parroquias de Tomonde (Cerdedo) e Castrelo (Forcarei).
Coordenadas:
X: 550.485
Y: 4.713.967
Altitude: 708 m
Época: Neolítico
Dimensións: diámetro: 23 m; foca de espoliación: 5 m.
Observacións: Referencia catastral: polígono 68, parcela 501 (monte comunal). Localízase a uns 850 m, ao norte, da necrópole do Outeiro dos Corvos (Tomonde). O aeroxerador nº 4 do parque eólico fincaríase a uns 180 m, ao sudoeste, da Mámoa da Chá dos Augadeiros, invadindo a súa área de cautela.
Megálitos da parroquia de Tomonde (Cerdedo) afectados pola instalación do parque eólico:
Mámoa da Lagoa do Medio
Código: GA36011060
Lugar: monte comunal de Tomonde (Cerdedo).
Coordenadas:
X: 550.324
Y: 4.714.446
Altitude: 710 m
Época: Neolítico
Dimensións: diámetro: 17 m aprox. (acceso dificultoso); foca de espoliación.
Observacións: Referencia catastral: polígono 30, parcela 866 (monte comunal). Localízase a uns 1’34 km, ao norte, da necrópole do Outeiro dos Corvos (Tomonde). O aeroxerador nº 2 do parque eólico fincaríase a uns 20 m, ao norte, do bordo cautelar da Mámoa da Lagoa do Medio (Tomonde). O aeroxerador nº 3 do parque eólico fincaríase a uns 190 m ao sueste da dita mámoa, invadindo a súa área de cautela.
Necrópole do Outeiro dos Corvos-Campo dos Cans
9 mámoas (8 catalogadas)
Códigos: M1: GA36011006, M2: GA36011007, M3: GA36011008, M4: GA36011009, M5: GA36011010, M6: GA36011011, M7: GA36011012, M8: GA36011013, M9: Sen catalogar (descuberta polo colectivo Capitán Gosende o 7 de marzo de 2020).
Lugar: monte comunal de Tomonde (Tomonde)-Loureiro (Figueiroa).
Coordenadas Mámoa 9:
X: 550.245
Y: 4.712.884
Altitude da necrópole: 690/700 m
Época: Neolítico
Dimensións (área de cautela da necrópole): 26’6 ha
Observacións: Referencia catastral: polígono 32, parcelas 3190-1-2 (monte comunal). A necrópole é fito de deslinde das parroquias de Tomonde e Figueiroa (Cerdedo) e mais Castrelo (Forcarei). A necrópole localízase a uns 1’34 km, ao sur, da Mámoa da Lagoa do Medio (Tomonde). O aeroxerador nº 6 do parque eólico fincaríase a uns 65 m, ao leste, do bordo cautelar da necrópole do Outeiro dos Corvos.
PETRÓGLIFOS
Gravado rupestre do Campo das Antas
Código: Sen catalogar (non se consigna no mapa de aproveitamentos forestais da Xunta).
Lugar: A Mámoa.
Coordenadas:
X: 550.553
Y: 4.715.148
Altitude: 696 m
Época: Calcolítico-Idade do Bronce.
Descrición: O gravado, tallado en rocha metamórfica, componse de 23 coviñas aliñadas e agrupadas. Os motivos inscritos abranguen unha superficie de 90x24 cm. A superficie visíbel da laxa é de 160x90 cm. A concavidade meirande ten uns 8 cm de diámetro.
Observacións: Referencia catastral: polígono 68, parcela 493 (monte comunal). Localízase a uns 315 m, ao oeste, da aldea da Mámoa, á esquerda da estrada (dirección Tomonde).
Cruciforme da Lagoa do Medio
Código: Sen catalogar (non se consigna no mapa de aproveitamentos forestais da Xunta). Descuberto polo colectivo Capitán Gosende en marzo de 2020.
Lugar: estrema interparroquial Tomonde-Castrelo.
Coordenadas:
X: 550.391
Y: 4.714.514
Altitude: 707 m
Época: prob. moderna.
Descrición: O gravado, tallado en rocha metamórfica, componse dunha cruz de 34x 38 cm
Observacións: Referencia catastral: polígono 63, parcela 324 (monte comunal). A rocha inscrita localízase a uns 90, ao nordés, da Mámoa da Lagoa da Medio (Tomonde). O aeroxerador nº 2 do parque eólico fincaríase a uns 150 m, ao norte, do gravado cruciforme. O aeroxerador nº 3 do parque eólico fincaríase a uns 195 m, ao sueste, do gravado cruciforme.
ESTACIÓNS MITOLÓXICAS
Eira/Lagoa _dos Mouros I
Lugar: A Mámoa-Liñares (monte da Lagoa).
Coordenadas:
X: 550.469
Y: 4.714.596
Altitude: 717 m
Superficie: 1.350 m2 aprox.
Observacións: Referencia catastral: polígono 68, parcela 493 (monte comunal). Fito interparroquial Tomonde (Cerdedo)/Castrelo (Forcarei). Segundo consta na bibliografía anexa, na Eira dos Mouros I apreciouse, en tempos, un aliñamento lítico circular e perimetral. Lagoa estacionaria, zona húmida. Lendas (véxase a bibliografía anexa). O aeroxerador nº 2 do parque eólico fincaríase a uns 100 m, ao noroeste, da Eira dos Mouros I.
Eira/Lagoa _dos Mouros II
Lugar:
Coordenadas:
X: 550.413
Y: 4.714.103
Altitude: 708 m
Superficie: 550 m2 aprox.
Observacións: Referencia catastral: polítgono 68, parcela 501 (monte comunal). Fito interparroquial Tomonde (Cerdedo)/Castrelo (Forcarei). Lagoa estacionaria, zona húmida. Lendas (véxase a bibliografía anexa). Polo oeste, a apertura dunha pista forestal reduciu o tamaño da.
Eira/Lagoa _dos Mouros III
Lugar:
Coordenadas:
X: 550.526
Y: 4.713.868
Altitude: 700 m
Superficie: 2.000 m2 aprox.
Observacións: Referencia catastral: polígono 68, parcela 505 (monte comunal). Fito interparroquial Tomonde (Cerdedo)/Castrelo (Forcarei). Lagoa estacionaria, zona húmida. Lendas (véxase a bibliografía anexa). O aeroxerador nº 4 do parque eólico fincaríase a uns 90 m, ao sudoeste, da Eira dos Mouros III.
Mesa dos Mouros
Lugar: A Mámoa (Campo das Antas)
Coordenadas:
X: 550.548
Y: 4.715.234
Altitude: 714 m
Dimensións: Conxunto rochoso: 30 m + 60 m de lonxitude. “Mesa” 1: 7’50 m de longo/1’40 m de largo. “Mesa” 2: 6’60 m de longo/2 m de largo.
Observacións: Referencia catastral: polígono 63, parcelas 131-2/287. Afloramento metamórfico lonxitudinal. Lendas (véxase a bibliografía anexa).
Os bens arqueolóxicos e mitolóxicos descritos con antelación vense directamente afectados polo proxecto de construción do parque eólico das Penizas (DOG, 13 de marzo de 2020).
Afeccións graves
−O aeroxerador nº 2 do parque eólico fincaríase en terra de Tomonde (Cerdedo), a uns 650 m ao sudoeste da da aldea da Mámoa; e a uns 650 m, ao noroeste, da aldea de Liñares (Castrelo).
−O aeroxerador nº 2 do parque eólico fincaríase a uns 20 m, ao norte, do bordo cautelar da Mámoa da Lagoa do Medio (Tomonde).
−O aeroxerador nº 2 do parque eólico fincaríase a uns 150 m, ao norte, do Cruciforme da Lagoa do Medio (Tomonde).
−O aeroxerador nº 2 do parque eólico fincaríase a uns 100 m, ao noroeste, da Eira dos Mouros I (Castrelo).
−O aeroxerador nº 3 do parque eólico fincaríase en terra de Castrelo (Forcarei), a uns 570 m ao leste da da aldea de Liñares (Castrelo).
−O aeroxerador nº 3 do parque eólico fincaríase a uns 190 m, ao sueste, da Mámoa da Chá dos Augadeiros (Castrelo), invadindo a súa área de cautela.
−O aeroxerador nº 3 do parque eólico fincaríase a uns 195 m, ao sueste, do Cruciforme da Lagoa do Medio.
−O aeroxerador nº 4 do parque eólico fincaríase en terra de Castrelo (Forcarei), a uns 180 m ao sudoeste da Mámoa da Chá dos Augadeiros (Castrelo), invadindo a súa área de cautela. A Mámoa da Chá dos Augadeiros non figura reflectida no mapa de aproveitamentos forestais da Xunta, polo que intuímos que tampouco consta no catálogo de Patrimonio.
−O aeroxerador nº 4 do parque eólico fincaríase a uns 90 m, ao sudoeste, da Eira dos Mouros III (estrema interparroquial Tomonde-Castrelo).
−O aeroxerador nº 5 do parque eólico fincaríase en terra de Castrelo (Forcarei), a uns 560 m ao leste da aldea da Murada (Castrelo).
−O aeroxerador nº 6 do parque eólico fincaríase en terra de Castrelo (Forcarei), a uns 65 m ao leste do bordo cautelar da necrópole do Outeiro dos Corvos (Tomonde).
−O aeroxerador nº 8 do parque eólico fincaríase en terra de Figueiroa (Cerdedo), a uns 650 m ao sudoeste da aldea do Vieiro (Castrelo).
Outros megálitos da parroquia de Castrelo:
Mámoa do monte da Pereira
Código: GA36018019
Lugar: O Barazal (microtopónimo).
Coordenadas:
X: 551.376
Y: 4.716.173 [As coordenadas que sitúan o túmulo no mapa de aproveitamentos forestais da Xunta son erróneas]
Época: Neolítico.
Observacións: Referencia catastral: polígono 63, parcela 255. Localízase a uns 650 m á dereita da estrada EP-7001 (dirección As Casetas), e a 1 km ao noroeste da aldea da Mámoa.
Mámoa da Pereiriña
Outra denominación: Mámoa do Pepeiriño (Patrim.). [Den. imprecisa]
Código: GA36018020
Lugar: Perto das Casetas (par. de Forcarei).
Coordenadas:
X: 551.274
Y: 4.717.176 [As coordenadas que sitúan o túmulo no mapa de aproveitamentos forestais da Xunta puideran ser erróneas]
Época: Neolítico.
Observacións: Referencia catastral: polígono 63; non se precisa a parcela por dubidar da situación exacta do xacemento. Localízase a uns 150 m á dereita da estrada EP-7001 (dirección As Casetas), e a 2’1 km ao nordés da aldea da Mámoa. É o túmulo catalogado máis setentrional da parroquia de Castrelo.
Mámoa da Carballeira do Rei
Outra denominación: Mámoa da Carballeira da Loba (referencia oral).
Código: GA36018021
Lugar: Liñares-Monte da Areosa.
Coordenadas:
X: 551.840
Y: 4.714.624
Época: Neolítico.
Observacións: Referencia catastral: polígono 67, parcela: 1235. Localízase a uns 600 m ao nordés da aldea de Liñares. Pouso do camiño real (antiga calzada romana) que atravesa o río Lérez pola ponte de Gomaíl. É o túmulo catalogado máis meridional da parroquia de Castrelo.
Mámoa de Liñares
Outra denominación: Mámoa do monte da Areosa (Patrim.). [Den. imprecisa]
Código: GA36018039
Lugar: A Mámoa/Liñares
Coordenadas:
X: 551.071
Y: 4.714.771
Época: Neolítico.
Observacións: Referencia catastral: polígono 67, parcela 850. Localízase a 420 m ao sueste da aldea da Mámoa e a uns 290 m ao noroeste da aldea de Liñares.
Mámoa do monte da Murada
Código: Non catalogada (referencia oral).
Lugar: A Murada.
Coordenadas: Non localizada.
X: ¿?
Y: ¿?
Altitude: ¿?
Época: Neolítico.
Dimensións: ¿?
Outros petróglifos:
Gravado rupestre do Vieiro
Código: Sen catalogar (non se consigna no mapa de aproveitamentos forestais da Xunta).
Lugar: O Vieiro.
Coordenadas:
X: 551.586
Y: 4.712.355
Altitude: 631 m
Época: Calcolítico-Idade do Bronce.
Descrición: Agrupamento-aliñamento de 25 coviñas talladas na parte superior dun afloramento metamórfico.
Observacións: Referencia catastral: polígono 72, parcela: 22. Localízase a uns 300 m ao sudoeste da aldea do Vieiro. Descuberto polo colectivo Capitán Gosende o 26 de xuño de 2016.
CASTROS
Castro da Mota
Código: GA36018011
Lugar: A Barciela.
Coordenadas:
X: 552.005
Y: 4.712.625
Época: Idade do Ferro/Alta Idade Media.
Observacións: Referencia catastral: polígono 70. Recinto fortificado.
Coto da Roda
Código: GA36018091
Lugar: Lerce.
Coordenadas:
X: 552.775
Y: 4.712.716
Altitude: 529 m
Época: Idade do Ferro.
Dimensións: 120 x 80 m (óvalo).
Observacións: Referencia catastral: polígonos 71 (For) 34 (Cer), parcelas 493 (For) 1789 (Cer). Fito de deslinde das parroquias de Parada (Cerdedo) e Castrelo (Forcarei). Castro. Outros arqueólogos considérano os vestixios dun curro neolítico.
ACHÁDEGOS
Machado puído
Lugar: A Mámoa (Campo das Antas).
Coordenadas:
Lon: 8º 22’ 40’’ W
Lat: 42º 35’ 10’’ N
Época: Neolítico.
Observacións: Depositado no Museo de Pontevedra (ano 1989).
Muíño de man circular
Descrición: Pé de muíño, dormente.
Lugar: A Barciela.
Coordenadas:
Lon: 8º 21’ 52’’ W
Lat: 42º 33’ 42’’ N
Época: Romano/Medieval.
Observacións: Atopouse facendo parte do enlousado do camiño que, cruzando o río Lérez, vai dende a aldea de Barciela (Castrelo-Forcarei) até a parroquia de Folgoso (Cerdedo).
Referencias bibliográficas:
‒Filgueira Valverde, Xosé e García Alén, Alfredo: Materiales para la carta arqueológica de la provincia de Pontevedra, EMP, VIII, Pontevedra, 1954-56, páx. 55:
Ayuntamiento de Forcarei
Castrelo, Santa Mariña:
Mámoa: Campo das Antas, con unas 20 mámoas.
Castrelo, Santa Mariña:
Hay mámoas, según referencia sin firma en Col. Sampedro, c. 70.
‒Filgueira Valverde, Xosé e García Alén, Alfredo: Inventario de monumentos megalíticos, EMP, XXXI, Pontevedra, 1977, páxs. 85-6:
Ayuntamiento de Forcarei
Castrelo, Santa Mariña de
Mámoa
Campo das Antas, das Santas, das Modornas o das Mámoas.
Conjunto de cuatro túmulos dolménicos: “O Campo das Antas ten catro modornas, e unha delas garda as outras todas”. Son de dimensiones similares; hállanse separadas entre sí 25 m las dos que ocupan el centro de la línea; la última, separada 75 m de la más próxima, fue puesta parcialmente al descubierto por la pista forestal abierta recientemente. El dolmen de la mayor está formado por cinco voluminosos “esteos”, colocados casi en círculo; el túmulo, ligeramente ovalado mide 15’50x13 m de diámetro y 2’20 de altura; el dolmen mide 2’15x2’10 m de diámetros interiores.
Folklore: Se las considera hechas por hombres “anteriores ós cristiáns” o por los “mouros” y que en su interior hay “unha cuncha de ouro”.
A la altura de estas mámoas, pero al lado contrario de la pista vecinal, sobre un pequeño otero, se yerguen tres piedras verticales, de 1’50 m de altura, junto a las que hay un bloque de forma redondeada, al que llaman los vecinos “Mesa dos Mouros”, por atribuirles dicha construcción.
Folklore: “Unha vena de ouro vai do Outeiro da Mesa dos Mouros a Fonte dos Arrieiros”.
A 300 m de la última mámoa y profanada como las descritas, hay otra “modorna” cuyo túmulo tiene 15 m de diámetro por 2 m de altura.
Folklore: “Tenía en su interior “unha hucha de ouro””.
Eira dos Mouros
Quinientos metros más adelante están dos planicies denominadas Eira dos Mouros. La primera está delimitada por ligeras afloraciones rocosas en círculo, de un diámetro de 31 m aproximadamente; su centro está completamente cubierto de hierba. La segunda es de forma no tan perfecta y menores dimensiones; en sus proximidades hay una mámoa.
Folklore: Se supone a la primera el lugar donde hubo “unha loita antre mouros e cristiáns, na que morreron moitos homes e fíxose moita sangue, polo que o toxo non volveu a medrar máis alí, afogado polo sangue” y, según otros informantes, que era el sitio “onde os mouros adoraban os seus dioses”, o que “servía de asentamento os mouros”.
‒Solla, Calros: “O Coto da Roda, un curro neolítico”, Faro de Vigo-Montes, 23-9-2012.
‒Solla, Calros: “Un eólico ameaza a necrópole do Campo das Antas”, Faro de Vigo-Montes, 21-10-2012.
‒Solla, Calros: “Capitán Gosende remexe na aldea da Mámoa ( I )”, Faro de Vigo-Montes, 28-12-2013.
‒Solla, Calros: “Capitán Gosende remexe na aldea da Mámoa ( II )”, Faro de Vigo-Montes, 29-12-2013.
‒Solla, Calros: “O misterio das Eiras dos Mouros”, Faro de Vigo-Montes, 16-3-2014.
‒Solla, Calros: As pedras da tribo. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo, Ed. Morgante, 2014.
‒Solla, Calros: “Un petróglifo na parroquia de Castrelo”, Faro de Vigo-Montes, 10-7-2016.
‒Solla, Calros (Colectivo Capitán Gosende): O legado dos homes pequenos. Gravados rupestres de Cerdedo, Ed. Morgante, 2017.