As letras galegas que non puideron ser, unha achega desde a nosa comarca
David Otero
O tempo de esperanza non se pode conxugar soamente en pasado.
Por iso indo na memoria nosa comunal, viva e activada, poñemos en presente de referencia nacional a DON RICARDO CARVALHO CALERO no ano 21, que debese ser de continuada celebración e honra á súa persoa como LETRAS GALEGAS, pero tamén a día de hoxe , 25 de primavera, celebrámolo no seu 31 cabodano.
Hoxe escribimos unha páxina máis, da súa exemplar militancia en Galiza e que no seu contido, nós debemos manter na lealdade.
Xa que logo desde a AC VAGALUMES da Estrada, de primeiro, queremos parabenizar á nosa Federación de Galiza Cultura por esta magnífica proposta extensiva para honra permanente a Don Ricardo.
Así, nesta xornada primaveral, desde as Terras de Tabeirós e Montes, queremos acompañar a Don Ricardo e ir co seu vivir e pensamento militante.
Velaí “ Carvalho, Lingua e Terra”.
A presenza de Don Ricardo por estas terras foino sempre de ampla xenerosidade e asemade de facer construtivo cualitativo. Por unha parte a súa participación activa para a celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN 1970 ADICADAS A MARCIAL VALLADARES.
Por outra parte a súa disposición a vir á nosa vila.Moi especialmente a través da AC A ESTRADA, colectivo precursor desta de hoxe AC VAGALUMES.
Gratitude a Don Ricardo pola súa disposición, axuda e respecto á militancia de base ( pois el foi un deses militantes) .
Tamén pola súa ampla lección de lingua e pobo, de historia e literatura, de identidade e proxectos, que moitas e moitos estradenses así foron estimulados e postos en aprendizaxe comprensivo polo que interiorizaron saberes e actitudes.
Desde a Estrada, grazas a Don Ricardo pola súa xigante referencia e así nese fío…todas e todos nós… xuntos nos proxectos…seguimos nela.