Para a AC Vagalumes, entidade á que pertence o grupo Disfunción Continua Teatro, é fundamental a posta en valor dos colectivos e agrupacións que traballan na cultura de base, pois levan a cabo un importantisimo labor de dinamización social, achegando o teatro á cidadanía e promovendo a convivencia, a aprendizaxe, a inclusión e a participación.
As funcións do Circuíto realizaranse no Teatro Principal. As entradas estarán á venda na taquilla cun prezo de 3 euros se se mercan de forma individual; tamén existe a posibilidade de prezo bonificado, adquirindo o primeiro día as entradas para todos os espectáculos (agás a obra infantil) a 6 euros.
Programa:
- Venres 9 de setembro ás 21:00 h: microteatro
- Hipócrita Teatro: Mitoloxía para ignorantes.
- Farándula Velutina: Punta tacón.
- A Tequerreté: Anónimas.
- Sábado 10 de setembro
- 12:30 h: Andaravía Teatro: Brincacontos (infantil)
- 21:00 h: Max Teatro: Rutinas
- Domingo 11 de setembro ás 19:00:
- Teatro do Ar: Porcos do país.