David Otero
E así desde nós, desde quen somos, postos nas maiores ilusións, no compás dos libros, nas lecturas de ganchete e no exercicio dos pensamentos, libremente, velaí como nos volvemos a mellores e poñemos as nosas palabras a camiñar, sentindo emocións de altas gradacións. Cos libros facémonos parte viva do universal. Axudamos construír unha sólida realidade de país. Por iso, conectando, sabéndonos Nós, sen dicir non a ninguén, así iremos. Iso é abrazar..Iso é poñer as horas a toda luz.