Xoán Xosé Fernández Abella
I SONETO EN LOOR DO EXIMIO DON RICARDO CARBALLO CALERO Alta honra de Ferrol e de Galiza, enteiramente ás mesmas consagrado, estudoso incansable, namorado da Beleza, a Verdade e a Xustiza. Túa entrega foi total sempre na liza polo traballo serio e ben logrado, un traballo profundo e artellado, que gran sabedoría patentiza. Eu canto aquí un cume da Cultura, catedrático impar, poeta inmenso, sabio da Lingua e da Literatura. Dramaturgo, ensaísta de fondura e de Galiza defensor intenso. Chegue ata ti miña loanza pura. 20 de Xullo do 2.014 (Publicado no meu libro "Loanzas sentidas e outros poemas" no 2018) | II A DON RICARDO CARBALLO CALERO, "LETRAS GALEGAS 2020", POR FIN! Por fin chegou o Día! Xa era hora para facer xustiza á túa memoria, exemplo de honradez na nosa Historia, alma da nosa esencia defensora! Péchense coa verdade as feridas. E iso hase acadar coa Democracia. Pensar que así non é, unha falacia. De paz encha a verdade as nosas vidas. Volvo cantar "un cume da Cultura, catedrático impar, poeta inmenso, sabio da Lingua e da Literatura. Dramaturgo, ensaísta de fondura, e de Galiza defensor intenso." Volvo brindarche a admiración máis pura. Os Tilos, 21/Xaneiro/2020 |