David Otero
Teño que dicir que hoxe , afortunadamente, temos entre nós á muller, mestra e escritora, no seu día a nena ensinante en Cesures, acollida na casa de Avelino Pousa… Fina Casalderrey…, a cal, usando palabras da poeta Olga Novo, desde ben nova comezou, e con actitude de ben e normalización cultural galega, digo pois, comezou facer chispas e acariños coa lingua… e comprensivamente desde ela, auténtica, dar mornura e ánimos, calor de identidade e sensibilidade, para saber e uso da mesma.
Velaí que niso tamén conlevaba afecto, emocións, creación e espíritu crítico,… para ver… abrindo os ollos… e, desde as actitudes de respecto, se fixer falla, aprender a morder, facendo alimento das cousas que ela quixo e quere. Ese amor dela desde nenez… que a leva da man e no que tamén mirarse a cada hora.
Dise de Fina Casalderrey unha das escritoras máis importantes da historia da literatura infantoxuvenil galega… e eu, sen lle sacar nin un tanto así de mérito, pero polo moito que aínda agardamos dela, sen metela na historia, direi que é unha das escritoras moi importantes da literatura galega. A súa obra é ferramenta ben forte, impactante no ler,… e na tribu amorosa das lectoras e lectores, xa que a súa literatura comunica,dános voz e posibilita imaxes lindas, media en nós e provoca… Ábrenos…, pois en nós caben multitudes. Con ela, na lectura e libremente, sen irmos tarde,… pensamos, reconstruíndo esperanzas , o noso mundo no mundo con nova letra e con música contemporánea.
E así saber ben: “ dese berro pequeno,non cativo, que resoa de verdade, ese berro el dos que nacimos no máis abaixo das escaleiras,”
Fina é autora recoñecida e moi traducida, si, a máis de doce idiomas e máis ao braille. A que é fermoso, importante e xigante, que desde o noso idioma se vaia con interés aos demáis polas pontes da palabra feita literatura?... Verdade que enche de marabilla, que desde a súa obra, dándo ánimos de lectura, haxa descubrimentos tan bonitos da nosa literatura, ela tan de frescura e de cultura? A que é ben fermoso desde a obra de Fina feita corpo, con personaxes que saben a azucre e a rosquillas da santa, ese se volva poder para tantas sombras de moitas colores.?
E así a nena de Xeve,Pontevedra,desde os seus desexos tratando de concebir a vida con beleza,pensando no dicir da súa xente sabia, súa nai e seu pai, ponse a camiño de muller, mestra e escritora…Decide que o ensino administre unha parte esencial da ceremonia da súa vida.E bota andar no íntimo e público das súas batallas e conquistas…Ela pensaba en optimista. O camiño irase aclarando.Velaí a Fina amadora e soñadora posta en camiño.
Primeiro, eu direi que en Cesures, da man amiga e familiar de Avelino Pousa Antelo e Nora, as fillas e fillo, recéns de viren de por terras de Tenerife e Zaragoza…Días de referencias en arrobas de afectos.No cotiá experiencias e tenrura.
De Segundo direi Moraña.Xunto con Mariano xa ben sentada a militancia na escola libre,activa, participativa, con significado.Crítica e creativa. Novas propostas e intuicións.O teatro e a literatura. Desencontros. Resistencia. Pois… “ Unhas veces síntome cantil tan perto e outras firmemente ceo azul algo de lonxe….” As ideas penduraban… E non caeron.
En Moraña constata que ninguna innovación virá de arriba.A eses de alí do alto, ela e Mariano súfrennos.Tratan de ir par adiante.Saben onde están e a onde van.
Logo Marín e Pontevedra.Camiño de madurez posta nas experiencias. Encontros e contextos pedagóxicos e literarios.Lingua e Cultura. María Vitoria Noreno, Agustín, Paco Martín, Xabier Docampo e mais delas e deles. Freixanes, Xabier Senín, Bragado.Obra consolidada.Teatro e etnografía, xornalismo. Premios. Recoñecementos. O seu propio Premio na igualdade.A Academia.Escritora na súa Terra recoñecida pola AELG.Sesión en Ponte do Burgo, Pontevedra logo….Sempre mestra sen mantilla.Esa clase militante na dignidade.
Velaí como lle din “ escritora en conxunto con obra de excelencia”.
Agora para este ano que vén é candidata ao Premio Astrid Lindgren e ao “ Nobel da lit Infantil”que concede o IBBY internacional, o premio Andersen.
Esta muller, mestra e escritora…todo o merece.Todo.
Ela , xa o sei, ha dicir que todo o dito, e máis que vou dicir, é un esaxero…ben, ela é libre de pensar e valorar o que quere.Eu dígovos, amigas e amigos, que o dito é pouco.Pouco crédeme.
Sei que quen ten que falar do libro que hoxe presentamos , e mellor cá min, é Maka Arca Camba, pero eu, se non falo, rebento, quero dicir algo da MULLER XABARIL de Fina, editada por Xerais.
Fina adícalla ás tolas socialmente ignoradas que soñaron con cambiar o mundo e asemade tamén a calquera de nós por interesarnos en afondar nas suas traxedias persoais.Grazas Fina. O que dis na túa novela é ese péndulo que bate nos nosos pequenos cerebros e vai pautando o tempo.Grazas outra vez.
A túa novela …faise un universo a cículos concéntricos con varios centros referentes, pero eu, lector de pola casa, fágoo principalmente en Ramiro que adoece do pracer de descubrir e que camiña xeracionalmente fundamentalmente coas súas mulleres, ben de perto del, ben de máis lonxe, el querido, el desquerido…. A Ramiro desvelaríanlle a seu tempo , e sen faltar á súa palabra, o segredo do Xabaril, da muller Xabaril, Adelina. O reloxo ía a tic tac cara a diante e tan tan para atrás á inversa. Ramiro, noviño, descubrindo ao Xabaril, mancouno…Aínda es año de leite, dixéronlle.O Xabaril ten nome.Adelina…E seu can.Chamábase Luís. Adelina vai en si coa súa vida e ten outra para os demáis.Ela… algún día nas mans de Ramiro… ha alumear o seu mundo e así a todo o mundo. Como diría Mario Benedetti, así tamén diría a muller Xabaril, Adelina:” Cantos seres cruzaron polo meu corpo como frechas.Cantos me entraron polos ollos…e son tantas as preguntas tan urxentes, non hai tempo, non hai tempo,non hai tempo…” e como diría Gioconda Belli, tamén Adelina diría:”hai días penso que están feitos para morrerse…ou para chorar…días poboados de pantasmas e ecos nos que ando sobresaltada parecéndome que o pasado vai abrir a porta e que hoxe vai ser onte…” E Adelina deulle que comer a Ramiro para que medrase.Para que chegase ao momento de saber?
Lennon non para.
-Lede moito, filliños… hai un libro para cada doenza…
- di Adelina.
E comezan as cartas.O epistolario esclarecedor.Alguén dixo que “ler é engadir un cuarto á casa da vida”… e outro tamén “hai que ler coas costas a cuberto”… E así “ir a modo como sexa posible e tan rápido como sexa necesario”.E aínda que queiras, non podes fuxir do corpo.
E Ramiro atopa as cartas. Ese tesouro.Unha das verdades. Esa revelación.E o mundo por momentos para.Había noticias…Ramiro, indo na lectura, ama un pouco máis a palabra escrita…E así,lendo, el percibe o bonito e sorpresivo que pode deixar a vida no medio de bastantes desastres. Aquelas cartas foron unha porta pola que entrar para atoparse. Os reloxos marcaban o onte…e tamén o mañá da descuberta.O alborexar do “amar máis” para que as noites tivesen os seus propios arrecendos.Desvelárase o pretérito encuberto…Ramiro sabía de súa avoa. A ela diríalle desde hoxe: Sabes? Fasme falta no meu futuro agárdame…agárdame pois , aló onde te vaias, onde esteas, agárdame. E seguiría… Sabes?...Quererte fáiseme doado.
Camila, a neta de Ramiro, bis de Concha…
- avoa…sabes quen son?
- bo. Adelina…
- Son o Xabaril?
- O Xabaril, di a avoa, O xabaril…ten nome…! Ramiro díxolle á neta, Camila, que hoxe cearían na súa casa e que falarían….Ramiro notou como Camila levaba un trebo de catro follas pillado entre os dedos. Fina, a escritora, nesta novela pontevedresa total, xunto con ben máis cousas…deunos personaxes que saben a luz de mel para disfrutalos. Ela levounos da man por un bonito paseo conxugando o verbo ler como exercício dos pensamentos. Nós tamén concordamos co contido desta novela ghuapa: “Mirar atrás é máis bonito”. E así que os reloxos non paren: “Tan tan…” E tamén, claro, tic, tac. tic, tac…
* Intervención na presentación do libro "A muller xabaril" de Fina Casalderrey