David Otero
Por iso á velocidade de cen anos por corazón …co xornal El Emigrado, xorden á luz nomes propios que conforman tribuna ourada de honra e de exemplariedade…Otero Abelleira, García Barros, Bernardo Mato, Cabada Vázquez, Lousada Diéguez….
E así con eles todos… e con vós…
nós imos e sentimos…
a choiva que nos cae
e a cada pinga que nos molla,
nese tocarnos primoroso
notamos o chamadoda memoria
e recoñecendo…
enchémonos de nome propio
para teimosamente seguir nos andares de nós
a maior riqueza.
Andar e andar…
Andares…
atopando.
Atopando
tantas alfaias súas …de belezas,
e tan marabillosas deles…
nas cestiñas das avoas,
nas uchas dos avós,
nas cartas de América,
nas de por aquí…
nas de moitas frontes,
nas das gavias, nas das cadeas…
e nas dos lazaretos.
Atopando …
e descubrindo
sabendo e sabéndonos
a tanta xenerosidade
nación e pobo
para seguirmos nos pasos comunais
militando nos recordos
para escribirmos memoria
e reconstruirnos
na dozura do ideal
con plenitude
E así tamén a aqueles
que decretaron silencios sen disimulos
nós… e nas nosas palabras,
no vínculo irrenunciable
da nosa determinada
identidade,
sairémoslle ao encontro
e darémoslle o alto
do día á noite
da noite ao día.
E así nesta restauración dos nosos
xa non estaremos nas soidades,
nunca máis notaremos a pobreza
de vidas reprimidas,
olvidadas,
silenciadas,
pois a memoria
fíxose casa común e nosa
e os sufrimentos… xa non serán os versos
cos que comecemos os poemas.
…as esperanzas… non caducan
setembro, 15 de MMXX