Esta data foi elixida con motivo do Día Mundial das Montañas, ecosistema e medio de vida especialmente ameazado pola vaga eólica.
En Cerdedo están chamados a participar todas as veciñas e veciños de A Estrada, Forcarei, Beariz, Cerdedo e Cotobade, concellos que están a sufrir especialmente a avalancha de proxectos eólicos con preto dunha trintena de parques eólicos en diferentes fases de tramitación (Tramontana, Afrende, Siroco, Rula, Targos, Outeiro Grande, Monte Festeiros, Borreiro, Pedra Longa, Cabanelas, As Penizas, Ampliación As Penizas, Campo das Rosas, Pico Touriñán, Touriñán III-2, Rosa dos Ventos, Porto Vidros, Monte Arca Norte, Nesa Monte Arca Sur, Monte Arca, Monte Xesteiros, Castro Valente, Paraño Oeste, Marcofan, Campos Vellos, Coto Carballal, Dos Cotos, Monte do Pe e Coto Aguado) e os respectivos entramados de liñas de alta tensión que se estenderán por todo o territorio.
Dende as entidades convocantes animan a participar na manifestación pola defensa do noso medio natural, do noso patrimonio, da auga, da economía local e, sobre todo, pola defensa da saúde e da vida da veciñanza no rural.