David Otero Hoxe a Chaira sabe a casa de ben pois a Patria campa do mellor a soar de verso e a canto de poema. Hoxe a Chaira celebra unha luz pura feita de palabra e pobo na lingua nutricia nosa dicíndo así o teu nome … Manuel María Velaí que este oito de setembro sexa de por sempre todo o ano fluir de afectos desexados sumando sempre primorosa a Chaira na túa memoria Manuel… que nos irmanda. david otero, 8/9/MMXX. | |