Concha Rodríguez
Agora xa entrada en anos, abofe que cando pensas niso, atoàs moi pouca cousa.Tampouco ventaxe algunha para a xente do común que viñese dos Gobernos.Menos dos monopolios.Recordo que polos anos sesenta aos carros das vacas había que poñerlle á forza unhas chapas de colores:Eran o tributo para que se puidese andar cos carros pola estrada. Vaia ironía…Todo foron golpes pa a vida nas aldeas.Agonía, direi que irreversible, para o rural.
Pero hai máis. A emigración deixou eivada á Galicia interior sobre todo.Eucaliptos, encoros, minicentrais,Os galegos hai ben tempo que debésemos ter luz gratis.Un canon especial galego. Galicia é excedente en electricidade.Non hai máis que mirar e ver como a nosa enerxía eléctrica marcha para a meseta enchegando á Canda e ao Padornelo.Vaise porque a levan a bo prezo.
Agora tocan eólicos.Para as eléctricas, din productoras de enerxías verdes, non somos máis que cotas de altura, onde a poder ser que os ventos zoen ben e os muíños así produzan máis.
Que saben eles da biofília,si…,estar atada ás raíces que configuran a natureza, o medio ambiente, as tradicións,os costumes,et..?
Marcan e trazan.Fan e desfán.Nada, nin un pouco, lles preocupa se destrúen sen respecto, nin consideración,a nosa flora,os nosos montes, a nosa fauna, en especial neste noso caso,sen ter para nada en conta os nosos animais libres nestes montes.
Hoxe aquí estamos nun lugar máxico, de todas e todos nós, comunal e non hai mellor momento que xuntar esforzos e valorar o que é noso e defendelo.Queren sacárnolo.E temos que facernos escoitar,Son horas.
concha rodríguez das quintas