David Otero
dictadura militar,
a tortura,
a forzada confesión,
a fin da liberdade,
a morte decretada.
Para os nosos seis de aquí, insigne media ducia,
van hoxe estas palabras feitas versos,
preñadas de emocións ,
neste solpor de outono, nesta Ponte do Regueiro,
espazo de memoria irrenunciable,
topónimo notorio, referente de martírio.
Eles os seis da Ponte tan nosos, distingo esencial
da nosa memoria.
Os asasinos, nin os gobernos de logo,
nunca lles pagaron os enterros.
e tivemos que meter a nosa memoria no baúl,
mesmo en casos… poñela na diáspora… fóra de nós.
Pero non quixemos que os ósos destes nosos perdesen a color
e así na resistencia amasamos e forneamos pan irmandado,
reivindicamos reparación,
pois temos que gañar a paz na verdade da xustiza,
poñela a disfrute por outono relucinte nas mesas nosas,
comasí… nas primaveras máis primorosas.
Temos que sabernos as cancións na letra firme da nosa historia.
todas e todos en canto… a unha voz común ,
para os nosos seis… da Ponte do Regueiro…
Sintamos así tamén notado… o acariño do noso Pobo,
a determinación da nosa Patria,
a palabra limpa e pura, musical, da nosa matria.
Afagámonos ao amor,
demostrémolo en seguros, coma aquí,
pois eles presentes neste lugar de merecer,
esta media ducia ourada de gloria,
nos marcan a toda luz e acerto o camiño soberano
para irnos pola dirección atinada.
E así diremos a nomes significados, os seus propios de distingo:
Severino, José Domingo,Juan, Ramón, Manuel, Jesús…
…que así foi cuartel, tortura, paseo e morte.Ponte do Regueiro da Estrada.
Collamos con afoutes os nosos soños.
Volvámolos soñar.
Tamén así neste solpor e na memoria …
disfrutemos …do nacer das novas palabras… feitas esperanzas
e coas nosas mans donas das chaves nosas , teimemos na xustiza,
vaiamos polas verdades que nos deben.
david otero, na ponte do regueiro, IX/XI/MMXXIII/
Liberémonos dos lumes para non caer nas brasas.
Que nos coñezan sempre por sermos as da cabeza erguida.
Que nos coñezan sempre por sermos os da cabeza erguida.
E que hoxe, neste espazo de martírio,
a mellor palabra, a máis firme, a máis decidida e significada,
sexa… MEMORIA.