Simboloxía franquista en Cerdedo (4ª entrega)
Calros Solla
- Fonte pública de Tomonde (O Barral)
Localización
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Tomonde.
Lugar: Tomonde (O Barral).
Coordenadas: X: 549.038; Y: 4.714.248
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa na cabeceira. Inaugurada no ano 1950, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local da Falanxe. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, pío e dous sentadoiros. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falanxe (xugo e frechas). Por debaixo, riscáronse as siglas J.A.M. e mais a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 53 cm x 34 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falanxe]
J. A. M.
1952
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
- Lavadoiro público de Tomonde (O Barral)
Localización
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Tomonde.
Lugar: Tomonde (O Barral).
Coordenadas: X: 549.123; Y: 4.714.291
Inmóbel: Lavadoiro cuberto, con inscrición memorativa na cabeceira. Inaugurada no ano 1954, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres (o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local da Falanxe) ou coa de Antonio Peleteiro Fernández (o cuarto alcalde da ditadura en Cerdedo). Na cabeceira do lavadoiro tallouse o emblema de Falanxe (xugo e frechas). Por debaixo, riscáronse as siglas O.S.M. e mais a data de construción. As siglas O.S.M. correspóndense a “Obra Social del Movimiento”, un desaparecido organismo franquista.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 42 cm x 34 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falanxe]
O. S. M. 1954
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
- Fonte pública da Vilalén (fonte da Aldea de Baixo)
Localización
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Tomonde.
Lugar: A Vilalén (Aldea de Baixo).
Coordenadas: X: 548.808; Y: 4.713.492
Inmóbel: Fonte con inscrición memorativa na cabeceira. O inmóbel consta de fonte e bebedoiro. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falanxe (xugo e frechas). Por debaixo, labrárase a data de construción, mais, na actualidade, só é visíbel un “1”. Os riscos aínda conservan a pintura negra (trazo orixinal ou repintado).
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 78 cm x 40 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falanxe]
DIPUTACIÓN ∙ P
COOPERACIÓN ∙ AÑO 1 [...]
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición. Inquirir a data de construción do inmóbel e gravala no sitio.
Continuará...