Simboloxía franquista en Cerdedo (5ª entrega)
Calros Solla
- Fonte pública da Devesa
Localización
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Tomonde.
Lugar: A Devesa.
Coordenadas: X: 548.105; Y: 4.714.580
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local da Falanxe. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, pío, bebedeiro e lavadoiro. O inmóbel foi recentemene restaurado. Os labores de restauración respectaron a inscrición preconstitucional. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falanxe (xugo e frechas). Por debaixo, riscáronse as siglas J.A.M. e mais a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 45 cm x 35 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falanxe]
J. A. M.
1952
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
- Fonte pública da Devesa
Localización
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Tomonde.
Lugar: A Devesa.
Coordenadas: X: 548.128; Y: 4.714.532
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local da Falanxe. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, pío, bebedeiro e lavadoiro. O cano non verte auga. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falanxe (xugo e frechas). Por debaixo, riscáronse as siglas J.A.M. e mais a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 66 cm x 39 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falanxe]
J. A. M. 1952
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
*
Simboloxía franquista na parroquia de Castro
- Fonte pública de Castro do Medio
Localización
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Castro.
Lugar: Castro do Medio.
Coordenadas: X: 547.076; Y: 4.712.004
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1950, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local da Falanxe. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, pío, lavadoiro grande e lavadoiro pequeno (que se empregaba para a bogada de crianzas e enfermos). Na parte superior da pedra cabeceira encaixouse un pequeno remate cúbico cuxa cara frontal presenta o emblema de Falanxe (xugo e frechas) e, debaixo, as siglas J.A.M. Na actualidade, só se conservan as letras; o emblema de Falanxe luíuse. Por debaixo, na mesma pedra cabeceira, riscáronse de novo as siglas J.A.M. e mais a data de construción. Por debaixo de letras e números, labrouse de segundas o emblema de Falanxe. Esta inscrición tallouse posteriormente á que figura no remate. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdanse dúas fotos da fonte que datan da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 49 cm x 43 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falanxe] (luído)
J. A. M.
1950 J. A. M.
[Emblema de Falanxe]
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
Continuará...