Os relatos de Funámbulas están protagonizados por mulleres que se ven obrigadas a facer arriscados equilibrios na perigosa fronteira da violencia, a inxustiza, a soidade, a cordura, a vinganza... Hai mulleres que non son mulleres, hai outras que só son unhas nenas, hai mulleres maduras e mulleres novas, mulleres soas e mulleres acompañadas, pero unhas e outras son funámbulas sobre o delgado fío no que se converteu a vida baixo os seus pés.
Charo Valcárcel Mato, nada en Vinseiro (A Estrada). Foi profesora de lingua e literatura galega no IES Valle Inclán de Pontevedra. Logo do libro de poesía “Cando os bosques sintan frío”, proponnos neste libro de relatos protagonizados por mulleres situacións nas que estas se ven obrigadas a facer arriscados equilibrios na perigosa fronteira da violencia, a inxustiza, a soidade, a cordura, a vinganza... Hai mulleres que non son mulleres, hai outras que só son unhas nenas, hai mulleres maduras e mulleres novas, mulleres soas e mulleres acompañadas, pero unhas e outras son funámbulas sobre o delgado fío no que se converteu a vida baixo os seus pés.