O acto terá lugar no MOME (A Estrada) ás 20:00 h. E nel recolleranse sinaturas da ILP e distribuirase a publicación divulgativa de Vía Galega sobre a historia dos nosos símbolos.
Cómpre lembrar que o texto do Himno aprobado na Lei de Símbolos de 1984 presenta problemas relativos á presentación formal e a cuestións tipográficas (o texto do noso himno é un diálogo). Máis aínda, aparecen algúns importante erros alleos á vontade de Eduardo Pondal que, con certeza, son produto dunha transmisión irregular do poema, inicialmente difundido nas comunidades galegas de América a partir de imprentas que serían, en xeral, estrañas a Galiza e ao galego. Se a isto lle sumamos que é un texto cantado, temos a explicación para unha acumulación de erros que será necesario corrixir para rehabilitar integramente o noso símbolo nacional máis evidente.
E outro dos símbolos nacionais de Galiza, a bandeira, ten unha historia completamente descoñecida para a maioría do noso pobo. Por iso convidamos a asistir a esta actividade.