O roteiro levarase a cabo do día 21 de outubro, a partir das 16:00 h. Comezará no Pazo de Oca, que inspirou entre outras obras o seu texto “A Marquesiña”, e pasará por distintos elementos do noso patrimonio que figura nas súas obras artísticas: a ponte Liñares, o cruceiro de Ouzamerxe, a igrexa de Guimarei, a Torre de Guimarei e a igrexa de Ouzande. Para rematar a beira da casa de Virxinia, na rúa irmáns Valladares.
Durante o roteiro leranse textos de Castelao referidos a estes espazos e falarase sobre os bens materiais e inmateriais que chamaron a atención deste creador e que deixou recollidos nalgunhas das súas obras pictóricas ou literarias.
Para asistir compre inscribirse no formulario de embaixo antes do xoves 19. Haberá autobuses, segundo o número de inscritos, e de ser así é preciso pagar unha cota de 5€. O límite de prazas será de 50 por orde de inscrición.Para calquera consulta ou renuncia o noso correo electrónico é: [email protected]