A actividade inclúe a proxección do programa Alalá nº16, dedicado ás Pandeireteiras de Barro, e unha Ruada aberta a partir das 20h. Haberá petiscos de balde.
O Colectivo Portalén nace coa vontade de dinamizar socialmente a comarca de Terra de Montes partindo de principios como a defensa do rural e do territorio, a cultura crítica e de base, o feminismo ou a recuperación da nosa memoria histórica.