O colectivo Capitán Gosende elabora un inventario da simboloxía franquista aínda existente en Cerdedo
Calros Solla
- Cruz do Cruceiro de Antas
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Figueiroa (converxencia dos lindes parroquiais de Castro, Figueiroa e Tomonde).
Lugar: Cruceiro de Antas.
Coordenadas: X: 549.382; Y: 4.712.406
Elemento: Elemento: Cruz posfranquista. No sitio erguíase un cruceiro de feitura tradicional, derrubado supostamente por veciños leais á República o 21 de xullo de 1936. A comezos da década de 2000, a dereita cerdedesa (á fronte da alcaldía dende a sublevación fascista de xullo do 36) ordenou chantar unha cruz en homenaxe e desagravio. A cruz non posúe valor artístico ningún. O lugar do Cruceiro de Antas é un sitio arqueolóxico catalogado por Patrimonio (2001): neolítico e calcolítico.
Dimensións: A cruz acada uns 5 m de altura. A embergadura dos brazos é de 2’80 m. Fuste e brazos cuadrangulares de 30 x 28 cm. Sen plataforma nin pedestal. Tallada en granito rosa Porriño.
Texto e/ou emblema: Carece de inscrición.
Accións pendentes: Derruba ou traslado.
Simboloxía franquista na parroquia de Cerdedo
- Fonte pública de Arén (fonte do San Miguel)
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Cerdedo.
Lugar: Arén.
Coordenadas: X: 551.556; Y: 4.709.340
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local da Falanxe. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, pía, bebedeiro e lavadoiro. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falanxe (xugo e frechas). Por riba do emblema riscáronse as siglas J.A.M. e por debaixo, a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 26 cm x 21 cm.
Texto e/ou emblema:
J. A. M.
[Emblema de Falanxe]
1952
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
- Fonte pública de Arén (fonte do Quintelo)
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Cerdedo.
Lugar: Arén.
Coordenadas: X: 551.524; Y: 4.709.208
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1959, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres (segundo mandato), o quinto alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local da Falanxe. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, pío e lavadoiro. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falanxe (xugo e frechas). Por riba do emblema riscáronse as siglas J.A.M. e por debaixo, a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 36 cm x 34 cm.
Texto e/ou emblema:
J. A. M.
[Emblema de Falanxe]
1959
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
- Fonte pública de Barro
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Cerdedo.
Lugar: Barro (de Arén).
Coordenadas: X: 551.740; Y: 4.709.096
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1953, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local da Falanxe. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, bebedeiro e lavadoiro cuberto. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falanxe (xugo e frechas) e por debaixo do emblema riscouse a data de construción. Encol da pedra da cabeceira, pousouse a imaxe dunha virxe. O inmóbel foi restaurado recentemente. Unha placa de metacrilato lembra o feito: “Obradoiros de Emprego: Este lavadoiro de Barro foi rehabilitado polo Obradoiro de Emprego ‘Cerdedo II’. Promovida polo Concello de Cerdedo. Subvencionada pola Consellería de Traballo e Benestar e Fondo Social Europeo. Decembro de 2011”. As tarefas de restauración non se aproveitaron para eliminar a simboloxía preconstitucional.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 50 cm x 41 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falanxe]
DIPUTACIÓN. P.
COOPERACIÓN
AÑO 1953
Accións pendentes: Abuxardado da simboloxía preconstitucional, respectando a data de construción.
- Fonte pública de Barro
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Cerdedo.
Lugar: Barro (de Arén).
Coordenadas: X: 551.706; Y: 4.709.020
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa labrada na pedra da cabeceira. Inaugurada no ano 1953, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo e xefe local da Falanxe. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte e pío. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falanxe (xugo e frechas) e por debaixo do emblema riscouse a data de construción.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 62 cm x 42 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falanxe]
DIPUTACIÓN. P.
COOPERACIÓN
AÑO 1953
Accións pendentes: Abuxardado da simboloxía preconstitucional, respectando a data de construción.
Continuará...