Manuel Cabada Castro
Por mor do mantemento dunha axeitada claridade na exposición, intentarei polo demais atender no posíbel a orde cronolóxica dos feitos ou acontecementos ós que fagan referencia as diversas e novas informacións. E vaiamos xa á nosa tarefa.
Situámonos inicialmente no ano 1917, pois dei hai pouco cun texto de Filgueira Valverde no que este se refería ó seu encontro escolar con “Dorinda Vázquez” no mes de outono dese ano 1917 (“cando me incorporei no Instituto de Pontevedra ó segundo curso”). Dorinda é nomeada por el en primeiro lugar entre os seus “novos amigos” (Filgueira Valverde, Sétimo Adral, Sada - A Coruña, 1992, p. 319). Pois ben, resulta, en relación co que nos interesa, que esta Dorinda Vázquez Iglesias é curmá do noso Xosé Manuel Cabada Vázquez, en canto filla de Gerardo Vázquez Gil, irmán da nai de Xosé Manuel. Pola mencionada biografía deste e as abondosas referencias que nela se fan a Dorinda (“Dora”) (Paixón poética ..., p. 13-16) sabemos xa da alta estima e agarimo que Cabada Vázquez mostrou sempre respecto desta moi intelixente curmá súa, intempestivamente falecida no ano 1924 en idade ben temperá, e á que seu curmán lle dedicou moi sentidos versos. En consecuencia, cabería pensar que a relación inicial, ideolóxica e política, que posteriormente tería Filgueira con Cabada Vázquez (deixando de lado aquí ulteriores diverxencias ou desencontros) ben puidera ter algo que ver tamén con este grato encontro escolar de Filgueira con Dorinda no Instituto de Pontevedra.
Manténdonos no mencionado ano 1924 no que ocorre o pasamento de Dorinda, cómpre lembrar que poucos meses antes neste mesmo ano lle falecera tamén a Gerardo Vázquez Gil a súa propia esposa, Manuela Iglesias Álvarez (orixinaria do lugar da Devesa, pertencente eclesiasticamente a San Lourenzo de Sabucedo, parroquia natal de quen isto escribe). De modo que no ano seguinte, 1925, hai agora pouco menos dun século, se celebraría por esta razón en Sabucedo un moi solemne cabodano, no que naturalmente non deixaría de estar presente Xosé Manuel Cabada Vázquez. Pode resultar pertinente dar a coñecer o texto completo (non incluído en Paixón poética...) desta celebración tal como aparece na páxina 2 do xornal “Progreso” de Pontevedra o día 27 de maio de 1925:
“Con inusitada solemnidad, a pesar del temporal de lluvias reinantes en estos últimos días, celebráronse el lunes, con motivo del primer aniversario del fallecimiento de doña Manuela Iglesias Álvarez, en la iglesia parroquial de San Lorenzo de Sabucedo (Estrada) tres actos fúnebres y seis misas por el eterno descanso de la misma, de doña Francisca Gil y de la señorita Dorinda Vázquez Iglesias, esposa, abuela e hija que fueron de nuestro querido amigo el Ayudante de Caminos Provinciales don Gerardo Vázquez Gil.
Asistió numerosísimo público de la comarca y sus alrededores, prueba inconcusa de las muchas simpatías con que en aquella localidad cuenta el señor Vázquez y su familia.
En torno al túmulo, levantado en el centro, veíanse muchas y variadas coronas con diversas dedicatorias, última ofrenda a los deudos de deudos y amigos.
Los señores Torres y Mercallillo, acompañados de la orquesta del señor Taboada, una vez más demostraron saber interpretar profundamente el hondo sentimiento de las exclamaciones del Psalmista y el sublime ‘Dies irae’.
Terminados los autos, hemos tenido el honor de saludar, entre otros ciudadanos, al Jefe de Caminos Provinciales, don Teodosio Domínguez; al Inspector e Higiene y Sanidad pecuarias, don José García Buela; al Rdo. P. José María Fernández, predicador franciscano; a los Contratistas de Obras públicas, don Manuel Vázquez Gil, don José Pego Castro y don José Cabada Prieto; a la maestra de Santa María de Caldas, señorita Ramona Paisal; a la señorita Celia Lesteiro, hija de nuestro distinguido amigo el Teniente Alcalde don Manuel Lesteiro; al Sr. Paz Peón, que tomó a su cargo la decoración artística del templo; y a don José Cabada Vázquez, sobrino de don Gerardo Vázquez, a quien reiteramos lo mismo que a su hijo don Gerardo Vázquez Iglesias nuestro pésame más sentido.
El señor Vázquez nos ruega que, en su nombre, demos las más expresivas gracias a todos estos señores, al público todo, al clero en general, por haberse dignado asistir a dichos actos, y, en particular al Rdo. Padre Fernández y señor Cura párroco de Sabucedo por su comportamiento distinguido”.
Deteñámonos agora un momento para lembrarmos as discusións sobre temas educativas ou escolares que Cabada Vázquez sostivo (aínda que utilizando o pseudónimo de Lamenú) entre finais do ano 1929 e abril do ano seguinte no xornal “El Emigrado” con outros mestres ou educadores da zona estradense. Non simplemente para volver aquí lembralas, senón porque en Paixón poética... só puiden facer moi de pasada unha breve alusión ó relevante mestre e político Bernardo Mato Castro, que participou tamén nesas polémicas, aínda que mostrando en calquera caso o seu acordo coas ideas e as críticas que Cabada Vázquez estaba a verter nas súas Moxenas. Bernardo Mato referirase, en efecto, o 7 de xaneiro de 1930 ás primeiras Moxenas “queimantes” de Cabada Vázquez indicando que non ve nelas “nin unha liña de erro”, cousa que ben lle agradecerá polo demais (“¡Agradecido, irmán Bernardo!”) o tamén xa mestre Cabada Vázquez (este era daquela arredor duns catorce anos e medio máis novo ca B. Mato) no Post scripta das súas segundas Moxenas.
O que aquí quero engadir ó anterior -máis alá do xa publicado en Paixón poética...- é que poucos anos despois o mencionado B. Mato perdería a súa vida o 4 de setembro de 1936 como consecuencia da inxusta violencia política exercida contra el, só cinco meses despois do pasamento do propio Cabada Vázquez. Morría así, tal como se expresa Xoán Carlos Garrido, “o intelectual máis lúcido que pariu A Estrada en moitos anos” (Xoán Carlos Garrido, Bernardo Mato Castro e a pedagoxía do oprimido. En: https://www.tabeirosmontes.com/bernardo-mato-castro.html). Téñase en conta ademais que a amizade persoal e política que unía Mato con Xoán Xesús González (eliminado tamén polo fascismo golpista) era a mesma que en vida mantivo Cabada Vázquez con ámbolos dous.
É nos comezos do ano 1931 (ano importante e decisivo no compromiso político de Cabada Vázquez), é dicir, tralo final das discusións de orde cultural e educativo sinaladas, cando sae á luz o seu volume poético Vagalumes, sobre o que, máis alá da súa boa recepción exposta xa en Paixón poética..., dou a coñecer agora o que escribía o seu amigo Santiago Fernández na primeira páxina do diario “El Compostelano” na temperá data do 23 de febreiro dese mesmo ano 1931:
“’Un libro más de versos’ es una frase poco galante y un sí es no es despectiva, que nuestra generación prosaica ha extendido desmesuradamente para castigar a los poetas mediocres y burlar todo aplauso, aunque sea merecido, a la poesía. Pero, si los versos están bien cincelados, si, como ánforas de oro, contienen fragrantes y puras esencias, como ministros y plenipotenciarios de la belleza, elevan cumplidamente su cometido en la corte de la gaya ciencia, entonces esos versos, lejos de arrancarnos una frase primorosa, nos servirán, como servían a Cicerón, de grato solaz tras el cotidiano tráfago del foro.
Uno de esos libros, admirablemente presentado y con rica y exuberancia bien presentados versos, acaba de publicar, ‘haciéndolos del público derecho’ –como decían los romanos- el joven poeta y virtuoso clérigo ilustrado, José Manuel Cabada Vázquez, con el nombre de ‘Vagalumes’. Escrito y cultivado con cariño, ya que sus cantos son todos evocaciones de la juventud, con el calor que los años mozos suelen dar a todas sus empresas y atisbando, a veces, la melancolía que brota de una lágrima festiva, prematura antes de la vejez; en genuina y cadenciosa ‘fala meiga’, y animando sentimientos y consejos autóctonos de la tierra, ya con el entusiasmo del bardo arisco y desenfadado, ya con el amor ‘e ledicia’ de Macías el Enamorado, ‘Vagalumes’ es producto de la raza y canto ferviente de sus glorias, a través de los ensueños de un alma artista, joven y, como joven, algo romántica.
El autor –y no lo digo solamente porque es entrañable camarada- es demasiado modesto. Comprendo que el primer libro que lanzamos ‘mundo adiante’, (¡Alá van!...), es para el novel autor un motivo de serias reflexiones, en presencia de un público que nos puede envolver en sus acerbas críticas o torcer despectivamente su mirada y su recuerdo. Comprendo, por eso mismo, el afán, legado por vates inolvidables, clásicos y modernos, de personas al abrigo de un Mecenas sabio y amable, como lo hace el inspirado Cabada al recordar a ‘o mestre Amor Ruibal, - intelixencia xigante e universal, e corazón sinxelo e garimoso-, a quen Dios chamou pra si recentemente’. Pero, eso sí, ‘feixe de versos, frores ventureiras nacidas ó longo do vieiro dos meus tempos idos e regadas, a miúdo, coa ágoa que reverqueu da fonte do meu corazón’ (Verbas limiares), ‘amarguras da miña vida en flor’ (¡Alá van!...) son todo eso, y algo más.
Nada diré de su forma poética, rica y ubérrima, jugosa y castiza, plena de giros y cargada de armonías. Sin haber llegado a la cumbre de los pocos privilegiados, son sus rítmicos versos, ‘poliestróficos’, una seria promesa para el porvenir y me parecen a esos racimos tempranos que brotan del sol de la primavera para madurar después al beso dorado de un sol estival. Su contenido, puramente sentido y magistralmente dispuesto e hilvanado, está a tono con el carácter de la lengua y la gama sentimental, siempre diáfana, del poeta. ‘Ofrenda d’amor’, por no citar sino una de sus bellas poesías, es prueba de ello. El gallego, principalmente, es lírico, muy lírico, también arma satírica de innegable fuerza. El amigo Cabada ha pulsado sus cuerdas con maestría, sin que por eso haya dejado de arrancarles, a las veces, solemnes acentos épicos. ‘Alborada’, en fin, suena majestuosamente y sus estrofas, cadenciosas, vibrantes, grávidas, hacen de ella un primoroso himno triunfal.
También Cabada es cantor constante y enardecido de la libertad. El tema de la libertad, que pretende sacudir el yugo de aferrados autoritarismos, ha sido siempre motivo de fecunda inspiración en todos los vates galaicos. Eso no obsta, sin embargo, a la autenticidad de su indignación, que adquiere con frecuencia, en nuestro poeta, alardes de grata novedad.
Para terminar, una felicitación y un ruego. Felicitación, porque sus primicias nos han dejado sabor de frutas maduras. Un ruego, porque sería lástima que no aspirase a cosechar nuevos laureles. Ya Cabada parece indicar en el Prólogo que no será este el único libro de poesías que nos brinde. Así lo esperan sus amigos y el público, gustoso siempre de la verdadera poesía”.
A esta eloxiosa e vibrante presentación de Vagalumes en “El Compostelano” seguirá só catro días despois (o 27 de febreiro) no mesmo xornal outra algo máis curta, pero non menos pertinente e perspicaz cá anterior, proveniente agora da pluma doutro amigo e compañeiro nado na parroquia de Cequeril (do concello de Cuntis), o xa mencionado Xoán Xesús González, mestre tamén e ó tempo poeta e político decididamente comprometido co país galego. En Paixón poética... indiquei xa que Cabada Vázquez pertenceu como “vocal” á “Agrupación Nazonalista” de Santiago, constituída por iniciativa de Xoán X. González, sendo este Secretario da mesma. Isto ocorría só un par de meses despois de que X. X. González publicase no “Compostelano” o texto sobre o libro Vagalumes que a continuación reproduzo integramente e que leva como título Tomo ‘Vagalumes’:
“Aún sonríe la aldea. En la vaguedad de los recursos. En la dulzura de las frases. En la ternura de las expresiones. En la sinceridad de los pensamientos.
Pura galleguidad arrecende en estas páginas amarillas de ‘Vagalumes’ de José M. Cabada Vázquez. Lo baril entróncase en lo tierno de esta poesía clara, donairosa, clásica, honda. Con honduras de remembranza y de pensamiento.
El acervo de la lírica gallega halla en ‘Vagalumes’ un magnífico altavoz de sus más vivas pretensiones. Sonoridad, profundidad, ritmo y elocuencia dan cuerpo y alma a este rosario de poemas delineado por una mente joven, enérgica, en plenitud funcional.
El poeta siente hondamente el paisaje. El poeta cincela en oro los recuerdos de su vida aldeana. El poeta da bellezas de orfebrería románica a sus gestas heroicas cuando lanza su anatema enérgico sobre la tiranía del hombre por el hombre.
José M. Cabada Vázquez: ese es el poeta de ‘Vagalumes’. Frente ancha. Sonrisa cálida. Heredero lírico de una gallarda pléyade de troveros que llenaron otrora de ritmos y armonías los fastos de Galicia, León y Castilla. Soñador. Vago deambular por los caminos tortuosos de la tierra madre, de la aldea siempre acariciada en las horas de más viva inquietud y recio paso sobre las rúas compostelanas, manantiales inagotables de eterna poesía. Caminos, paisajes, colorido y madre en la aldea. Horas somnolientas y vagas en el trotar por las rúas compostelanas. He ahí todos los ingredientes capitales de los poemas abarcados por ‘Vagalumes’.
El poeta no se enrola en los tercios del modernismo a ultranza. No vive las horas de fiebre que atosigan y consumen a los forzados revolucionarios de la estética. Se queda en las searas clásicas cuidando los trigales de su lírica caudalosa. Por ello no merece reproche. Llena su cometido amplia y honrosamente. Porque Galicia ha menester tanto de modernismo como de clasicismo, como de romanticismo. No tiene nada logrado con verdadera plenitud y ha de realizar estas tres modalidades a un mismo tiempo: clasicismo, romanticismo y modernismo.
Por eso Cabada Vázquez está bien en su papel, en su arca, en su momento sensible, en su forma y en su estructura: clasicismo. Descripción, narración, objetivismo. Quizá la poesía no sea más que eso a pesar del sentido subjetivo que a veces se le quiere dar.
En ‘Vagalumes’ lo narrativo, lo descriptivo tienen un lugar preferente. Ocupan todo el volumen con ligeras excepciones. Pero todo de una forma impecable en cuanto al ritmo y en cuanto a la justeza de la forma.
José M. Cabada Vázquez ha escrito un bello y ejemplar libro de versos”.
Só quero engadir aquí que non deixa de ser significativo que nos precedentes parágrafos de Xoán X. González se aluda xa cedo (con anterioridade incluso ó que case un mes máis tarde comentará A. Iglesia Alvariño sobre Vagalumes en semellante sentido) á cuestión da medida ou cautelosa adopción por parte de Cabada Vázquez das orientacións literarias “modernistas” na súa poesía. Dado que esta problemática literaria en relación co poeta de Codeseda xa foi abordada con certa amplitude en Paixón poética..., pode ser útil que o lector interesado saiba tamén que xa tamén X. X. González se expresara, ó meu ver de maneira xusta e comprensiva, sobre tal cuestión.
Pois ben, se os anteriores textos sobre Vagalumes aparecían xa no mes de febreiro na prensa compostelá, non deixará Ken Keirades de saudar agarimosamente tamén, só poucos días despois, no número 366 (7 de marzo de 1931, p. 3-4) do xornal estradense “El Emigrado”, a recente aparición en forma de libro dos poemas do seu amigo. Velaquí a súa apresurada información ós lectores do xornal:
“O poeta galego, colaborador do EMIGRADO e querido amigo noso e irmán na causa galega Cabada Vázquez, acaba de pubricar un tomo de versos galegos baixo o suxerente nome de ‘Vagalumes’, do que quizais nos ocupemos con máis detención. Hoxe soio queremos agradecerlle o exemplar que nos adica e mandarlle unha aperta garimosa”.
Na páxina 5 (a seguinte) deste mesmo número do “Emigrado” infórmase debidamente ó lector do lugar da venda de Vagalumes deste xeito: “Véndese na Estrada na emprenta do EMIGRADO e mais na Librería de D. J. Mario de Silva. Custa 4’50 Ptas”.
Comeza así a se espallar o coñecemento das poemas do poeta de Codeseda de maneira individual e colectiva, isto último sobre todo en actos culturais populares de moi diverso tipo, como por exemplo, segundo se pode ler tamén no xornal “El Compostelano” do día 13 de maio do ano seguinte (1932), os que se celebran en Acibeiro e que levan como título “Lindísimo festival”. Faise aquí efectivamente referencia, entre as diversas recitacións ou declamacións realizadas pola tarde nun axeitado local de Acibeiro, ós seguintes poemas do poeta de Codeseda:
“[...] 3.º Recitación de la poesía ‘Galego’, de Cabada Vázquez, por la niña Isaura Sanmartín, resultando una cosa sublime. El público no se cansaba de aplaudir [...]. 5.º Hermosísima poesía gallega titulada ‘A fonte das meigas’, de Cabada Vázquez, por el niño Benigno Villaverde [...]. Todos los números fueron aplaudidos con verdadero entusiasmo, como en realidad lo merecieron. En fin, fue una fiesta que vivirá en la mente de los que la presenciamos perpetuamente”.
Ó tempo Cabada Vázquez fai chegar dun xeito ou doutro exemplares do seu volume de versos a compañeiros, amigos, etc., en ocasións con algunha dedicatoria persoal. Así, entre outras xa coñecidas, velaquí van as seguintes das que fun só hai pouco sabedor:
- A que acompaña o Vagalumes de Álvaro de las Casas: “Pra Álvaro de las Casas, alma acesa i- afervoada, i- esprito acugulado de tódalas arelas e saudades da liberación da Terra. Cativa ofrenda do Autor. Pazo de Raxoi –Santiago- 1931” (Agradézolle a David Otero esta información. Tamén entre os Documentos de Xosé Manuel Cabada Vázquez en “Tabeirós Montes”).
- A que se pode ler no Vagalumes de Eladio Rodríguez González: “Pra o ademirado amigo Eladio Rz. González, poeta de outos vós, e verdadeira autoridade no manexo do noso idioma. Con fonda ademiración e recoñecemento. O autor” (Este exemplar de Vagalumes atópase na Biblioteca da Fundación Penzol da Casa Galega da Cultura en Vigo, á que lle agradezo tamén a información).
Tal como teño comentado noutros escritos, pódese dicir que o ano 1931 foi moi relevante e incluso decisivo desde diversos puntos de vista en Cabada Vázquez: publicación de Vagalumes só uns tres meses antes da proclamación de República, abandono dos estudos eclesiásticos pouco antes da normal e en principio xa próxima ordenación sacerdotal, adquisición do novo título de licenciado en Filosofía e Letras (Sección de Historia) na Universidade de Santiago trala previa consecución xa no ano anterior do título de mestre, compromiso político co galeguismo (en relación sobre todo coas súas actuacións públicas no Día de Galicia en Santiago, etc.), comezo tralo verán deste ano da súa andaina profesional como profesor e licenciado no colexio “Apóstolo Santiago” dos xesuítas en Vigo, participación activa na fundación do Partido Galeguista en Pontevedra a comezos de decembro trala súa previa incardinación (nada máis chegar á cidade olívica) no Grupo Autonomista Galego de Vigo, etc.
E en relación, efectivamente, con isto último quero aludir, como complemento ou ampliación do xa indicado en Paixón poética..., ós datos que aportou aínda posteriormente Manuel Fernández González no seu estudo La dinámica sociopolítica en Vigo durante la Segunda República (Santiago de Compostela, 2005), onde non se deixa de facer referencia naturalmente á actividade política de Cabada Vázquez nesta cidade. Trala proclamación da República e nos meses anteriores á chegada a Vigo de Cabada Vázquez, xa se expresara o mencionado Grupo Autonomista Galego desta cidade a prol do recoñecemento por parte das instancias políticas republicanas do Estado da “personalidade de Galicia” e a prol tamén da “satisfacción plena das súas ansias autonomistas”. Galicia era así entendida polo mencionado Grupo como “unidade xeográfico-hestórica, diferenciada de todal-as demais que compoñen o Estado español”, dotada en definitiva de “persoalidade nazonal” (Fernández González, o. c., p. 255-256). Como sabemos, Cabada Vázquez participaba plenamente destas ideas e por iso era normal que trala súa chegada a Vigo como novo profesor contratado do mencionado colexio vigués para o curso 1931-32 non só se convertese axiña en membro activo do sinalado Grupo Autonomista Galego da cidade senón que chegase a formar parte dos representantes do Grupo vigués na asemblea fundacional do Partido Galeguista de comezos do mes de decembro deste mesmo ano 1931 en Pontevedra. Como representantes do Grupo vigués asistiron, efectivamente, a esta asemblea, ademais de Cabada Vázquez, as seguintes persoas: Valentín Paz Andrade, Manuel Elías Barros Martínez, Xesús Ferro Couselo, Apolinar Torres López e Xerardo Álvarez Gallego (Cf. Fernández González, o. c., p. 258).
Segundo quedou indicado e comentado en Paixón poética..., o labor docente e educativo de Cabada Vázquez no colexio xesuítico vigués quedou truncado ós poucos meses de comezar debido ó decreto gobernamental (aprobado con data do 23 de xaneiro de 1932 e publicado na "Gaceta" o día seguinte) de disolución da Compañía de Xesús en todo o territorio español e de nacionalización dos seus bens. No prazo de dez días os xesuítas debían poñer termo á súa vida en común, non lles sendo permitido conviviren nun mesmo domicilio nin de forma manifesta nin encuberta. En canto ós seus bens, pasaban a seren propiedade do Estado para fins benéficos ou docentes. A incautación oficial, por parte do Estado, do colexio vigués levaríase a efecto poucos días despois, o día 4 de febreiro. Aquí só quero aludir, a modo de complemento documental do xa exposto en Paixón poética..., ás pegadas escritas que recordan estes turbulentos días e que están tomadas dun titulado “Diario del Colegio del Apóstol Santiago. Desde el día 1º de Marzo de 1930” (en Caixa 208, carpeta III/1, do Arquivo Histórico da Compañía de Xesús en Galicia: Colexio Apóstolo Santiago, Vigo), que por mor dun malfadado incendio quedou parcialmente afectado no seu contido. Velaquí vai o que nel se pode ler en relación cuns acontecementos que afectaron directamente Cabada Vázquez nos mesmos comezos da súa actividade docente e educativa:
Octubre 1931, [día] 1. J[ueves]: Inauguración del curso [...] A los nuevos Licenciados, Sres. Cabada [José Manuel Cabada Vázquez], Ferro [Jesús Ferro Couselo] y Ríos [Antonio Ríos Ronquete] los han acompañado a sus clases el P. Rector [Pedro Abad] para presentarlos a los discípulos [páx. 118].
[...]
23 – sábado [xaneiro 1932]: El Director del Instituto de Pontevedra, Diputado en Cortes, ha avisado al P. Rector que vaya a tratar con él un asunto interesante. Al llegar el P. Rector por la tarde al Instituto, el Sr. Tafall [Bibiano Fernández Ossorio-Tafall] ha salido del tribunal, donde estaba examinando. Ha hecho varias preguntas acerca del Colegio, particularmente se ha informado del número de internos y ha dicho al P. Rector que esté prevenido, porque el decreto de disolución de la Compañía está para publicarse pronto. Ha prometido espontáneamente informar al Ministerio de Instrucción pública de tal manera que se facilite a nuestros Licenciados continuar las clases con nuestros colegiales, ya sea en el Colegio mismo, ya en otro local” [páx. 146].
[...]
24. D [omingo] [xaneiro 1932]: Sale publicado en los periódicos el desdichado Decreto [...]. Entre nuestros amigos ha producido consternación. Desde muy temprano comienzan a venir al Colegio nuestros Licenciados, padres y parientes de alumnos, los cuales son los que se muestran más sentidos por el problema que se crea para la instrucción y sobre todo para la educación de sus hijos [...] Se arbitran varios modos de hacer que continúe el Colegio con nuestros Licenciados. Unos pretenden que se siga en el mismo local de Bellavista y acumulan razones para pretenderlo del Gobierno. Otros, persuadidos de que no les han de hacer caso, acogen y secundan la idea de Don Sergio Saborido de buscar un local distinto, donde continúe el Colegio” [páx. 148].
[...]
26, martes [xaneiro 1932]: [...] Por la tarde, a la puesta del sol, se han sacado cuatro fotografías en la escalinata de entrada: la 1ª de todas los colegiales solos; la segunda de los colegiales con la Comunidad, excepto el H. Sarasola, que no ha acudido [...]; la 3ª de la Comunidad (faltan el H. Sarasola y el H. Arrieta), y 4ª de la Comunidad con los amigos que en aquel momento nos estaban acompañando [páx. 150].
En relación coa 4ª fotografía da que aquí se fala (e na que aparece Cabada Vázquez), trataríase seguramente da quinta das fotografías que se poden ver entre as “Ilustracións” que se atopan na parte central do volume Paixón poética..., escrito este no que polo demais se pode ler detalladamente como se desenvolveron os acontecementos posteriores á imposta saída dos xesuítas dun seu colexio que había ben poucos anos fora construído e inaugurado (no ano 1928) na súa actual sede viguesa de Bellavista.
Sobre as actividades de Cabada Vázquez en Vigo ata a súa posterior marcha fóra de Galicia tralo verán de 1933 (inicialmente a Medina de Rioseco e posteriormente a Linares), previas as estancias en Madrid e Barcelona, o lector destas liñas ten xa suficiente información ó respecto en Paixón poética... Só quero aquí ampliar algo a curta referencia xa feita no mencionado escrito á pertenza de Cabada Vázquez á “Asociación Católica Nacional de Propagandistas” (fundada a comezos do século pasado polo xesuíta Ángel Ayala) a teor das informacións de Olga Gallego no seu escrito (alí citado) sobre Ferro Couselo. Daquela só puiden sinalar pola miña parte que na biblioteca de Cabada Vázquez figuraba en relación coa mencionada Asociación un pequeno volume co título de Reglamento. Conclusiones de las Asambleas. Ritual, publicado e editado no ano 1930 en Madrid pola A. C. N. de P. (Asociación Católica Nacional de Propagandistas). Porén, posteriormente a súa pertenza á Asociación foi dalgún modo avalada por M. Fernández González no seu máis arriba mencionado estudo La dinámica sociopolítica..., p. 263 e, dunha maneira máis concreta, pola atenta información que recibín no ano 2009 do prof. Pablo Sánchez Garrido. A teor da mesma, na páx. 6 do nº 232 (1 de xullo de 1939) do “Boletín informativo de la ACNdP” pódese ler, en efecto, textualmente nunha listaxe de numerosos membros da Asociación o nome tamén de Cabada Vázquez deste xeito: “VIGO: [Xosé] Manuel Cabada Vázquez, Director del Instituto de Linares (Jaén) (falleció por enfermedad)”. É unha listaxe de persoas pertencentes á A. C. N. de P., seguindo a orde alfabética das localidades de procedencia das mesmas (desde Alcoy ata Zaragoza), polas que se informa que se terá por elas conxuntamente un funeral nos seguintes termos: “El funeral que se celebrará el día 7 de septiembre de 1939 en la Basílica de Loyola durante los Ejercicios Espirituales Nacionales de la A. C. N. de P., oficiando el R. P. Rector de la Santa Casa de San Ignacio, será aplicado en sufragio de las almas de los propagandistas muertos”. Trátase, polo que alí claramente se explicita, de falecidos na contenda civil, por máis que Cabada Vázquez finara debido a causas naturais (“por enfermedad”, tal como se di na listaxe citada) antes do comezo da mencionada contenda.
Agora ben, a súa relación coa aludida Asociación debería ser vista en estreita relación co súa endexamais por el negada profesión de catolicismo, do que polo demais dera xa mostras a pouco de chegar ó colexio xesuítico vigués ó asinar xunto con Otero Pedrayo e outros galeguistas a intitulada “Afirmación Católica dun Grupo de Nacionalistas” do 25 de outubro de 1931 (só poucos días despois da aprobación parlamentaria pola que se obrigaba a Compañía de Xesús a se disolver). Pois Cabada Vázquez (o mesmo que o seu amigo Otero Pedrayo) endexamais veu problema algún no seu ser ó tempo católico e nacionalista galego; e por iso tampouco se adheriu á posterior escisión (de Filgueira e outros) á Dereita Galeguista.
Isto pode explicar tamén a súa simultánea adhesión ó galeguismo político e a outras actividades súas en Vigo relacionadas por exemplo coa “Xuventude Católica” (dependente da “Acción Católica”), ás que me teño referido en Paixón poética..., p. 241-243.
Respecto de todo isto cómpre engadir aínda agora algúns novos datos, que se desprenden, en primeiro lugar, do volume de Xosé Ramón Ermida Meilán, Mortos por amor á Terra. A represión sobre o nacionalismo galego (1936-1950) (Santiago de Compostela, Sermos Galiza, 2016), p. 189-190. En efecto, na presentación que se fai nestas páxinas do galeguista Domingo Xuncal Rodríguez (asasinado por un grupo de falanxistas o 5 de outubro de 1936 nas Gándaras de Budiño), dise respecto del que era obreiro da construción e que se afiliara ó Partido Galeguista de Vigo o 20 de agosto de 1932 pouco antes de se conformar “o primeiro consello local dos nacionalistas, nunha asemblea celebrada o 7 de decembro de 1932”, na que Cabada Vázquez fora elixido como un dos directivos. Pois ben, Ermida non deixa de comentar aquí (p. 189) que o Partido Galeguista vigués sobresaía pola variedade ideolóxica e social dos seus membros, pois entre estes había incluso persoas implicadas “nunha pequena porcentaxe no sindicalismo católico, onde ocuparon cargos de responsabilidade dirixentes nacionalistas ben recoñecidos como Xosé Manuel Cabada Vázquez ou Xesús Ferro Couselo”.
En segundo lugar, M. Fernández González na súa xa mencionada obra La dinámica sociopolítica..., p. 304-305 aludirá tamén ó “sindicalismo de carácter católico” existente en Vigo no ano seguinte, 1933, facendo explícita referencia a Cabada Vázquez. Trátase concretamente –segundo o que aquí mesmo se indica- do Sindicato Católico de Oficios Varios “El Defensor”, que fora creado o 20 de xaneiro de 1923 e que en xuño deste ano 1933 elixiu unha nova xunta directiva, da que formaban parte Cabada Vázquez como vicepresidente e Ferro Couselo como secretario (Cf. “El Pueblo Gallego”, 25 de xuño de 1933).
Naturalmente, este tipo de actividades de Cabada Vázquez quedarán interrompidas desde que tralo verán deste mesmo ano 1933 escuramente lle son impostas funcións administrativas e docentes ben lonxe de Galicia tralos chamados “Cursillos de selección” realizados previamente por el con gran éxito na universidade de Barcelona.
En Barcelona terá ocasión, polo demais, de agasallar o seu libro de versos Vagalumes ó seu profesor (catedrático de Lingua e Literatura Latina nesta universidade) Marià Bassols de Climent coa seguinte dedicatoria: “Pra o Dr. Bassols, gran catador dos engados das Literaturas Crásicas. Cativa ofrenda de iste feixe de poesías, escritas na enmeigadora fala de Galicia, feita devotamente frol. O autor. Barcelona, agosto do 33” (agradezo a David Otero terme informado en xullo de 2017 desta fermosa dedicatoria).
Ademais, tal como xa indiquei en Paixón poética...(p. 101-102), durante a súa estancia en Barcelona no mes de agosto de 1933 atopouse nesta cidade Cabada Vázquez cos seus compañeiros e amigos Otero Pedrayo e Castelao, cando os dous deputados visitaron conxuntamente Barcelona no mes de agosto no contexto político do pacto de "Galeusca" (Galicia-Euskadi-Cataluña). Engado aquí a este respecto unha información na que se fai referencia a Cabada Vázquez, que tomo de Xosé Estévez Rodríguez, Bóveda en Galeuzca de 1933 (en: A Galiza de Bóveda. Actas do Congreso 2003, Coord. Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, Cátedra Alexandre Bóveda da Universidade de Vigo / Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2009, p. 436) na que se di o seguinte: “O día 6 [de agosto de 1933] os viaxeiros e acompañantes dirixíronse a visitar lugares monumentais de Catalunya e un campamento dos minyons de muntanya. Visitaron e asinaron no Libro de honor do mosteiro de Monserrat pola banda galega Álvaro das Casas, Ramón Otero Pedrayo, José M. Cabada Vázquez, Alexandro Calvo Abello, Carlos Tomé Villasuso e ‘un monfortino’, de sinatura ilexíbel, que ben puidera ser un dos irmáns Vázquez Saco”. Na nota 35, ó final desta información, dise ó respecto: “Copia da folla correspondente do Libro de Honor, suministrada polo frade bieito, historiador e amigo Hilari Raguer. Tamén no ‘Bulletí del Santuari”, Monserrat, nº 84 (VII), setembre, 1933, p. 10-11”. De modo que a sinatura do estradense Cabada Vázquez alí permanece, na montaña.
Como é xa ben sabido, o poeta e político de Codeseda morreu o 2 de abril de 1936 con só 34 anos de idade, só pouco antes da sublevación militar franquista do mes de xullo. Ás informacións xa expostas en Paixón poética... sobre o eco público do inesperado pasamento de Cabada Vázquez, quero engadir agora a que aparece no xornal “El Compostelano” do 30 de abril do mesmo ano (algo menos dun mes, polo tanto, do falecemento de Cabada Vázquez). Baixo a epígrafe de “Unión Radio Galicia. Emisiones Extraordinarias”, anúnciase, en efecto, o seguinte:
“Mañana, 1 de maio, a las tres y media de la tarde Unión Radio Galicia hará la emisión literario-musical a la memoria del poeta gallego José Manuel Cabada Vázquez, con arreglo al siguiente programa: Verbas limiares por Manuel Beiras García. Biografía do poeta mozo, por Casimiro Cubela García, presbítero. Recital de poesías escogidas de su obra “Vagalumes”, por José Mosquera Pérez (O vello dos contos). Meu filliño, melodía gallega de Abad Aldas, por la Orquesta Sumatra. Jota Gallega, de Abad Aldas, por la misma Orquesta. Adiós Mariquiña, Orquesta Sumatra, cantado por la Sta. Aparicio. O sentimento de patrea en Cabada Vázquez, por Vidal Rey. Recital de poesías de Cabada Vázquez, por José Mosquera Pérez (O vello dos contos). Lembranza a Cabada Vázquez, del poeta Iglesia Alvariño”.
É só mágoa que descoñezamos o contido concreto desta, polo que parece, variada e sentida emisión radiofónica póstuma de hai agora arredor de 85 anos! Mais a verdade é que se pode dicir que esta merecida homenaxe anunciada no xornal compostelán se converteu de feito simultaneamente –debido á supresión das liberdades políticas provocada pola longa etapa franquista que se iniciou pouco despois da súa morte- no inicio dun longo e persistente silencio sobre o poeta e político de Codeseda que pesou moito sobre a relevancia da súa figura. Houbo que esperar, efectivamente, algo máis de 26 anos tralo seu pasamento en Linares (Xaén) para que, co gallo do traslado no ano 1962 dos seu restos mortais á súa parroquia natal de Codeseda puidese celebrarse nesta localidade, á beira da súa nova tumba, unha sinxela e agarimosa homenaxe de signo relixioso e literario, sen que obviamente (quedaban aínda anos de franquismo) a faciana política do nacionalista galego puidese dalgún modo facerse presente. En calquera caso, os actos que se celebraron nese día (13 de outono de 1962) constituíron en tempos aínda nada doados un fito importante na recuperación da figura de Cabada Vázquez ante a crecente ameaza do seu esquecemento.
Alén, porén, dos datos concretos sobre a preparación e celebración desta homenaxe póstuma a Cabada Vázquez que se poden ler en Paixón poética..., só quero facer referencia xeral ás diversas informacións que pouco despois de saír á luz esta obra se publicaron no vol. 4 (2001) de “A Estrada. Miscelánea histórica e cultural” no artigo de Mario Blanco Fuentes e Xoán Andrés Fernández titulado “A translatio dos restos do poeta Xosé Manuel Cabada Vázquez ó cemiterio de Codeseda – A Estrada”, p. 109-139. Entre esas informacións, cómpre con todo tomar nota da seguinte do “Faro de Vigo” (11 de outono de 1961), mencionada na p. 118 dese artigo (e que non está recollida en Paixón poética...): “También se decidió ampliar la Comisión organizadora del homenaje con la designación de los señores don José Pena Eirín, médico de Codeseda; don Santiago Fernández, abad de la Colegiata de La Coruña, y don José Couceiro, maestro nacional, los tres íntimos y condiscípulos del finado”.
No contexto do mencionado acto da inhumación en Codeseda dos restos de Cabada Vázquez traídos desde Linares hai, non obstante, un punto concreto que polo seu interese precisaría dunha oportuna dilucidación ou aclaración, se é que tal cousa é aínda posíbel. Trátase, efectivamente, dun poema anónimo escrito por alguén ata este intre polo menos non identificado, que sen dúbida foi composto para ser lido ou dado a coñecer co gallo dese acto, dado que se é verdade que nel non figura o nome do autor, si que aparece en troques ó final claramente unha data: “13 d’outono 1.962” (a data xustamente do aludido acto). Copia do poema en cuestión foime remitida por Xoán Carlos Garrido Couceiro, que ó tempo me indicaba que fora atopado na casa de Otero Abelleira, director do “El Emigrado”, por unha sobriña do mencionado director xunto con outros papeis do tío. Transcribo seguidamente o texto enteiro do poema, mecanografado nun só folio, procurando pola miña parte fidelidade estrita ó orixinal:
! POR FIN, ESTÁS CON NÒS !
Ô vate de Codeseda, Xosé-Manoel Cabada Vázquez
-::-
!Ai o pô deleirado dos teus òsos enxoitos,
que da Terra chamaban os brados de Pondal,
perdíase nun sáxara, i-era cèrto que moitos,
á carpir, ll’adicaban recordanzas e loitos,
mas ô cabo valeulles a Galecia migral!
-
!Ouh esgrevio poeta, si os teus restos agora,
do adro nun xacigo, repousan na Sagrada,
non foi Galecia Máter, qu’entebrecida chòra,
senón a Destemida que alén do mar labora
á prol do soerguemento da Terra asoballada.
Sí; foi Xosé Fernández Caramés, o patriano
criado no Liripio, antras uzes da sèrra,
que emigróu a Arxentina como pròve aldeano
e trunfante da fame, da iñoranza e do engano,
dou ô prelo de nòvo os “Contiños da Terra”.
Un galego baril, enxebre e coraxudo,
do cèrne, coma ti i-o teu amigo Pego;
que loitou por Galecia, facendo quanto pudo,
e levando unha fouce i-unha estrela d’escudo,
na Arxentina i-aquí, fala sèmpre galego.
Ninguén, irmáu poeta, podía interpretare
millor o teu degaro exposto en “Vagalumes”;
que acanda ti de neno andivo a rebuldare
pol-as bouzas abèrtas e nos pès sin calzare,
coma ti, tiña espiñas, de pisar nos estrumes.
¿Te non lembras?. Semella – que foi onte; e vai boa:
il baixaba â Portèla, ti esperábalo en Barro,
e por antros uzales dos chaus de Vilaboa
andabades ôs niños comendo pan de broa
i-o cansarvos ibades os dous no mesmo carro.
Non érades veciños, pro cecáis nunha désa
baixastes a bañarvos â ponte d’Abragán;
emporiso Fernández garda a lámpada acesa
da doce evocazón de Fontènlo e Devesa
que fas en “Vagalumes” á saibo de mazán.
E doído de ti, pol-a vella amizade
que tiñades os dous d’enxebrismo posesos,
quixo darlle ô teu pô sedento de humidade
a lentura da brétema que despèrta a saudade
cô arrecendo vernáculo de xèstas e codesos.
-
!Ai o pô deleirado dos teus òsos enxoitos,
que da Terra chamaban os brados de Pondal,
perdíase nun sáxara, i-era cèrto que moitos,
a carpir, ll’adicaban “recorderis” e loitos,
mas ô cabo valeulles a Galecia migral!
Na mámoa do Arnado 13 d’outono 1.962
O primeiro que semella estar suficientemente claro ó respecto é que o contido dun poema coma este, coa súa reivindicación da “Galecia migral”, é dicir, da Galicia de alén mar (a dos migrantes, exiliados ou refuxiados galegos), da Galicia que alá loitaba “a prol do soerguemento da Terra asoballada”, botaría por terra automaticamente naqueles tempos (ano 1962) calquera posibilidade de o mencionado poema ser lido no cemiterio de Codeseda xunto cos outros alí lidos co gallo da mencionada segunda inhumación dos restos mortais de Cabada Vázquez. Pola miña parte, non teño constancia algunha nin da lectura alí do poema nin de que fose entón dado a coñecer nalgún outro medio de difusión pública. En canto ós “Contiños da Terra” do que se fala no poema refírese o seu autor naturalmente á coñecida obra con ese título de García Barros (Ken Keirades). Por outro lado, o “teu amigo Pego” é seguramente o mesmo José Pego Castro a quen (cualificándoo como “verdadeiro amigo”) lle dedicara Cabada Vázquez en “Vagalumes” o seu poema “Suspiros de emigrado”. Central, porén, no poema, en canto bo amigo de Cabada Vázquez, cando ámbolos dous eran aínda rapaces, é Xosé Fernández Caramés, nado o 17 de xuño de 1897 (é a data de nacemento que figura na copia dun documento oficial do ano 1955 con fotografía do propio Fernández Caramés, que amabelmente me proporcionou José Antonio Meixueiro Rey) na parroquia estradense de Liripio, próxima ó lugar de nacemento do propio Cabada Vázquez. Este (nado o 6 de Nadal de 1901) era, xa que logo, case catro anos e medio máis novo có seu amigo de Liripio. Fernández Caramés, que con só quince anos de idade emigrara a Arxentina, chegou a ser un home próspero nos negocios e apoiou economicamente de maneira xenerosa e de moi diversas formas a cultura e o progreso na súa Galicia natal (ver a este respecto p. 133-139 do máis arriba citado artigo de Mario Blanco Fuentes e Xoán Andrés Fernández). Respecto do traslado no ano 1962 dos restos de Cabada Vázquez a Codeseda, xa deixei constancia en Paixón poética... do seu compromiso e da súa colaboración económica facéndose cargo persoalmente dos gastos orixinados na realización dese proxecto, pois el –tal como lle dicía en 1961 ó entón alcalde da Estrada, Mario Blanco- considerábase a si mesmo “un bo galego, un patriota galego de tudo corazón” (Paixón poética..., 247). Como unha mostra máis deste seu persoal talante xeneroso e galeguista quero aludir aquí ó que hai pouco puiden ler en Xosé L. Mínguez Goyanes, Quiroga Palacios no seu tempo (Santiago, Sotelo Blanco Edic., 2000), p. 235:
“Quiroga [cardeal e arcebispo de Santiago] mantivo correspondencia con algúns emigrantes, fundamentalmente americanos. Un deles, Xosé Fernández Caramés, envioulle en xuño de 1959 un talón bancario por importe de corenta mil pesetas, con destino á restauración da igrexa parroquial de San Xoán de Liripio [...]. O donativo solicitárao o ecónomo de Santa María de Ribela, Manuel Moreira Matalobos. A carta de Caramés estaba redactada en galego. Unha semana máis tarde contéstalle Quiroga Palacios, tamén en galego, acusando recibo do talón.
Xa pode supoñer –di o cardeal- a alegría que lle produce a un Prelado da Santa Eirexa saber c’os seus diocesanos responden a Fe que recibiron, com’o millor regalo de Deus, en calqueira parte do mundo onde s’atopen. O actual feito de vostede éncheme de ledicia e oubérame enchido dela aínda que non mandara todos os cartos que a obra pide.
As 40.000 pts. agradézcollas moito e sei que Liripio llas ha d’agradecer e sei que Deus llas ha de pagar de sobra, pro o que mais m’alegra é saber o motivo porque fai iste donativo: agradecendo a Deus o don da filiación diviña na humilde eirexa en qu’Il lle fixo ese ben, e en recordo, tamén agradecido e como de bon fillo, dos seus bos pais [...]”.
En relación aínda co traslado do restos de Cabada Vázquez cómpre aludir a un escrito (redactado en castelán) dun seu amigo e compañeiro, Manuel Bergueiro López (1898-1985), que foi remitido recentemente pola súa neta Mercedes Bergueiro López á páxina web “Tabeirós Montes” e que Xoán Carlos Garrido Couceiro me deu amabelmente a coñecer. Desde aquí o noso cordial agradecemento a ela. O escrito co título de “Perfil de un poeta” (seis páxinas, das que as primeiras catro están mecanografadas e as dúas últimas escritas á man) é unha agarimosa e emocionante lembranza de Cabada Vázquez e doutros comúns compañeiros e amigos. O autor do escrito está indicado coas iniciais (M. B. L.) do seu nome e apelidos e coa seguinte dedicatoria ó principio: “A los amigos del poeta del Umia alto que gestionaron el traslado de sus cenizas al cementerio de Codeseda”. Polo que a data de composición do escrito (ó non estar expresamente indicada) sería máis ou menos próxima á do 13 de outubro de 1962. Cara ó final do escrito, non deixará obviamente de indicarse tamén que “estas líneas” están “dedicadas al dulce poeta del Umia, al campechano amigo, al patriota ejemplar”. Bergueiro López, nado na parroquia estradense de Tabeirós, foi –como é ben sabido- un coñecido mestre e escritor. Aduzo seguidamente algúns interesantes e evocadores parágrafos deste seu escrito inédito:
“Hace días tuve ocasión de curiosear la biblioteca de un buen amigo, en la que hallé, encuadernados en varios tomos, muchos números de la que fue renombrada revista VIDA GALLEGA.
Al instante busqué el 324 correspondiente al 30 de Noviembre de 1926, para volver a leer quizá por vigésima vez la delicada poesía que lleva por título LÍRICA, la cual encierra para mí el grato recuerdo de habérmela leído su autor Cabada Vázquez un día de la segunda quincena de Octubre del citado año.
Por carta nos dimos cita en Santiago a cuya ciudad acudimos, él desde Órdenes y yo desde Negreira.
Comimos juntos en el Bar Victoria acompañados de Magariños Negreira charlando largo y tendido de nuestros proyectos literarios en lengua vernácula porque a Magariños ya le había publicado LAR su ‘Kalivera 30 H. P.’, estaba esperando la salida de ‘O Filósofo de Tamarica’ y gestionando con Carré y Casal la publicación de mi PECADENTA SILENZOSA, llevada a efecto en Enero siguiente.
Allí hablamos de Literatura, de novias, de fútbol y de amigos: Taibo, Noriega Valera, Bouza Brey, Filgueira Valverde, Ben Cho Shey, Zenón de Ferjas, Álvaro de las Casas, Jaime Solá, etc., algunos de los cuales están, como Cabada y Magariños, gozando de la presencia del Señor.
Allí conocí LÍRICA, hermosa poesía leída con exquisito gusto por su autor, que al mes siguiente fue publicada en la popular revista de Jaime Solá.
Cada vez que leo cosas de Cabada y Magariños mi corazón se enternece ante la muerte prematura del poeta de la parte del alto Umia y del novelista y filósofo de la parte baja del Tambre, pero mi alma se recrea al analizar los personajes del filósofo de Tamarica y al analizar los noventa y dos versos que integran LÍRICA, máxime aquellos que dicen:
“Nas ramiñas dun salgueiro
debulla unhas notas ledas
un chinchín enamorado,
a carón da compañeira.”
Cada vez que veo VAGALUMES, hermosa colección de poesías gallegas editadas en Santiago de Compostela el año 1931 y leo en la portada el nombre de Cabada Vázquez, no puedo por menos de pensar en aquel espigado joven, afable, sincero y bueno; no puedo por menos de recordar al estudiante alegre y decidor paseando por la Rúa del Villar o el Paseo de la Herradura, formando parte de una tertulia de amigos, algunos de los cuales seguimos todavía diseminados por la piel de toro española desempeñando cargos de más o menos importancia en la vida nacional.
A estos supongo no les sorprenderá ver estas líneas dedicadas a nuestro amigo afable, sincero, leal y bueno, cuyo corazón se paralizó en Linares (Jaén) [...].
Al ver entre la inesperada colección de revistas de Vida Gallega el número 324 mis ojos se abrieron ansiosos de ojearla, de ver LÍRICA y a su pie el nombre y el seudónimo de aquel poeta de sangre retozona, cordial y alegre, que tantas veces había animado con sus amenas charlas nuestra tertulia del café Moderno, el nombre del amigo leal, del cristiano caballero muerto cuando tanto esperaba de él la Literatura Gallega.
Por equis vez volví a leer LÍRICA parándome a meditar la parte en que dice:
“Torna prá casa o pastor
arrecadando as ovellas
....................................
....................................
mentras chaman a oración
as campás de Codeseda.”
[...] Me atrevo a decir que en MÁGOAS, LÍRICA, IRMÁN PIÑEIRO, etc. se vislumbra a todo un poeta continuador de la obra de los mejores poetas de Galicia” [...].
Con posterioridade a este escrito recibín xa directamente de Mercedes Bergueiro copia doutro escrito do seu avó, un dos seus “Nadales”. “Los Nadales –coméntame ela- era la forma muy personal con la que desde 1960 mi abuelo felicitaba la Navidad; siempre en gallego y firmando como Rogueiber, se trataba de diálogos, poesía... en ocasiones prologados por algún buen amigo”. Na titulada “Parola Navideña” deste Nadal (que leva data do Nadal de 1965) faise referencia explícita ó poema “¡Salve, irmán piñeiro!” de Cabada Vázquez. Debido a isto, aparece baixo o título de “Fiestra Estradense. Por Rogueiber” deste Nadal unha reprodución parcial do debuxo dun piñeiro que Díaz Baliño antepuxo ó mencionado poema (o propio Bergueiro indica a páxina de “Vagalumes” onde está o poema). Pois ben, xusto debaixo da imaxe do piñeiro coloca Bergueiro estes seus versos:
Quen che puxo “Irmán Piñeiro”
n-un verso rosalieiro,
foi Cabada;
poeta vanguardisteiro,
que con grande sentimento
morreu moi lonxe da Estrada,
co pensamento,
na Sagrada.
Finalmente, quero aludir brevemente á vertente artístico-musical da obra poética de Cabada Vázquez. Unha alusión que en Paixón... quedou comprensibelmente á marxe.
Quen, pois, por primeira vez musicou algún dos poemas de Cabada Vázquez foi Benedicto (Benedicto García Villar), o ben coñecido cantante de “Voces Ceibes” (hai só un par de anos finado). Fíxoo en relación co seu poema Berros de loita, que o poeta de Codeseda publicara por primeira vez en 1926 (dedicándollo a R. Cabanillas), chamando nel á loita labrega contra os asoballantes violentos.
Posteriormente, no ano 2012, algúns anos antes do pasamento de Benedicto, foi editado en forma de libro o volume Dezaseis cancións para voz e piano. XXV anos da Asociación Galega de Compositores (1987-2012) (Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega), no que entre as cancións relativas a poemas de diversos autores como Rosalía, Celso Emilio Ferreiro, etc., aparece nas páxinas 44-49, primorosamente editada, a canción realizada por Xabier Comesanha Pereira sobre o poema de Cabada Vázquez Siluetas Composteláns. Das doce “siluetas” que abrangue este poema son musicadas as catro primeiras, é dicir: A Catedral, A Normal, A Universidade e San Paio. Este volume das Dezaseis cancións... é agora tamén accesíbel en Internet.
Neste momento estamos tamén á espera de que Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero) grave o xa por el musicado poema de Cabada Vázquez que leva como título “¡Galego!” (publicado por primeira vez en 1931 no volume Vagalumes) e que comeza así: “Máis que ás mulleres todas, / quero á nai miña; / máis que a tódalas terras, / quero a Galicia”...
Alén de todo o anterior, só quero aludir finalmente a que fai falla agora que sobre as instancias pertinentes deste país se pousen no momento axeitado a idea e os azos suficientes pra lle dedicaren o “Día das Letras Galegas” a quen nos poucos anos do seu poético e militante vivir tanto amou Galicia.