O sábado 6 de abril no local veciñal de Chamadoira (Cerdedo)
Ás 13h, da man de Damián Copena (membro do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia da Universidade de Vigo), trataremos a problemática dos parques eólicos na charla titulada "Parques eólicos e xestión comunitaria".
Ás 15h organizamos un xantar de irmandade. O prezo é de 3 euros e quen se queira anotar ten até o 1 de abril para o facer. Avisádenos através das redes sociais ou do noso email [email protected]
Xa pola tarde, ás 17h, retomaremos as xornadas cunha mesa redonda titulada "Outra xestión do monte comunal é posíbel: realidades acontecendo na Galiza". Nela participarán representantes das Comunidades de Montes de Couso, Teis e Padróns.
E para finalizar, ás 19h, proxectaremos o documental "En todas as mans", da Cooperativa Trespés.