Como desde hai unha década e sempre o sábado antes do Dia da Patria Galega, subiremos de outra vez ás 12 h ao sagrado Mons Illicinus, o sábado 24 de xullo de 2021 para ler no seu cumio ese precioso texto. Porén a celebración do décimo aniversario da subida e lectura do Alba de Gloria, pospoñémola para tempos mellores.
Gardaremos todas as normas que se requiren para acabar co COVID19.
Programa
2.00h. Concentración na explanada do aparcadoiro. E desde alí comezaremos a subir o último tramo do monte até chegar a capela.
Na capela, o historiador Heitor Picallo lerá o texto que el escribiu para este acto e cando o remate seguiremos até o curuto.
Izaremos a nosa bandeira na rocha que coroa o Pico Sacro, alí leremos o Alba de Gloria, cantaremos o himno e logo baixaremos até o camiño que conduce as covas.
Xantar-convivio nas táboas das insuas que forma o rio Ulla ao seu paso por Gres (Vila de Cruces).
Para asistir, por razóns de seguridade, compre comunicalo ao correo da Federación Galiza Cultura ([email protected]) ou da A. C. O Galo ([email protected])