Deste xeito, a muller tivo un papel sobranceiro nos traballos e nos días dos tempos idos e isto vaise reflectir nas oito fotografías que expoñemos grazas á colaboración da Asociación de Mulleres “Espadela”. Mais as instantáneas dan testemuño, igualmente, de tránsitos diversos onde a sociedade tradicional vaise aos poucos esfarelando e dando paso a unha modernidade, onde a muller ten acceso a determinadas facetas ou comportamentos que, noutrora, foron de exclusividade masculina.
Descubrir o devandito nestas humildes fotografías familiares gardadas con devoción ao longo dos anos, é tamén descubrir a intrahistoria, a historia pequena, destas terras e das nosas xentes.
Sábado 21 de xuño ás 11:30 no CETMO (Centro Etnográfico de Terra de Montes)