Na Estrada, como no resto do Estado, segue sen saberse a verdade e ocúltase esta a ollos da cidadanía como se fósemos menores de idade. Non se rende o máis mínimo recoñecemento ás vítimas da represión como é o caso da solicitude que o alcalde e a corporación republicana fixo de que se lle dedicara unha rúa. Nin iso se fai mentres se continúa a exaltar aos asasinos dedicándolle a rúa principal do noso concello a un dos seus máis relevantes símbolos (Calvo Sotelo). Por iso celebramos que na nosa vila se dea cabida a iniciativas culturais coma esta que merece todo o noso respaldo.
Facemos, pois, un chamamento para asistir a esta proxección nos cinemas o vindeiro fin de semana (venres 23 ás 17:00 h. e 19:00 h., sábado: ás 19:30, 21:00 h. e 23:00 h., domingo: 17:00 h. e 21:00 h. E durante a próxima semana o luns e xoves ás 18;30).
https://www.facebook.com/pages/category/Movie-Theater/Minicines-Central-396861087069516/