O 25 de xullo, día da patria galega, é unha conmemoración que nos presenta a todos a oportunidade de expresar a nosa lealdade á nosa Terra e a reivindicación dos seus dereitos democráticos fundamentais. Vivimos un momento no que o noso país sufre unha agresións brutal na súa base económica que se concreta na nosa comarca na destrución do sector lácteo, no ámbito cultural vimos padecendo unha persecución da nosa lingua, a exclusión da nosa produción propia do apoio institucional e o abandono do noso patrimonio por parte dos poderes públicos, e prrincipalmente un proceso de centralización e baleirado de competencias da Xunta que deixa a Galiza coas mans atadas en sen ningunha capacidade de decisión sobre o que lle é propio.
Nestas circunstancias, desde a Asociación Cultural “Vagalumes”, aplaudimos a decisión dun grupo de cidadáns que lanzou a iniciativa dun Día da Patria aberto e unitario a quen defenda a nosa nación e os dereitos que lle son propios como tal. Por iso apoiamos esta convocatoria baixo o nome “A nación galega” e convocamos a todos e todas a participar na manifestación.