Hai unha fonte na miña terra que a xente chama fonte das meigas, e o que, con sede chegando a ela, das súas ágoas beber se estreva, disque, endiante, dores e penas sinte decote soio e tristezas. Hai unha fonte na miña terra que a xente chama fonte das meigas. Eu, que fun sempre rebelde ás crenzas que ten o pobo tocante a meigas, trasgos e bruxas e cousas desas; moi arrufado, con moita aquela, sin facer creto de tal creenza, alá me fun —¡ben se me lembra!-- de cara á fonte, que din das meigas. Do mes de maio unha tarde era. Ó ver suas ágoas, craras e frescas agurgullando por antre as penas, sentín degaros e sede delas. | Tal de sabrosas e frescas eran da fonte as ágoas que din das meigas. ¡Nunca alí fora! ¡Nunca eu bebera! Dende aquel día, decote penas sinto e pesares, dores, tristezas; vexo visións, soño quimeiras e ando sempre pensa que pensa e cavilando cousas segredas, que nunca logro realidá velas. ¡Ai! Dende estonces, ¿quen o dixera?, creo na fonte que din das meigas. Hai unha fonte na miña terra, que a xente chama fonte das meigas, e o que con sede chegando a ela, das súas ágoas beber se estreva, terá a cotío moi fondas penas, que eu ¡ai! bebinas, e agora... ¡téñoas!... |