
![]() Celebrouse onte na Casa do Pobo de Guisande, San Miguel de Presqueiras, a mesa redonda sobre as minas. Asistiron máis de 50 persoas, de Presqueiras, Doade, Xirarga e Rubillón. O SLG falou sobre os impactos da megaminaría nas actividades agrogandeiras e forestais. Doldán, sobre as características depredadoras da megaminaría e do carácter especulativo das empresas multinacionais que a impulsan. A CCMMVMC de San Miguel, dos proxectos que teñen para a parroquia, das xuntanzas que tiveron coa empresa Solid Mines e dalgúns detalles do anteproxecto que esta lles acaba de presentar. A CCMMVC de Correa (Xirarga), da preocupación que existe na veciñanza cos previsibeis impactos da mina en proxecto e da desconfianza respecto do pouco que revertirá na economía da zona. Rematou cun animado coloquio de máis de unha hora, onde multitude de veciños e veciñas deron conta das súas moitas inquedanzas verbo da mina, centradas na masiva utilización da auga nos labores de procesamento do mineral, da incerteza das compensacións e da necesidade de que exista unha comisión de seguimento integrada polo conxunto de afectados e afectadas (non só CCMMVMC), que estea vixiante e trate coa empresa todas as posibles actuacións con capacidade de veto sobre as mesmas. Por último, reclamouse que se continúe con este tipo de reunións informativas que contribúan a que a xente se forme unha opinión; deste xeito, os veciños de Rubillón (Avión) presentes reclamaron que se fixera unha no seu lugar. Verbo Xido comprometeuse, dentro da súas posibilidades, a seguir organizando máis xuntanzas informativas pola zona.
0 Comments
Leave a Reply. |
Colaboracións
Todos
Un proxecto de:Estamos en:Histórico
Febrero 2023
![]() Tabeiros Montes (Portal cultural de Tabeirós-Terra de Montes) de Asociación Cultural "Vagalumes" e Asociación Cultural e Ecoloxista "Verbo Xido" ten unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial 4.0 Internacional. Con base nunha obra dispoñíbel en http://www.tabeirosmontes.com/. Os permisos alén do foco desta licenza pódense atopar en http://www.tabeirosmontes.com/colabora.html. |