12h: Benvida aos asistentes e intervención do escritor LOIS DIÉGUEZ
12: 45h: Rubida ao último treito do cumio do Pico Sacro. Xa no petouto, as AC. Vagalumes e AC. O Galo, leran Alba de Gloria, sendo a asociación invitada a lela xunto con elas a AC. Roxin Roxal de Paderne, tamén integrante da Federación Galiza Cultura. Alba de Gloria está considerado como un dos textos mais fermosos da literatura galega e o noso grande político e artista escribeuno cando xa estaba exiliado en Bos Aires.
13:30h: Visita á chamada cova da Raiña Lupa.
PROGRAMA DA TARDE DO SABADO 22. 07. 2023
15:00h: Xantar na carballeira das insuas de Gres. Cada quen levara a súa comida, bebida e os aparellos necesarios para comer.
17h: Saindo do Campo do Rio (pertísimo das insuas) faremos a pé a ata Donas o Roteiro dos Pescadores (+ ou - 5Km) que decorre á beira do rio Ulla. É chan, de terra, con sombra e moi doado de camiñar.
19:30h: Veremos o nacemento das augas sulfúricas da aldea de Donas (“as augas“santas”) e a chamada Casa das Donas.