Proxecto promovido pola A. C. Vagalumes e dirixido por Xan Leira
Promove: Asociación Cultural Vagalumes
Guión e dirección: Xan Leira
Investigación: Natalia Lemos Geddo / Diana Reiter / Xan Leira
Dirección de Fotografía e Cámara: Nel Pinheiro
Música: Enrique Estrada
Produción: Montse Nogueira
Realización na Arxentina: Airas Albán Pérez
Tema musical: "La Portela" interpretado pola Rondalla de Redondela
Participan
Natalia Lemos Geddo, Xavier Lemos Godoy, Miguel Ángel Lemos Godoy, Carlos Bernández, Héitor Picallo, Juana Lemos Geddo, Rubén Lemos Geddo, Alex Lemos, María Teresa Bascuas, Raimundo (Mundo) Cal, Fran Sobral, Xan Leira
Reseña
Ángel Casto Lemos de los Reyes nace o 1 de marzo de 1917 en Vigo, no fogar de Antonio Lemos e Juana de los Reyes, e ata a súa morte, no ano 2002 na vila da Estrada, a súa vida estivo nutrida dunha traxectoria azarosa, rica e sorprendente. Como sorprendente é o descoñecemento que temos na actualidade sobre a súa biografía, obra plástica e artística en xeral: pintor, actor, autor teatral, ceramista, poeta, mestre, escultor, decorador...
A súa vida estivo marcada radicalmente pola Guerra Civil: foi mobilizado e pasouse ao bando republicano; sufriu os campos de concentración e cadeas; logo o exilio na Arxentina (1950) e as penurias propias dese contexto histórico incerto e interminable. O retorno á terra (1977), coma noutros casos, foi o retorno á terra que xa non recoñecía nin o recoñecía. Sen lugar a dúbidas, a biografía de Ángel Lemos é a historia dun home singular.