Queremos achegar Manuel María ás rúas da Estrada, aos comercios e ás cafeterías, porque a rúa, o contacto coa xente, é o lugar que lle corresponde a un poeta que entendeu a poesía como instrumento de transformación social.
Por iso, realizaremos un paseo poético con Manuel María, que comezará o sábado 7 ás 11:00 h. da mañá. O poeta visitará os seguintes establecementos: libraría Marxe, cafetaría Alameda, zapatería A Esquina, moda Treixa, zapataría Xove by Moksin, galerías San Antón, cafetaría Andalucía, tecidos Nobelo a Nobelo, taberna A Navegación, Innova Ópticos. Efectuarase en cada un destes lugares un breve recitado de textos do autor, que se gravará para, finalmente, editar un vídeo conmemorativo do acto.