David Otero
Da man do avogado estradense Xosé Senén Rodríguez Castro, letrado en Catalunya, chegáronme tres libros orixinais, tres Vagalumes, de X.M. Cabada Vázquez, publicados a comezos de 1931 pola imprensa Lib. Enc. do Seminario C. Central de Santiago de Compostela, sendo o noso poeta por aquel tempo diácono da igrexa, mestre, licenciado en Filosofía e Letras ( Sección de Historia) e moi significativamente decidido militante na ideoloxía galeguista.O primerio destes exemplares de Vagalumes , Versos Galegos, está totalmente limpo de calquera anotación. O segundo e desde o Pazo de Raxoi no 1931, está adicado como se di de puño e letra a Älvaro de las Casas fundador daqueles grupos de mocidade nomeados os “ Ultreias”. “ Para Álvaro de las Casas alma acesa e afervoada, i-esprito acugulado de tódalas arelas e saudades da liberación da Terra”, así pode lerse.O terceiro vai con adicatoria de agosto do ano 1933 por cando Cabada nese verán ten que desprazarse a Barcelona para realizar na universidade desa cidade os “ cursos prácticos” para obter titulación de profesor de instituto. De aí que contacta coa cultura e política catalana e así co catedrático de Filoloxía Clásica da universidade de Barcelona, Mariá Bassols de Climent, eminente latinista. “ Para o Dr. Bassols, gran catador dos engados das Literaturas Crásicas.Cativa ofrenda de iste feixe de poesías escritas na emigradora fala de Galicia, feita devotamente frol” reza a adicatoria escrita por Cabada.
Velaí unha mostra extensiva de nós, da Estrada literaria e culta, popular, e polo mesmo temos que seguir nela, apañando argumentos para as responsabilidades de normalización de quen somos.Todo suma e todo fai nome propio.A Estrada.E así Cabada escribiu:” Galicia!...! Nai Galicia…!! Terra a nosa!...! Caiamos por Galicia na batalla!”.